Rebinxe

Rebinxe Asociación REBINXE: pola Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural.

Buscamos un agro máis diverso, sostible e saudable, coa mocidade e a veciñanza como protagonistas.

Dende REBINXE queremos desexarvos a todos e todas unhas Boas Festas e unha boa entrada no 2026. Que o novo ano nos inspi...
24/12/2025

Dende REBINXE queremos desexarvos a todos e todas unhas Boas Festas e unha boa entrada no 2026. Que o novo ano nos inspire a seguir defendendo o noso territorio e protexendo a biodiversidade. Porque coidar a natureza é tamén coidar o futuro. 🌿🦊🌳🦉✨

A ra verde ibérica (Pelophylax perezi) é o anfibio máis común da Península Ibérica e pode encontrarse nunha ampla varied...
27/08/2025

A ra verde ibérica (Pelophylax perezi) é o anfibio máis común da Península Ibérica e pode encontrarse nunha ampla variedade de ecosistemas de augas doces, dende ríos e regatos ata lagoas e charcas.

Presenta unha coloración verde con manchas escuras, ás veces cunha franxa clara lonxitudinal, que lle proporciona camuflaxe fronte a depredadores. Durante a primavera e o verán resulta moi doada de detectar polo seu canto potente e repetitivo, audible a gran distancia e esencial nos comportamentos de reprodución.

É unha especie oportunista e xeralista na dieta: aliméntase sobre todo de insectos e invertebrados acuáticos, pero tamén pode capturar pequenos peixes, outros anfibios ou crías de aves acuáticas. Isto convértea nun elemento clave no equilibrio dos ecosistemas húmidos, ao regular poboacións doutros organismos.

A xunca de algodón (Eriophorum angustifolium) é unha ciperácea típica das turbeiras húmidas e solos ácidos do Xistral. F...
19/08/2025

A xunca de algodón (Eriophorum angustifolium) é unha ciperácea típica das turbeiras húmidas e solos ácidos do Xistral. Forma comunidades moi vistosas grazas aos seus capítulos brancos e algodonosos, que aparecen en abundancia entre a primavera e o verán.

Un dos seus trazos máis curiosos é que esas fibras brancas non son pétalos, senón brácteas peludas que facilitan a dispersión das sementes polo vento. Ademais, a especie funciona como bioindicador, xa que só prospera en zonas con alta humidade e acidez no solo.

Nestes días aínda se pode observar algunha planta con restos dos seus característicos capítulos brancos, como podemos apreciar nas imaxes, aínda que o período de máxima presenza da especie nas turbeiras do Xistral xa está a piques de rematar.

Dirección

Mondoñedo

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Rebinxe publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir