A Carreira de Leo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización
25/10/2026

🎂 Hoxe 25 de outubro, Leo cumpriría 5 anos! Non se nos ocorre mellor maneira de recordalo que compartindo con vós algo que nos fai especial ilusión.

📈 Na IV Carreira e Andaina Solidaria de Leo conseguimos recadar 48.800,88 €, repartíndose esta cantidade ao 50 % entre a (Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva) e a . Fondos que servirán para continuar cos proxectos de investigación destas 2 doenzas a través do de Santiago de Compostela e da .

🍍Máis alá da cifra, hai algo que nos emociona profundamente e que para nós é o máis importante: ver como cada ano máis persoas sinten a Carreira como propia e a fan súa.

🫂Este evento naceu para honrar, sumar, axudar, crear unha comunidade e tamén para que as familias coas que colaboramos se sintan arroupadas, incluídas e que perciban que camiñamos ao seu carón.

❤️‍🩹As inolvidables Xornadas de Leo foron a antesala, pero o día da carreira todo iso se fixo realidade. Sentimos unha enerxía e un cariño difícil de explicar, que nos recorda por que paga a pena todo este esforzo.

🙏 Grazas, de corazón aos padriños, participantes, persoas que conforman a organización, operarios, empresas patrocinadoras, artistas, asociacións, institucións, colectivos e medios de comunicación que puxestes o voso gran de area para volver a vivir un día memorable.

📹Permitídenos facer unha mención especial para Fernando, Marina e Paula, que despois de percorrer 1.200 km, son os responsables (xunto con Peba) de condensar neste precioso vídeo todo o vivido en Meis o 4 de outubro.

💫 A Carreira de Leo é moito máis ca unha carreira, por iso Leo sempre será eterno.

🦁Imos a pola V edición.

Toño Diz e Ana Vidal, pais de Leo.

🧡🫂 +2400 GRAZAS POR FACER VOSA A CARREIRA DE LEO20 días despois, toca parar un momento e dar as grazas.O vivido en Meis ...
23/10/2026

🧡🫂 +2400 GRAZAS POR FACER VOSA A CARREIRA DE LEO

20 días despois, toca parar un momento e dar as grazas.

O vivido en Meis o 4 de outubro foi incríble. Compartir o día coas familias que nos acompañaron, reencontrarnos con outras que xa estiveran con nós e seguir creando recordos arredor de Leo é a mellor homenaxe que lle podemos facer.

A Carreira de Leo é moito máis ca unha carreira. É o resultado do esforzo, da solidariedade e do compromiso de centos de persoas que facedes posible que todo isto siga medrando.

Voluntarios, operarios do Concello, patrocinadores, colaboradores, artistas, participantes e todas as persoas e empresas que, dun xeito ou doutro, vos sumades a esta causa e nos axudades a facer posible un evento destas dimensións.

Non podemos nomearvos a todos, e tampouco queremos que ninguén quede atrás. Por iso, este agradecemento é para cada persoa que forma parte desta familia.

Porque se hai algo que nos fai sentir especialmente orgullosos é comprobar que a Carreira de Leo tamén é vosa, que a sentides como propia. Ese era e segue sendo o obxectivo.

Moi pronto anunciaremos a recadación desta edición. Mentres tanto, só podemos dicirvos unha cousa: 🧡 +de 2400 GRAZAS🧡 por seguir facendo que Leo xere vida.

✨🦁☀️





asociacion

















GAL] 📸 XA ESTÁN AQUÍ AS MÁIS AGARDADAS!🦁 As magníficas fotos das carreiras infantís da Carreira de Leo de Fotocarlosgraf...
19/10/2026

GAL] 📸 XA ESTÁN AQUÍ AS MÁIS AGARDADAS!

🦁 As magníficas fotos das carreiras infantís da Carreira de Leo de Fotocarlosgrafias | fotógrafía deportiva y eventos!!

🧡Sorrisos por todas partes e unha visita de auténtico luxo… a do XABARÍN CLUB! 🎶🐗

😍Botádelle un ollo ás fotos dende o link das stories, buscádevos e compartide!

✨🦁☀️

Asociación Ctnnb1
Fundación Columbus
ASOC GALLEGA HETEROPLASIA


A Baralla Mosteiro
Concello de Meis
Deputación Pontevedra
Presidencia, Xustiza e Deportes
Deporte Galego
Grupo Jim Sports

Desirée Vila Bargiela
Pedro Nimo del Oro





📸 Álbum Completo de A Carreira de Leo🧡 Canela en rama David Pájaro!
10/10/2026

📸 Álbum Completo de A Carreira de Leo
🧡 Canela en rama David Pájaro!

Colección de fotos de David Pájaro

📸 As fotos da Carreira 5K e da Festa! 🧡🙌🏻 Estupendas coma sempre Fotocarlosgrafia2!
10/10/2026

📸 As fotos da Carreira 5K e da Festa!
🧡🙌🏻 Estupendas coma sempre Fotocarlosgrafia2!

 

📸Todas as fotos da ANDAINA aquí! 🧡🙌🏻Coma sempre xeniais Fotocarlosgrafia2!!!
10/10/2026

📸Todas as fotos da ANDAINA aquí!

🧡🙌🏻Coma sempre xeniais Fotocarlosgrafia2!!!

 

[GAL] GAÑADORES DO SORTEO DE DORSAIS 🎟️Mirade a cantidade de premios que temos para repartir! 🎁🔥Unha barbaridade que só ...
07/10/2026

[GAL] GAÑADORES DO SORTEO DE DORSAIS 🎟️

Mirade a cantidade de premios que temos para repartir! 🎁🔥

Unha barbaridade que só é posible grazas á solidariedade de moitas empresas e establecementos que colaboran coa Carreira de Leo.

Porque esta carreira é solidaria en todos os sentidos. E aquí tedes unha boa mostra.

Masajes Mosteiro
PABLO OTERO- ADESTRADOR
Carlos Alonso Fisioterapia Carlos Alonso | Ecografía MSK


Atleet by Deportes Piñeiro

Carniceria Egidio

Infindo W**e

👉 Se está o teu, escríbenos por privado ou no mail [email protected]

Grazas a todos os que facedes posible que isto siga medrando. 🦁☀️

-----------------

[CAST] GANADORES DEL SORTEO DE DORSALES 🎟️

¡Mirad la cantidad de premios que tenemos para repartir! 🎁🔥

Una barbaridad que solo es posible gracias a la solidaridad de muchas empresas y establecimientos que colaboran con la Carrera de Leo.

Porque esta carrera es solidaria en todos los sentidos. Y aquí tenéis una buena muestra. ❤️

👉 Si está el tuyo, escríbenos por privado para recogerlo.

Gracias a todos los que hacéis posible que esto siga creciendo. 🦁☀️

GAL] GAÑADORES DA RIFA SOLIDARIA 🎟️🦁A Carreira de Leo aínda non rematou. Cada participación, cada colaboración e cada eu...
06/10/2026

GAL] GAÑADORES DA RIFA SOLIDARIA 🎟️

🦁A Carreira de Leo aínda non rematou.

Cada participación, cada colaboración e cada euro sumaron para seguir apoiando ás familias e asociacións ás que destinamos a recadación.
E esta rifa foi posible grazas á xenerosidade dos establecementos que decidiron poñer estes premios á disposición da causa. Grazas por formar parte 🫶

🎟️ E estes son os números gañadores:
🏡 2 noites en Loft Rural Casa Ricucho
— Nº ____1481
🏡 2 noites en Apartamento Casa Sarita
— Nº ____0976
🏡 1 noite con almorzo en Villa Laredo
— Nº ____3116
🏡 1 noite en A Casa das Barreiras
— Nº ____2277
🏡 2 noites en Casa Rural Avoa María
— Nº ____0669
🏡 1 noite con almorzo en Villa Covelo
— Nº ____0449
🏡 1 noite con almorzo en Lar da Avoa
— Nº ____0295
🍳 Brunch para 2 persoas en Abuelo de Arcos
— Nº ____0192
🌳
🎁 Agasallo de Vilanova Peña
— Nº ____3331
🥩 3 táboas de ibéricos de Autoservicio Montse
— Nº ____0768

Grazas por facer que cada pequeno xesto conte. Toda aportación suma. ❤️

---------------------------------------------------

CAS] GANADORES DE LA RIFA SOLIDARIA DE LEO 🎟️

🦁La Carreira de Leo todavía no ha terminado.

Cada participación, cada colaboración y cada euro suma para seguir apoyando a las familias y asociaciones a las que destinamos la recaudación.

Esta rifa ha sido posible gracias a la generosidad de los establecimientos que decidieron aportar estos premios a la causa.

Gracias por formar parte. 🫶

🎟️ Y estos son los números ganadores:
🏡 2 noches en Loft Rural Casa Ricucho
— Nº ____1481
🏡 2 noches en Apartamento Casa Sarita
— Nº ____0976
🏡 1 noche con desayuno en Villa Laredo
— Nº ____3116
🏡 1 noche en A Casa das Barreiras
— Nº ____2277
🏡 2 noches en Casa Rural Avoa María
— Nº ____0669
🏡 1 noche con desayuno en Villa Covelo
— Nº ____0449
🏡 1 noche con desayuno en Lar da Avoa
— Nº ____0295
🥐 Brunch para 2 personas en Abuelo de Arcos
— Nº ____ 0192
🎁 Agasallo de Vilanova Peña
— Nº ____3331
🥩 3 tablas de embutidos ibéricos de Autoservicio Montse
— Nº ____0768

Gracias por hacer que cada pequeño gesto cuente. Todo suma. ❤️

06/10/2026
05/10/2026

La Carreira de Leo, en Meis, y la Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics, en Vilagarcía, congregaron a miles de personas en la comarca. En lo deportivo, Pablo Otero y Marina Porteiro brillaron en la prueba absoluta de cinco kilómetros

Dirección

O Mosteiro
Meis
36637

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Carreira de Leo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a A Carreira de Leo:

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros Organización sin ánimo de lucro en Meis

Ver Todo