Cig Monforte

Cig Monforte A CIG é un sindicato de clase que defende a identidade nacional da Galiza e a autoorganización, que practica a solidariedade e o internacionalismo.

🚑💙 **Campaña galega de apoio á sanidade cubana**A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” puxo en march...
17/04/2026

🚑💙 **Campaña galega de apoio á sanidade cubana**

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” puxo en marcha unha iniciativa solidaria para enviar contedores con material sanitario a Cuba, nun momento especialmente difícil para o seu sistema de saúde.

📦 Xa se conseguiu enviar un primeiro contedor con 67 m³ de axuda médica, pero **precisamos seguir sumando esforzos**.

👉 Que podes achegar?

* Material sanitario desbotábel: xiringas, luvas, vendaxes, sondas...
* Medicamentos (non líquidos) con caducidade posterior a setembro de 2026
* Produtos de hixiene: cueiros, compresas...
* Lentes e monturas
* Equipamento médico en bo estado

🤝 Como colaborar?

* Levando material aos puntos de recollida (En Monforte no local da CIG MONFORTE)
* Axudando na organización, transporte ou clasificación
* Facendo unha doazón económica:
💳 IBAN: ES67 2080 5000 6730 4019 4383
📱 Bizum: 13290

🌍 A solidariedade do pobo galego pode marcar a diferenza. **Non quedes á marxe. Súmate e axuda a salvar vidas.**

16/04/2026

📣 Probas 1, 2, 3 e 4.

📋 Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas 📲

❗ Remate do prazo de presentación de emendas: 29 de abril

🗓️ As probas realizaranse en maio e xuño de 2026 en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid.

Probas Celga 1, 2, 3 e 4. Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

16/04/2026
📢 𝗟𝗨𝗚𝗢 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜́𝗭𝗔𝗦𝗘!! ✊🏼Hoxe demostramos nas rúas de Lugo que a clase traballadora non vai quedar calada ante os ataques ...
16/04/2026

📢 𝗟𝗨𝗚𝗢 𝗠𝗢𝗕𝗜𝗟𝗜́𝗭𝗔𝗦𝗘!! ✊🏼

Hoxe demostramos nas rúas de Lugo que a clase traballadora non vai quedar calada ante os ataques aos seus dereitos 💪

A concentración foi unha resposta clara ás políticas que pretenden poñer o foco nas baixas laborais para xustificar recortes, cando o verdadeiro problema está nas condicións de traballo e na falta de recursos na sanidade pública.

🛑 Non imos permitir que se criminalice ás traballadoras e traballadores!
🛠️ Esiximos condicións laborais dignas e seguras!
🏥 Defendemos unha sanidade pública forte e con medios!

Seguimos loitando por respecto, por dereitos e por un futuro digno para todas e todos.

15/04/2026

⚠️A CIG denuncia sobrecarga laboral na residencia de maiores de Viana do Bolo
👉A encargada de persoal da Fundación Valdeogodos négase a negociar co comité de empresa os cambios en permisos e cuadrantes

ℹ️ https://i.gal/B8omI

10/04/2026

📢 O absentismo non é un problema, é un síntoma

A CIG vén de poñer en marcha unha campaña para desmontar as mentiras da Xunta e da patronal, que pretenden culpabilizar á clase traballadora por enfermar. Non imos aceptar que se criminalicen as baixas laborais nin que se trate ás persoas traballadoras como sospeitosas por exercer un dereito básico: coidar da súa saúde.

❗ A realidade é clara:
➡️ Temos unha forza de traballo cada vez máis envellecida e castigada
➡️ As xornadas laborais son máis longas e intensas
➡️ A sanidade pública está debilitada, con listas de agarda que atrasan diagnósticos e recuperacións

📉 Non hai fraude masivo: hai precariedade, sobrecarga e un sistema que empurra a enfermar.

Mentres tanto, pretenden usar este relato para:
⚠️ Recortar dereitos
⚠️ Empeorar as condicións laborais
⚠️ Privatizar a sanidade a través das mutuas

✊ A CIG chama a mobilizarse para defender a saúde laboral e os dereitos da clase traballadora.

📅 O 16 de abril, mobilizacións diante dos edificios da Xunta.

💬 Non imos calar fronte á manipulación.
💪 A nosa saúde non é un negocio.

08/04/2026

‼️🇨🇺 Manifestación unitaria en Compostela: domingo, 19 de abril ás 12:00h, na Alameda

➡️Baixo o lema "Deixade vivir a Cuba, Galiza contra o asedio imperialista", sairemos á rúa para expresar a solidariedade do pobo galego con Cuba fronte ao asedio criminal do imperialismo 🇺🇸 e celebrar o 65º aniversario da Vitoria de Praia Girón. Cuba 🇨🇺 non está soa‼️

👉 Acude e difunde ‼️

📢 A CIG Monforte participou na concentración deste 7 de Abril en defensa da paz e contra a guerra imperialista.A clase t...
07/04/2026

📢 A CIG Monforte participou na concentración deste 7 de Abril en defensa da paz e contra a guerra imperialista.

A clase traballadora respondeu á chamada da plataforma Galiza pola Paz, na Praza de Espanha para denunciar un sistema que sementa destrución nos pobos, impón miseria e precariedade ás maiorías sociais e desvía recursos públicos cara ao militarismo en lugar de garantir dereitos e benestar.

Reafirmamos que as guerras non son inevitables: responden a intereses económicos e xeopolíticos alleos ás necesidades da clase traballadora. Fronte a isto, defendemos a soberanía dos pobos, a xustiza social e unha paz real e duradeira.

✊ Seguiremos mobilizándonos, organizándonos e loitando contra a barbarie imperialista.

07/04/2026

⏳ Este mércores 8 de abril remata o prazo de solicitudes da convocatoria das probas 1, 2, 3 e 4 🗓

📍 Realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid.

ℹ no Portal da Lingua Galega

👉

Probas Celga 1, 2, 3 e 4

📢 Este 7 de Abril, a clase traballadora de Monforte ten unha cita coa paz!Movilízate coa plataforma Galiza pola Paz, cha...
06/04/2026

📢 Este 7 de Abril, a clase traballadora de Monforte ten unha cita coa paz!

Movilízate coa plataforma Galiza pola Paz, chamamos a participar na concentración contra a guerra imperialista, un sistema que sementa destrución nos pobos, impón miseria e precariedade ás maiorías sociais, e desvía recursos públicos cara ao militarismo en lugar de garantir dereitos e benestar.

As guerras non son inevitables: responden a intereses económicos e xeopolíticos alleos ás necesidades da clase traballadora. Fronte a isto, reivindicamos a soberanía dos pobos, a xustiza social e a paz.

🕣 Hora: 20:30 horas.
📍 Lugar: Praza de Espanha (Monforte)

Mobilízate. Organízate. Loita pola paz.

Dirección

Rúa Roberto Baamonde Nº29, 1ºAndar
Monforte De Lemos
27400

Horario de Apertura

Lunes 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30
Martes 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30
Miércoles 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30
Jueves 09:30 - 13:30
Viernes 09:30 - 13:30
16:00 - 19:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cig Monforte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría