29/05/2026
A quen vai dedicada a conta atrás desta semana? ❤️
Pois esta semana queremos dedicarlla ao tempo… ese tempo que as veces parece que nunca dá chegado, e ese tempo que noutros momentos pasa demasiado rápido.
Pasamos todo o ano traballando, soñando e contando os días para vivir eses pequenos momentos de festa no monte con todos vós. Un tempo moi valioso, intenso e inesquecible… pero que sempre pasa demasiado rápido.
E ao mesmo tempo, cando chega a Baixa, o tempo semella deterse. Porque alí arriba, todos xuntos, sentimos como se non pasaran os anos. Como se cada lembranza, cada voz, cada carreira e cada emoción seguise viva igual ca sempre.
A tradición continúa máis viva e máis latente ca nunca, pasando de xeración en xeración e unindo persoas, familias e sentimentos arredor dunha mesma paixón 🐎🔥
Ese é o verdadeiro espírito da Baixa das Bestas de Amil.