CGT Concello de Narón Sección Sindical

Cómo llegar Página web

CGT Concello de Narón Sección Sindical Sección Sindical de CGT no Concello de Narón. Sindicalismo asembleario, de clase e anarcosindicali

A sección sindical da CGT en Narón presenta a súa candidatura para as eleccións sindicais do 13 de Xuño. Fixemos unha en...
03/06/2023

A sección sindical da CGT en Narón presenta a súa candidatura para as eleccións sindicais do 13 de Xuño.

Fixemos unha enquisa para coñecer as necesidades e inquedanzas d@s traballador@s do concello; xa están dispoñibles os resultados na nosa web.

Non nos rendemos,non nos vendemos

Queremos agradecer encarecidamente a todos os compañeiros e compañeiras que aportaron ideas e fixeron a enquisa, non esperábamos tanta participación.

Se presumes de ser a 8° cidade de Galicia debes facer todo o posible para que a seguridade da túa poboación esté á altur...
07/11/2022

Se presumes de ser a 8° cidade de Galicia debes facer todo o posible para que a seguridade da túa poboación esté á altura de tal urbe. Concello de Narón, esiximos que aumentes os mínimos no teu servizo de bombeiros. É bo para tod@s.

Narón é un Concello que medrou moito,ata chegar á actualidade, na que se convertiu nunha puxante ent

A CGT respostamos ó concelleiro de seguridade cidadá Román Romero Franco  , que voltou a meter a zoca nas súas declaraci...
23/10/2022

A CGT respostamos ó concelleiro de seguridade cidadá Román Romero Franco , que voltou a meter a zoca nas súas declaracións acerca das necesidades dos Bombeiros De Narón.

🔥POR UNHAS DOTACIÓNS MÍNIMAS DE SEGURIDADE, EN CUMPRIMENTO DA LEI DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS.

Tras o pleno extraordinario celebrado o día 10 de outubro no concello de Narón, a sección sindical d

Porque nos importa a seguridade d@s nos@s traballador@s e tamén a seguridade da veciñanza. TEGA Narón, atendede aos requ...
15/10/2022

Porque nos importa a seguridade d@s nos@s traballador@s e tamén a seguridade da veciñanza. TEGA Narón, atendede aos requerimentos da Lei de Prevención de Riscos Laborais dunha vez por todas, e ampliade a dotación diaria dos Bombeiros De Narón. Fan falla 5 bombeir@s por garda, non 3. É un deber, é unha responsabilidade.

Vai ter que haber mortos para que se rectifique esta política de vulnerabilidade e desprotección da cidadanía e dos trab...
12/09/2022

Vai ter que haber mortos para que se rectifique esta política de vulnerabilidade e desprotección da cidadanía e dos traballadores do Concello de Narón ?

Ante o último incendio industrial no polígono das Lagoas, no que se pon en evidencia a precariedade do servizo de Bombeiros De Narón, e a desprotección das empresas e cidadás deste concello, como servidores públicos vémonos na obriga ética de denunciar de novo unha situación que vimos recollendo reiteradamente nesta canle e que fixemos constar a nivel municipal en reiteradas ocasións anteriores.

1°. Mínimos.
A dita intervención na que arderon por completo 3 naves industriais e outras 3 sufriron cuantiosos danos, e na que resultaron feridas dúas persoas de gravidade; acudiron só no primeiro intre os 3 bombeiros de garda, dotación sistemática dos bombeiros de Narón. Non fican bombeiros no parque para reforzar a dotación, teñen que ser chamados no seu tempo libre co retraso que implica de mobilización e coa incerteza de que estean dispoñibles.

Eses 3 bombeiros enfrontáronse ao incendio nunhas condicions extremas poñendose en grave risco. Algo que sen dubida se poderia ter atenuado cunha dotación, cando menos de 5, tal e como se recolle e demanda nos procedementos xa citados nesta canle en anteriores publicacións.

2º.Prevencion.
É “vox populi” que o polígono industrial das Lagoas non está dotado cos hidrantes suficientes para abastecer de auga aos camións de bombeiros nun incendio. Só hai que pasearse polo polígono para sabelo e era sabido por parte do concello. Isto provocou que os 3 bombeiros que chegaron a dita intervención non tivesen auga abondo para realizar a extinción. Compre dicir que xa tivemos unha intervención este mesmo ano no mesmo polígono, con similares características, e tendo coñecemento dos problemas que existiron pola falta de hidrantes, non se tomaron medidas para dotar como corresponde ao polígono das Lagoas. Os hidrantes son “bocas de incendio” normalizadas, e as “bocas de riego” (que por certo non funcionaron) son para iso; para regar; non teñen o caudal nin a presión suficiente para abastecer aos bombeiros nun incendio.

Conclusión:
Os reiterados incendios industriais que acontecen no concello de Narón, dan conta da dimensión dos seus polígonos, entre os máis grandes do pais, mais tamén dan conta do risco e da necesidade de ampliar e fortalecer o servizo de bombeiros. Dende que este se creou, hai 7 anos, non se ampliaron os servizos mínimos de bombeiros, fixado en 3, número que fai inviable asumir as intervencións de emerxencias con seguridade; estamos poñendo en risco á poboación, os bens, e a nosa integridade física como traballadores.

Non se invertíu en prevención como se debería (falta de hidrantes en diversos puntos, falta de sinalización vertical dos mesmos, incerteza no uso de columna seca, etc). Isto quedou máis que evidenciado no recente incendio das naves que arderon no polígono industrial das Lagoas. Un polígono que apenas ten hidrantes e no que os bombeiros teñen que facer usos de “bocas de riego” ou mobilizar vehículos para ir cargar a outros abastecementos distantes, complica e dificulta de forma considerable o traballo dos efectivos que están a intervir.

Solicitamos:
Este sindicato insta ao goberno municipal á modificación do regulamento no apartado que se refire aos servizos mínimos de bombeiros e á actualización e mellora da rede de abastecemento contraincendios. As últimas intervencións evidencian que os mínimos de 3 bombeiros non é dotación suficiente para traballar con seguridade pois non cumpre criterios técnicos baseados na Lei de Prevención de Riscos Laborais, por non contar con equipo de rescate nin poder traballar en binomios (mínimo de dous equipos de dous bombeiros mais un mando). Esta reivindicación leva enriba da mesa moito tempo e cómpre tela en conta xa.

Dirección

Narón
15570

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CGT Concello de Narón Sección Sindical publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría