CIG Monforte

CIG Monforte CIG Unión Local Monforte

03/06/2026
📢 REGULARIZACIÓN EXTRAORDINARIA DE PERSOAS MIGRANTESA CIG está inscrita como entidade colaboradora (RECEX), o que nos pe...
29/05/2026

📢 REGULARIZACIÓN EXTRAORDINARIA DE PERSOAS MIGRANTES

A CIG está inscrita como entidade colaboradora (RECEX), o que nos permite presentar solicitudes, actuar como representantes e emitir certificados de vulnerabilidade.

⏳ O prazo remata o 30 de xuño de 2026, polo que é fundamental actuar con rapidez.

👉 Se coñeces a alguén que poida beneficiarse deste proceso, o primeiro paso é comprobar se cumpre os requisitos no simulador oficial:
https://www.inclusion.gob.es/simulador-de-requisitos-regularizacion-extraordinaria-2026

✔️ Se o resultado é positivo, deberá reunir e dixitalizar a documentación necesaria para iniciar o trámite.

✊ Desde a CIG seguimos traballando para garantir dereitos, combater a precariedade e dar cobertura ás persoas migrantes. Ningunha persoa sen dereitos.

🚨A CIG Saúde alerta da falta de atención nos centros de saúde do sur da provincia e as limitacións no servizo de pediatr...
29/05/2026

🚨A CIG Saúde alerta da falta de atención nos centros de saúde do sur da provincia e as limitacións no servizo de pediatría itinerante!!!

Mentres a Xunta presume de “boa xestión”, en Escairón hai días nos que unha soa médica ten que atender máis de 2.500 pacientes 😡 E a pediatría itinerante? Máis de 1.000 nenos e nenas repartidos entre O Saviñao, Bóveda, A Pobra do Brollón e Quiroga cun servizo totalmente insuficiente.

Baixas sen cubrir, consultas saturadas, desprazamentos interminables e “parches” a base de horas extra. Esa é a realidade que viven veciños e profesionais cada día.

📍Folgoso do Courel: unha única médica para dúas unidades.
📍A Pobra do Brollón: falta un médico de familia.
📍Quiroga: días cun só facultativo para máis de 3.200 persoas.

E agora chega o verán… con máis poboación e menos substitucións. O abandono do rural é unha decisión política.

A saúde non pode depender da sorte nin da resistencia dos profesionais.

O rural tamén existe e merece atención digna.


Segundo a CIG Saúde o cadro de persoal deste centro de saúde é de tres médicos/as de familia e unha pediatra, 3 profesionais de enfermería e 2 de persoal de administración, pero a realidade asistencial é outra cunha praza sen cubrir e outra das prazas de baixa. “Moitos días só hai dous m....

A Confederación Intersindical Galega - CIG estivo hoxe en   xunto a ELA Sindikatua na mobilización diante da Xunta de Ac...
29/05/2026

A Confederación Intersindical Galega - CIG estivo hoxe en xunto a ELA Sindikatua na mobilización diante da Xunta de Accionistas de para denunciar o roubo continuado de poder adquisitivo á plantilla mentres a dirección se reparte millóns en bonus e incentivos.

📢 Mentres os traballadores e traballadoras levan anos con subas salariais ridículas e perdendo máis dun 20% fronte ao IPC, Iberdrola presume de beneficios históricos e aproba outros 400 millóns para a súa cúpula directiva!!!✊

Se hai cartos para os de arriba, ten que habelos para quen sostén a empresa cada día co seu traballo.

✊ A loita continúa. Sen presión e sen mobilización non hai conquistas. A CIG seguirá defendendo salarios dignos, cláusulas de revisión salarial e o fin do empobrecemento da clase traballadora.



Dende a CIG U.L. Monforte queremos trasladar o noso máis fondo pesar polo pesamento do compañeiro Antolín Alcántara Álva...
28/05/2026

Dende a CIG U.L. Monforte queremos trasladar o noso máis fondo pesar polo pesamento do compañeiro Antolín Alcántara Álvarez.

Antolín foi un referente do sindicalismo nacionalista galego, un compañeiro de firmes conviccións, comprometido até o fin coa defensa da clase traballadora, coa xustiza social e coa loita por unha Galiza ceibe e sen explotación.

A súa traxectoria de loita, dignidade e coherencia deixa unha fonda pegada no conxunto da CIG e en varias xeracións de traballadores e traballadoras que compartiron con el mobilizacións, reivindicacións e compromiso colectivo.

Dende Monforte trasladamos toda a nosa solidariedade e agarimo á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras.

Que a terra che sexa leve, compañeiro.

https://cig.gal/nova/a-cig-traslada-o-seu-fondo-pesar-polo-pasamento-do-companeiro-antolin-alcantara-alvarez.html?fbclid=IwdGRleASE_zZleHRuA2FlbQIxMQBzcnRjBmFwcF9pZAo2NjI4NTY4Mzc5AAEe4YpNPSnhUprErZeg4V6hyBC4DB95j1bChsikHlZwPUdAnMQHkdkklsYcYNo_aem_sF7ccN5RGHUPs225x6MzzQ

Mañá venres día 29, ás 12:30h, no Tanatorio de Pereiró en Vigo está previsto un acto de despedida

27/05/2026

Dirección

Rúa Roberto Baamonde, Número 29, 1º
Monforte De Lemos
27400

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30
Martes 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30
Miércoles 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30
Jueves 09:30 - 13:30
Viernes 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30

Página web

https://cig.gal/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIG Monforte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría