Agrupacion de Montaña e Escalada Bestarruza

Agrupacion de Montaña e Escalada Bestarruza Agrupación de montaña e escalada.

A Agrupación de Montaña e Escalada Bestarruza é unha agrupación deportiva inscrita no rexistro de sociedades deportivas do Concello de Mugardos e da Xunta de Galicia e forma parte da Federación Galega de Montañismo dende o 30 de abril de 1998. Foi fundada por un grupo de mugardeses e mugardesas coa finalidade de agrupar a todos os practicantes do montañismo, en todas as suas disciplinas, de Mug

ardos e concellos limitrofes e, dentro das nosas posibilidades, fomentar o montañismo e o respeto pola natureza en xeral e a montaña en particular.

Esta fin de semana na localidade Barcelonesa de San Cugat a nosa deportista Irene Gómez García ( ), enfróntase as probas...
13/03/2026

Esta fin de semana na localidade Barcelonesa de San Cugat a nosa deportista Irene Gómez García ( ), enfróntase as probas selectivas para formar parte do equipo nacional de Español de escalada de velocidade na categoría Sub-17.

Dende o noso clube queremos desexarlle moita sorte e mandarlle moito ánimo para que acade o resultado agardado 💪🏽.

  DESEXAVOS UN BO NADAL A TODAS/OS.Gozade, coidade e valorade moito o monte e as montañas.
24/12/2025

DESEXAVOS UN BO NADAL A TODAS/OS.

Gozade, coidade e valorade moito o monte e as montañas.

Esta pasado Sábado a deportista Mugardesa do noso clube   Irene Gómez García ( ), foi recibida no Concello de Mugardos e...
15/12/2025

Esta pasado Sábado a deportista Mugardesa do noso clube Irene Gómez García ( ), foi recibida no Concello de Mugardos en recoñecemento ao seu Subcampionato da Copa de España de escalada de velocidade 2025 en categoría Sub-15.

Irene estivo acompañada pola súa familia, parte do equipo de adestradores do clube (Miguel Seoane e Patricia Prida), por Javier Cartelle e Felipe Barro como presidente e vicepresidente do clube, Susana Méndez como vogal de natureza, e por dúas das súas compañeiras de equipo, Lara e Carolina Prida Seoane (.ps ) ( ). Non pudieron acudir a cita a outra Mugardesa integrante do equipo de Adriana Túñez Seco ( ) e o outro dos membros do equipo de adestradores Rubén Seco, xa que se desprazaron a unha competición a Avilés.

Unha vez máis alegrámonos polo recoñecemento ao esforzo, resultado e traballo tanto de Irene,a súa familia e os seus adestradores. Pero por outra banda queremos reiterar que o faga realidade os compromisos e as débedas pendentes que ten ca nosa entidade. Pois como calquera persoa se pode imaxinar, estos éxitos son obra dun esforzo tanto económico como de grandes desprazamentos para poder adestrar e competir, que son costeados única e exclusivamente polas familias e o noso clube. Por este motivo queremos que o concello faga un esforzo por valorar e sobretodo por aportar máis medios para o desenvolvemento da nosa destacada actividade deportiva.

Entrevista a nosa deportista   en  👉🏽 https://www.nosdiario.gal/articulo/deportes/irene-gomez-escaladora/202511272228042...
28/11/2025

Entrevista a nosa deportista en 👉🏽 https://www.nosdiario.gal/articulo/deportes/irene-gomez-escaladora/20251127222804240768.html

Que mérito tan grande este rendemento de Irene, cando os apoios ao seu deporte por parte do son nulos. A deportista é as súas compañeiras de (varias veces campioas Galegas nos últimos anos en escalada de dificultade e bloque), vénse obrigadas a desplazarse fora do seu concello para poder adestrar. Cando pola contra existe a posibilidade real de ampliar o rocódromo instalado no Pavillón do Cristo en Mugardos para que todas elas poidan mellorar e adestar preto da súa casa.

Seguimos agardando por esa mellora na instalación, para que ese soño olímpico que ten Irene en mente polo menos se poida tentar de conseguir 💪🏽

E seguimos con doces novas para as nosas deportistas e o noso clube. Pois tanto  (Irene Gómez García) como .ps (Lara Pri...
03/11/2025

E seguimos con doces novas para as nosas deportistas e o noso clube. Pois tanto (Irene Gómez García) como .ps (Lara Prida Seoane) foron convocadas para o selectivo da selección española de escalada na disciplina de velocidade polos seus resultados deportivos de este 2025.

Moitos parabéns rapazas 🙌🏽! , pois para un clube tan humilde como é o noso, é un hito moi importante.
Agora para vós veñen novas experiencias, novos retos e sobretodo oportunidades para seguir motivadas e mellorando.

⚠️GRANDES NOVAS DAS NOSAS DEPORTISTAS⚠️
07/07/2025

⚠️GRANDES NOVAS DAS NOSAS DEPORTISTAS⚠️

Dirección

Mugardos
15620

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupacion de Montaña e Escalada Bestarruza publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Agrupacion de Montaña e Escalada Bestarruza:

Compartir