MOAÑA Antiqua

Cómo llegar

MOAÑA Antiqua Moaña Antiqua, a festa medieval de artesanía, postos de comida, a pitonisa, as loitas medievais, etc

FEIRA ECOARTESÁ O 4 DE OUTUBRO
30/09/2026

FEIRA ECOARTESÁ O 4 DE OUTUBRO

🌿 O vindeiro domingo 4 de outubro teremos a FEIRA ECOARTESÁ DE OUTONO na carpa do Paseo marítimo. Contaremos con multitu...
27/09/2026

🌿 O vindeiro domingo 4 de outubro teremos a FEIRA ECOARTESÁ DE OUTONO na carpa do Paseo marítimo.
Contaremos con multitude de postos de artesanía e produtos ecolóxicos e unha programación moi entretida. Ademáis a rapazada gozará da presencia dos cabalos de .cabaleirosdemoana para poder facerse fotos. Grazas á Asociación pola organización. Consultade o cartel. # 👇

25/09/2026

O alumnado da especialidade forestal do Obradoiro de Emprego Moaña Labora 2026 levou a cabo traballos de limpeza, acondicionamento da senda e construción dunha pasarela de madeira, mellorando a accesibilidade e a seguridade do percorrido. Unha actuación que contribúe á conservación do patrimonio natural e etnográfico e ao desfrute sostible deste espazo pola veciñanza. 💚🌳

💥 : Tomade boa nota porque Treixadura e Comando Curuxás porán a música á noite do 3 de outubro en Concello de Moaña! 🥳Xu...
25/09/2026

💥 : Tomade boa nota porque Treixadura e Comando Curuxás porán a música á noite do 3 de outubro en Concello de Moaña! 🥳

Xunta de Galicia Turismo de Galicia Deputación Pontevedra Política Lingüística

🎨🖼 Mañá ás 12,30 inauguración da Exposición O MAR DE ANTONIO ABALDE na Carpintaría da Seara organizada polo Concello de ...
18/09/2026

🎨🖼 Mañá ás 12,30 inauguración da Exposición O MAR DE ANTONIO ABALDE na Carpintaría da Seara organizada polo Concello de Moaña.

✨️ O Concello de Moaña, a partir do pleno do 29 de maio de 2025 no que levou unha moción para o recoñecemento das Cantar...
13/09/2026

✨️ O Concello de Moaña, a partir do pleno do 29 de maio de 2025 no que levou unha moción para o recoñecemento das Cantareiras polo día das Letras galegas, adicóullo á nosa Cantareira de referencia, Señora Modesta Pena Paredes, cunha recolleita especial das súas cantigas feita por Xavier Blanco e Martina Ferradás, da 𝙁𝙪𝙣𝙙𝙖𝙘𝙞𝙤́𝙣 𝙇𝙚𝙜𝙖𝙧.
Proporemos ao pleno o nomeamento de Filla predilecta de Moaña e poñerlle o seu nome ao Centro Sociocultural de San Martiño, que era a súa parroquia, documentando todo o seu traballo e sabedoría a prol da tradición e a nosa música de raíz.

Imaxe de DÍAS DE MAR 2026 coa texto do escritor Manuel Esteban recollido do seu libro 'A lei do mar' (XERAIS, 2025) e a ...
31/07/2026

Imaxe de DÍAS DE MAR 2026 coa texto do escritor Manuel Esteban recollido do seu libro 'A lei do mar' (XERAIS, 2025) e a fotografía de Diego Seixo, un amarre no embarcadoiro vello da illa de Samertolameu.

'NA FESTA DA MOA' foi o broche de ouro ao 42 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo.Organizado pola Escola  da Música Tr...
27/07/2026

'NA FESTA DA MOA' foi o broche de ouro ao 42 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo.
Organizado pola Escola da Música Tradicional de Moaña coa colaboración especial da Banda Airiños Do Morrazo e presentado pola pandereteira, compiladora e intérprete Leni Pérez.
Tamén contou coa participación de agrupacións e asociacións de Moaña como RISCADEIRAS ADOMAINA, OS MUIÑEIROS, ARDORA, NA ABADA E GAITEIRAS E GAITEIROS DE MOAÑA e artistas convidadxs como Manolo Cobas, Lino Barcia, Patricia Morales e Héctor Rodríguez.

📸 Diego Seixo

O seu nome é UNTO VELLO, pero as voces de Bieito Pereira e Xabi Gómez son novísimas e ben fermosas. Unhas xoias da que g...
26/07/2026

O seu nome é UNTO VELLO, pero as voces de Bieito Pereira e Xabi Gómez son novísimas e ben fermosas. Unhas xoias da que gozamos na xornada matinal de A MOA.

📸 Diego Seixo

E Mondra viu de ronda ao 42 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo para acelerar e encher os corazóns do público... e va...
26/07/2026

E Mondra viu de ronda ao 42 FIM · Festival Intercéltico do Morrazo para acelerar e encher os corazóns do público... e vaia se o logrou, espectacular.

📸 Diego Seixo

Dirección

San Martiño
Moaña
36950

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando MOAÑA Antiqua publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir