ASOCIACION NTRA.SRA. DE CHAMORRO

Cómo llegar Página web

ASOCIACION NTRA.SRA. DE CHAMORRO Entidad privada sin ánimo de lucro. Atención a personas con discapacidad intelectual o del desarrollo

🎶 Música a flor de pel na Asociación ChamorroO pasado luns 5 de outubro, as persoas usuarias do Centro de Día e o alumna...
15/10/2026

🎶 Música a flor de pel na Asociación Chamorro

O pasado luns 5 de outubro, as persoas usuarias do Centro de Día e o alumnado do CEEPR Nosa Señora de Chamorro tivemos a oportunidade de desfrutar dun concerto moi especial dentro da sexta edición de «Música a flor de pel», un programa de Afundación pensado especialmente para os Centros de Educación Especial de Galicia.

Xuntos gozamos da música en directo da man de Xoán Curiel e Diana González, nunha experiencia para compartir emocións, descubrir novas formas de expresión e desfrutar da música.

Porque a música tamén é unha ferramenta para comunicarnos, expresar emocións, estimular a creatividade e crear momentos compartidos. 💙

Grazas a Afundación por achegar a música en directo aos nosos centros e por facer posibles experiencias tan especiais.

---

🎶 Música a flor de piel en la Asociación Chamorro

El pasado lunes 5 de octubre, las personas usuarias del Centro de Día y el alumnado del CEEPR Nuestra Señora de Chamorro tuvimos la oportunidad de disfrutar de un concierto muy especial dentro de la sexta edición de «Música a flor de piel», un programa de Afundación pensado especialmente para los Centros de Educación Especial de Galicia.

Juntos disfrutamos de la música en directo de la mano de Xoán Curiel y Diana González, en una experiencia para compartir emociones, descubrir nuevas formas de expresión y disfrutar de la música.

Porque la música también es una herramienta para comunicarnos, expresar emociones, estimular la creatividad y crear momentos compartidos. 💙

Gracias a Afundación por acercar la música en directo a nuestros centros y por hacer posibles experiencias tan especiales.

📢 Chamorro presente na II Xornada "Atendendo á diversidade na aula. Creando redes para a inclusión educativa"A Asociació...
05/10/2026

📢 Chamorro presente na II Xornada "Atendendo á diversidade na aula. Creando redes para a inclusión educativa"

A Asociación Nosa Señora de Chamorro participou o pasado 3 de outubro na II Xornada "Atendendo á diversidade na aula. Creando redes para a inclusión educativa", organizada pola Consellería de Educación no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.

En representación da entidade asistiron Rocío Coira, directora do CEEPR Nosa Señora de Chamorro e xerente da Asociación, e Carolina Dorrego, traballadora social da entidade. Rocío participou como poñente no seminario dedicado á diversidade cognitiva, compartindo a experiencia e o traballo desenvolvido por Chamorro na atención educativa e no acompañamento a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias. Ademais, a entidade contou cun stand informativo para dar a coñecer os seus servizos, programas e proxectos.
Foi unha xornada de encontro, aprendizaxe e creación de redes entre profesionais, centros educativos e entidades sociais comprometidas cunha educación máis inclusiva e respectuosa coa diversidade.

Seguimos traballando para achegar a realidade da discapacidade intelectual ás aulas e favorecer espazos de colaboración que contribúan a construír unha sociedade máis inclusiva.

🏃‍♀️🏃‍♂️ 21 Leguas de Narón: un traballo compartidoEste sábado, un grupo da Asociación Chamorro participou na entrega de...
28/09/2026

🏃‍♀️🏃‍♂️ 21 Leguas de Narón: un traballo compartido

Este sábado, un grupo da Asociación Chamorro participou na entrega de medallas da quinta edición das 21 Leguas de Narón.

Unhas medallas moi especiais, elaboradas un ano máis no taller de Carpintería, coa colaboración de persoas usuarias de diferentes talleres. Unha tarefa transversal na que cada persoa participa en distintas fases do proceso, segundo as súas posibilidades.

Durante a proba, as medallas foron chegando ás mans das persoas participantes que cruzaban a meta da man dos usuarios de Chamorro. 💙

Parabéns a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por chegar ata a meta.

Grazas ao Concello de Narón e a organización das 21 Leguas de Narón por seguir contando con nós e por facer posible que o traballo das persoas usuarias forme parte desta proba deportiva.

Un traballo compartido no que cada persoa achega e todo suma.
---
🏃‍♀️🏃‍♂️ 21 Leguas de Narón: un trabajo compartido

Este sábado, un grupo de la Asociación Chamorro participó en la entrega de medallas de la quinta edición de las 21 Leguas de Narón.

Unas medallas muy especiales, elaboradas un año más en el taller de Carpintería, con la colaboración de personas usuarias de diferentes talleres. Una tarea transversal en la que cada persona participa en distintas fases del proceso, según sus posibilidades.

Durante la prueba, las medallas fueron llegando a manos de las personas participantes que cruzaban la meta de la mano de los usuarios de Chamorro. 💙

Enhorabuena a todas las personas participantes por su esfuerzo y por llegar hasta la meta.

Gracias al Ayuntamiento de Narón y a la organización de las 21 Leguas de Narón por seguir contando con nosotros y por hacer posible que el trabajo de las personas usuarias forme parte de esta prueba deportiva.

Un trabajo compartido en el que cada persona aporta y todo suma.

💜 Xuntas para coidarnosO pasado 22 de setembro, un grupo de mulleres usuarias da Asociación Chamorro participou na Cidad...
24/09/2026

💜 Xuntas para coidarnos

O pasado 22 de setembro, un grupo de mulleres usuarias da Asociación Chamorro participou na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela no Encontro Autonómico de Mulleres de FADEMGA Plena inclusión Galicia, baixo o lema «Xuntas para coidarnos».

Durante a xornada falaron sobre saúde menstrual, menopausa, alimentación e coidados, e tamén desfrutaron de momentos para compartir, participar nun taller de bordado e xogar en grupo.

Un día para aprender, resolver dúbidas e compartir experiencias, favorecendo que as mulleres con discapacidade intelectual conten con información e ferramentas para coñecerse, tomar decisións e coidarse. 💜

Desde Chamorro seguimos creando oportunidades de participación e aprendizaxe que contribúen á autonomía e ao benestar das persoas usuarias.

Grazas a FADEMGA Plena inclusión Galicia por crear estes espazos de encontro e participación.
---
💜 Juntas para cuidarnos

El pasado 22 de septiembre, un grupo de mujeres usuarias de la Asociación Chamorro participó en la Ciudad de la Cultura de Santiago de Compostela en el Encuentro Autonómico de Mujeres de FADEMGA Plena inclusión Galicia, bajo el lema «Juntas para cuidarnos».

Durante la jornada hablaron sobre salud menstrual, menopausia, alimentación y cuidados, y también disfrutaron de momentos para compartir, participar en un taller de bordado y jugar en grupo.

Un día para aprender, resolver dudas y compartir experiencias, favoreciendo que las mujeres con discapacidad intelectual cuenten con información y herramientas para conocerse, tomar decisiones y cuidarse. 💜

Desde Chamorro seguimos creando oportunidades de participación y aprendizaje que contribuyen a la autonomía y al bienestar de las personas usuarias.

Gracias a FADEMGA Plena inclusión Galicia por crear estos espacios de encuentro y participación.

💚 Encontro Autonómico de Familias 2026O sábado participamos en Santiago de Compostela no Encontro Autonómico de Familias...
21/09/2026

💚 Encontro Autonómico de Familias 2026

O sábado participamos en Santiago de Compostela no Encontro Autonómico de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia, baixo o lema «Navegando cara ao futuro: decisións, emocións e participación».
Foi unha xornada para compartir experiencias, coñecer outras realidades e reflexionar sobre cuestións tan importantes como a toma de decisións, a comunicación e a participación das familias na vida das organizacións.
Porque falar de futuro tamén significa contar coa voz das familias, escoitar as súas necesidades e crear espazos nos que poidan participar e decidir.
Unha oportunidade para aprender, compartir e seguir avanzando xuntos. 💚
Grazas a FADEMGA Plena inclusión Galicia por crear este espazo de encontro e participación.
----
💚 Encuentro Autonómico de Familias 2026
El sábado participamos en Santiago de Compostela en el Encuentro Autonómico de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia, bajo el lema «Navegando hacia el futuro: decisiones, emociones y participación».
Fue una jornada para compartir experiencias, conocer otras realidades y reflexionar sobre cuestiones tan importantes como la toma de decisiones, la comunicación y la participación de las familias en la vida de las organizaciones.
Porque hablar de futuro también significa contar con la voz de las familias, escuchar sus necesidades y crear espacios en los que puedan participar y decidir.
Una oportunidad para aprender, compartir y seguir avanzando juntos. 💚
Gracias a FADEMGA Plena inclusión Galicia por crear este espacio de encuentro y participación.

🌱 Un nuevo comienzo en Chamorro🏫 Comeza un novo curso no CEEPR  ChamorroHoxe abrimos de novo as portas do CEEPR Chamorro...
09/09/2026

🌱 Un nuevo comienzo en Chamorro

🏫 Comeza un novo curso no CEEPR Chamorro
Hoxe abrimos de novo as portas do CEEPR Chamorro para comezar unha nova etapa.
Este ano chega con cambios, novas incorporacións, novas caras e tamén novas etapas para algunhas das persoas que nos acompañaron ata agora.
Hai alumnos que continúan o seu camiño no centro e outros que comezan unha nova etapa no Centro Ocupacional. Tamén damos a benvida a novos alumnos que pasan a formar parte da nosa comunidade.
Cada setembro trae novidades, pero mantemos o máis importante: as ganas de acompañar, aprender, compartir e seguir medrando xuntos. 💙
----
🏫 Comienza un nuevo curso en el CEEPR Chamorro

Hoy volvemos a abrir las puertas del CEEPR Chamorro para comenzar una nueva etapa.
Este año llega con cambios, nuevas incorporaciones, nuevas caras y también nuevas etapas para algunas de las personas que nos han acompañado hasta ahora.
Hay alumnos que continúan su camino en el centro y otros que comienzan una nueva etapa en el Centro Ocupacional. También damos la bienvenida a nuevos alumnos que pasan a formar parte de nuestra comunidad.
Cada septiembre trae novedades, pero mantenemos lo más importante: las ganas de acompañar, aprender, compartir y seguir creciendo juntos. 💙

🌱 Setembro trae novos proxectosSetembro chega con novas ideas, novos retos e, sobre todo, novos proxectos que comezamos ...
03/09/2026

🌱 Setembro trae novos proxectos

Setembro chega con novas ideas, novos retos e, sobre todo, novos proxectos que comezamos a construír xuntos.

Retomamos a actividade con ilusión e coa mirada posta en todo o que está por vir: novos talleres, novas propostas e novas oportunidades para seguir aprendendo, creando e compartindo.

Porque cada setembro é tamén un novo comezo. 💙
----
🌱 Septiembre nos trae nuevos proyectos

Septiembre llega con nuevas ideas, nuevos retos y, sobre todo, nuevos proyectos que empezamos a construir juntos.

Retomamos la actividad con ilusión y con la mirada puesta en todo lo que está por venir: nuevos talleres, nuevas propuestas y nuevas oportunidades para seguir aprendiendo, creando y compartiendo.

Porque cada septiembre es también un nuevo comienzo. 💙

09/08/2026

☀️🌑 O 12 de agosto temos unha cita co Sol
Xa queda moi pouco para poder desfrutar desde Galicia dun fenómeno moi especial: un eclipse total de Sol.
Desde a nosa asociación quixemos preparar este pequeno vídeo con algúns consellos para observalo de forma segura. As nosas persoas usuarias explícanos, dun xeito sinxelo e accesible, que debemos ter en conta para coidar os nosos ollos e desfrutar do eclipse. 💙
👓 Lembra utilizar lentes específicas e homologadas para a observación solar e seguir sempre as recomendacións de seguridade.
Dálle ao play e prepárate para o eclipse. 🌞🌑
-
☀️🌑 El 12 de agosto tenemos una cita con el Sol
Ya queda muy poco para poder disfrutar desde Galicia de un fenómeno muy especial: un eclipse total de Sol.
Desde nuestra asociación hemos preparado este pequeño vídeo con algunos consejos para observarlo de forma segura. Nuestras personas usuarias nos explican, de una manera sencilla y accesible, qué debemos tener en cuenta para cuidar nuestros ojos y disfrutar del eclipse. 💙
👓 Recuerda utilizar gafas específicas y homologadas para la observación solar y seguir siempre las recomendaciones de seguridad.
Dale al play y prepárate para el eclipse. 🌞🌑

☀️ Pechamos por vacacións de veránOnte despedimos esta etapa antes do descanso de agosto coa nosa tradicional comida de ...
31/07/2026

☀️ Pechamos por vacacións de verán
Onte despedimos esta etapa antes do descanso de agosto coa nosa tradicional comida de verán, que este ano celebramos no , en San Mateo (Narón), amenizada por un DJ que puxo a banda sonora a unha xornada chea de alegría, convivencia e bos momentos.
Durante o mes de agosto a asociación permanecerá pechada por vacacións.
Desexámosvos un moi bo verán. Descansade, desfrutade e vémonos de novo en setembro con enerxía renovada. 💙
—
☀️ Cerramos por vacaciones de verano
Ayer despedimos esta etapa antes del descanso de agosto con nuestra tradicional comida de verano, que este año celebramos en el Restaurante El Olivo, en San Mateo (Narón), amenizada por un DJ que puso la banda sonora a una jornada llena de alegría, convivencia y buenos momentos.
Durante el mes de agosto la asociación permanecerá cerrada por vacaciones.
Os deseamos un feliz verano. Descansad, disfrutad y nos vemos de nuevo en septiembre con energía renovada. 💙

🌞 Unha mañá para compartirOnte, os nenos e nenas do Chamorro Camp compartiron unha agradable saída coas persoas usuarias...
30/07/2026

🌞 Unha mañá para compartir
Onte, os nenos e nenas do Chamorro Camp compartiron unha agradable saída coas persoas usuarias do taller de Habilidades Básicas.
Despois dunha mañá de convivencia, desprazáronse ata Valdoviño, onde aproveitaron para tomar algo xuntos, conversar e desfrutar dun tempo de lecer compartido.
Estas actividades son unha excelente oportunidade para crear vínculos, favorecer a inclusión e compartir momentos que enriquecen a todas as persoas participantes.
Seguimos sumando experiencias que nos unen.
-
🌞 Una mañana para compartir
Ayer, los niños y niñas del Chamorro Camp compartieron una agradable salida con las personas usuarias del taller de Habilidades Básicas.
Tras una mañana de convivencia, se desplazaron hasta Valdoviño, donde aprovecharon para tomar algo juntos, conversar y disfrutar de un tiempo de ocio compartido.
Este tipo de actividades nos permiten crear vínculos, fomentar la inclusión y seguir compartiendo experiencias que enriquecen a todas las personas participantes.
Seguimos sumando momentos que nos unen.

Dirección

Narón
15541

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando ASOCIACION NTRA.SRA. DE CHAMORRO publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir