27/10/2026
Lembramos por aquí que o venres 6 de novembro temos o seguinte taller de cociña e aprendizaxe na nosa Fundación, de 17 a 19h da tardiña.
Aprenderemos a facer parrillada de verduras con peixe azul, cogomelos recheos, unha rica ensalada de outono e mazás asadas con crema pasteleira.
E por suposto tamén probaremos o resultado.
Contamos, coma nas anteriores ocasións, con Ana para as receitas e Susana de para aprender sobre os suplementos nutricionais. Agora que chega o frío e estamos rodeados de opcións para afrontar o inverno, pero coma en todo, hai mitos e hai realidades. Diso falaremos.
Para apuntarse: no 981363556 ou na propia Fundación. O custe do curso é de 25€ (pero se xa tedes vido a outros, soamente 20€)