Adiante Centro de día

Cómo llegar Página web

Adiante Centro de día Adiante Mos é un centro de atención integral ás persoas maiores con amor, empatía e profesionalidade.💪🌟💛☺️

04/10/2026

Chega o outono e no noso centro de día non paramos de movernos e crear. 🍂✨
​Esta semana tivemos de todo un pouco:
🧠 Sesións de estimulación cognitiva para exercitar a mente e a memoria.
🎨 Obradoiros de manualidades preparando os adornos da nova estación.
🍁 Decoración de outono con follas, castañas e tons cálidos que enchen de vida cada recuncho.
💪 Rutinas de exercicio físico e psicomotricidade para manternos activos e con enerxía.
​O outono trae días máis frescos, pero aquí vímolos coa mesma ilusión e calor de sempre! 💛
​Cal é a vosa actividade favorita desta época? Lémosvos nos comentarios. 👇
​

Cando as palabras fallan, a conexión séntese. 🤍​Comunicarse cun familiar ou paciente con alzhéimer non sempre é sinxelo;...
27/09/2026

Cando as palabras fallan, a conexión séntese. 🤍
​Comunicarse cun familiar ou paciente con alzhéimer non sempre é sinxelo; moitas veces xera frustración, dúbidas e tristura. Porén, cambiar o enfoque desde «facelo lembrar» cara a «facelo sentir seguro» transforma por completo o vínculo. O coidador importa.

💛Hai profesións que esixen coñecementos técnicos, e outras que esixen corazón. A xerocultura esixe as dúas cousas, a par...
19/09/2026

💛Hai profesións que esixen coñecementos técnicos, e outras que esixen corazón. A xerocultura esixe as dúas cousas, a partes iguais.
​Nos centros de día, o papel do auxiliar e xerocultor vai moito máis alá do apoio físico ou da pauta diaria:

-​É profesionalidade: Saber aplicar protocolos de mobilización, prevención e estimulación con rigor clínico.
-​É proximidade: Un sorriso ao recibilos pola mañá, unha broma compartida e a paciencia infinita de quen sabe escoitar a mesma anécdota por décima vez.
-​É dignidade: Mirar á persoa usuaria como o adulto pleno que é, respectando as súas decisións, os seus silencios e os seus tempos.
​Coidar de xeito afable non lle resta seriedade ao traballo; ao contrario, demostra a mestría de quen sabe transformar a técnica en benestar e calidez humana.
​A todos os auxiliares e xerocultores que poñedes o ombreiro, a mirada e a alma cada xornada: grazas por dignificar a vellez. 🤍💛

21/08/2026

Mira, sigue y descubre más contenido popular.

🧠 As 5 "A" do Alzheimer: Máis ca esquecementos.​Moitas veces pensamos que o Alzheimer só afecta á memoria, pero é moito ...
04/08/2026

🧠 As 5 "A" do Alzheimer: Máis ca esquecementos.
​Moitas veces pensamos que o Alzheimer só afecta á memoria, pero é moito máis complexo. Esta enfermidade neurodexenerativa afecta a diferentes áreas do cerebro, provocando síntomas que alteran o día a día das persoas que a padecen e das súas familias.
​Neste carrusel explicámosche de forma sinxela cinco dos síntomas cognitivos máis comúns, coñecidos como as 5 "A":
​1️⃣ AFASIA: Dificultade para comunicarse.
2️⃣ APRAXIA: Dificultade para realizar movementos con propósito.
3️⃣ ANOMIA: Dificultade para lembrar o nome das cousas.
4️⃣ AMNESIA: Perda de memoria (especialmente a curto prazo).
5️⃣ AGNOSIA: Dificultade para recoñecer obxectos, persoas ou sons.
​💬 Coñecer estes síntomas é fundamental para entender mellor a enfermidade, empatizar cos enfermos e ofrecerlles o apoio que necesitan.
​👉 Garda esta publicación para tela a man e compártea para axudar a concienciar sobre o Alzheimer.
​

29/07/2026
20/07/2026

O verán xa chegou ao centro de día Adiante e impregnado da esencia das nosas queridas Rías Baixas! 🌊💙
​As nosas persoas usuarias puxeron mans á obra para crear esta marabillosa decoración temática inspirada na nosa ría. Máis alá do resultado estético, cada recorte, cada pincelada e cada detalle forman parte dunha coidada terapia de estimulación cognitiva.
​A través deste tipo de actividades, traballamos as capacidades cognitivas, fomentamos a socialización, reforzamos a autoestima e mantemos a mente activa de forma lúdica e creativa. Porque crear xuntos é a mellor maneira de coidarnos! ⚓✨
​Deixámosvos un anaquiño do proceso e do resultado final. Contádennos nos comentarios que vos parece! 👇
​ TerapiasNonFarmacolóxicas Galicia VeránCreativo

17/07/2026

Comenzar a fin de semana coas cousiñas que nos trae a terapeuta Ocupacional, sempre é boa idea! Traballando a psicomotricidade, o rastrexo visual e memoria.💪🧠

A importancia do autocoidado🫂✨Coidar dun ser querido é un acto de amor inmenso, pero tamén un reto que pode esgotar as n...
09/07/2026

A importancia do autocoidado🫂✨

Coidar dun ser querido é un acto de amor inmenso, pero tamén un reto que pode esgotar as nosas forzas se non aprendemos a poñer límites e a escoitar as nosas propias necesidades. O síndrome do “coidador queimado” é unha realidade, e recoñecelo é o primeiro paso para estar ben e poder seguir axudando.

En Adiante non só coidamos dos teus maiores, tamén estamos aquí para darte o respiro e o apoio que ti necesitas como coidador/a. Porque para coidar con calidade, primeiro tes que coidarte ti🤝💛

📍Sénteste desbordado/a pola situación? Contacta connosco e descubre cómo os nosos servizos poden axudarte a recuperar o teu equilibrio📩

Dirección

Mos
36419

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 20:00
Martes 09:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 20:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Adiante Centro de día publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir