Clube náutico punta bufadoiro

Clube náutico punta bufadoiro BENVIDOS A MERA, TERRA DE PROMESAS INCUMPRIDAS

14/11/2025

ABECEDARIO
Por Xoani Balsa
A LETRA "A"...
AMIZADE ,ACRACIA,AUTOXESTIÓN ,AUTOESTIMA,AUTODEFENSA ,AMOR,AXUDA,AVANZAR,APERTA,AGARIMO,ARTELHAR,ASOCIACIÓN ...
ABASCAL,AGUIRRE,ÁLVAREZ DE TOLEDO ,ALVISE,AYUSO...
CANTO PODE APORTAR UMA LETRA...
E CANTO PODE RESTAR

09/05/2025

MUNDO FELIZ por Xoani Balsa
Venha logo...
Continuemos a esvaecermos en redes e aparelhos...
que pescan sen iscar e sen engado...
Falemos das balas para Ramón ...
De Zelenski e o filho da granputin...
Do León ...
do p**o Donald...
do xenocidio en Palestina,
do apagamento ...
de Gelo...
e o seu ecoloxismo...
de cemento .
Da crise ferroviaria ...
do prezo do aluguer ,
da verdura...
do peixe e da vivenda .
do prezo dos ovos,
do exterminio dos lobos.
de O.P.A'S hostís
e fondos de investimento
De plástico nos mares
e de centrais nucleares .
De Ayuso e do seu show ...
e da c**a que a botou.
Do seu mozo,de Almeida
d@s filh@s da Pantoja.
do im***il de Abascal
e o mamón de Alvise
e o que é pior ...
dos parvos que lhe votan
de anormalización da lingua e outras batalhinhas...
que sen que nos fodan de fora,hai xa tempo .....que demos por perdidas
Non falemos de vergonha ,
tampouco de dignidade ...
de seren honestos e dizer sempre a verdade.
Dos problemas da xente .....melhor non falaren...
iso non é cousa seria
da que se preocuparen.
A miseria ,a inxustiza ,a desigualdade e a fame...
as guerras,o medo...
a falta de democracia ...
non son cousas que importen ...
non enchen portadas.
E así estamos ...
así nos vai...
o mundo segue virando...
e nos sen espertar .
Así seguimos ...
sen reaxir...
xa o acadaron...
MUNDO FELIZ.

Dirección

Mera
15177

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Clube náutico punta bufadoiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir