ACD San Xulián

ACD San Xulián Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de ACD San Xulián, Asociación vecinal, Seaia, Malpica de Bergantiños.

🛶 SAN HADRIÁN É BARQUEIRO👕 Á venda a camiseta da romaría de Santo Hadrián. Só por encargo, poderás mercar esta camiseta ...
21/05/2026

🛶 SAN HADRIÁN É BARQUEIRO

👕 Á venda a camiseta da romaría de Santo Hadrián. Só por encargo, poderás mercar esta camiseta cun deseño único que ten plasmados algúns dos símbolos máis representativos da nosa romaría: as cintas da procesión, a fonte dos panos, o blandón de cera, a serpe pisada polo santo ou ese café que este ano tanto imos botar en falta.

✍🏼 Para ter a túa camiseta a tempo para a romaría, fai o teu encargo antes do venres 5 de xuño en:

• Tenda da Tia Carmen
• Supermercado MM
• Membros da directiva

🎨 Podes mercar esta camiseta en dúas cores diferentes: azul dusty e verde mystic.

💰A camiseta ten un prezo de 10€.

Agradecementos especiais a:
🧶 As Puntadas (Ordes)

🪪CARNÉS DE SOCIOS✍🏼Queremos facerlle saber a todos os socios e socias que os carnés de socios serán repartidos durante e...
09/04/2026

🪪CARNÉS DE SOCIOS

✍🏼Queremos facerlle saber a todos os socios e socias que os carnés de socios serán repartidos durante este mes de abril.

💰Os prezos son os do ano anterior:
👨🏼‍🦳Adulto: 10€
👶🏼Infantil (ata os 12 anos): 5€

☕️Amigo Jesús estamos acostumándonos a vivir sin ti pero estarás sempre no noso recordo!

🔊Se aínda non eres socio, estás a tempo de selo, poñendote en contacto con calquera membro da directiva.

🏆 I TORNEO DE BARRIOS 🗣️O I Torneo de Barrios do noso pobo celebrado na mañán do sábado non foi só fútbol. Foi ilusión e...
04/04/2026

🏆 I TORNEO DE BARRIOS

🗣️O I Torneo de Barrios do noso pobo celebrado na mañán do sábado non foi só fútbol. Foi ilusión en cada xogada, orgullo en cada camiseta e emoción en cada recuncho do polideportivo. Foi ver a veciños de toda a vida xuntos, compartindo risas, ánimos e momentos que nos lembran o que realmente importa.

🫀Cada xogador defendeu o seu barrio co corazón, demostrando unha calidade incrible, pero sobre todo deixando claro que aquí o máis importante é a unión, a convivencia e ese sentimento de pertenza que nos fai tan grandes como pobo.

🎖️ A clasificación final foi a seguinte:
1º - A Pedreiriña 💚
2º - O Picho / Castiñeiro 🖤
3º - A Camuza 🤎
4º - Cancela de Areas / Arnado ❤️
5º - Agra de Lucas / Poceiro 🩷
6º - As Vistas / Os Medros 🩵
7º - O Petón / Fonte da Horta 🤍
8º - Sorrio / Mato de Outeiro 💛

🫶🏽Grazas a todos os que participastes, aos que animastes e aos que fixestes posible que este día fose tan especial. Porque máis alá dos resultados, gañamos todos como pobo unido que somos.

📸Grazas en especial a por ser a nosa fotógrafa deste evento.

💛¡GRAZAS!Despois de máis de 15 horas de festa seguidas, só temos palabras de agradecemento para todos vós. Que orgullo v...
30/03/2026

💛¡GRAZAS!

Despois de máis de 15 horas de festa seguidas, só temos palabras de agradecemento para todos vós. Que orgullo ver tanta xente no noso campo da festa durante todo o día.

💙 Grazas de corazón, vemonos pronto!

🏆I TORNEO DE BARRIOS!🗣️Este sábado 28 de marzo, o pabellón municipal acollerá o primeiro Torneo de Barrios do noso pobo....
26/03/2026

🏆I TORNEO DE BARRIOS!

🗣️Este sábado 28 de marzo, o pabellón municipal acollerá o primeiro Torneo de Barrios do noso pobo. Despois de realizarse o sorteo, estes que vos deixamos son os cruces de eliminatorias:

1. O Picho/Castiñeiro 🆚 Agra de Lucas/Poceiro
2. Sorrio/Mato Outeiro 🆚 Cancela de Areas
3. A Pedreiriña 🆚 O Petón/Fonte da Horta
4. A Vista/Os Medros 🆚 A Camuza

⚔️ Dende as 09:45 horas poderedes desfrutar deste maravilloso torneo onde o obxectivo principal é volver xuntarse, desfrutar e pasar tempo cos veciños.

💛Sube o pabellón e ven animar o teu barrio!

🏆 TORNEO DE BARRIOS!🗣️O sábado 28 de marzo en horario matutino, o pabellón municipal converterase no escenario dun torne...
06/03/2026

🏆 TORNEO DE BARRIOS!

🗣️O sábado 28 de marzo en horario matutino, o pabellón municipal converterase no escenario dun torneo moi especial, o I Torneo de Barrios da nosa aldea. Un torneo diferente, onde o máis importante non é so competir, senón volver xuntarse, rir e revivir o fútbol de sempre.

👕Na pista enfrontaranse 8 equipos formados polos veciños dos 15 barrios de Seaia. Os equipos estarán formados polos veciños que se mencionan:

1. A Camuza
2. A Pedreiriña
3. As Vistas e Os Medros
4. Agra de Lucas e O Poceiro
5. Cancela de Areas e O Arnado
6. Cepido, O Picho e O Castiñeiro
7. O Petón e Fonte da Horta
8. Sorrio e Mato de Outeiro

⚽️Moitos dos que se vestirán de corto levan anos sen facelo, pero esta vez volven facelo polo orgullo do seu barrio e por revivir o ambiente que sempre fixo grande a nosa aldea.

💛O sábado 28 de marzo vén animar o teu barrio!

V Festa da Xuventude
26/02/2026

V Festa da Xuventude

🕊️Ata sempre, Jesús!Hoxe o silencio pesa en Seaia. Marchou Jesús de Ourens, e con el vaise unha parte da historia viva d...
11/02/2026

🕊️Ata sempre, Jesús!

Hoxe o silencio pesa en Seaia. Marchou Jesús de Ourens, e con el vaise unha parte da historia viva do noso pobo. Non eras unha persoa máis. Eras presenza. Eras amizade. Eras esa forza invisible que facía que as cousas sucedesen. Eras a alma, o motor e o corazón desta Asociación e do noso pobo que hoxe chora por ti.

Hai homes que traballan polo seu pobo e hai homes que lle entregan a vida enteira. Jesús, ti foches dos segundos. Sen pedir nada a cambio. Sen buscar recoñecementos. Sempre disposto a axudar, sempre co sorriso na boca e con esa retranca tan túa que convertía calquera momento nun recordo inesquecible que hoxe nos aperta o peito e nos fai sorrir entre bágoas.

Seaia perde hoxe un dos seus piares. A Asociación perde o seu motor. Perdemos a túa presenza pero queda o legado de todo o que sementaches: unión, amizade, compromiso e amor por Seaia. Aqui queda a túa maneira de facer comunidade e facer familia. Porque iso eras ti amigo: unha familia para todos nós.

Jesús, ti non marcharás nunca mentres haxa unha festa que celebrar, unha pandeireta que soar, unha queimada que prender ou un recordo que contar.

Descansa en paz, amigo.
O teu pobo lévate para sempre no corazón.

Querémoste.
❤️

🏖️ORGULLO DE SER DA ALDEA👕 Á venta a sudadera que representa a tradición e o orgullo de ser do noso pobo. Só por encargo...
22/01/2026

🏖️ORGULLO DE SER DA ALDEA

👕 Á venta a sudadera que representa a tradición e o orgullo de ser do noso pobo. Só por encargo, poderás mercar unha sudadera cun diseño único e que ten plasmada a nosa maravillosa praia na espalda.

✍🏼 Para encargar a túa sudadera escríbenos por mensaxe privada, o 627701475 ou a calquera membro da Asociación.

🎨 En catro cores podes mercar a sudadera: en gris piedra, verde kaki, papaya e amarillo.

💰 As sudaderas teñen un prezo de 30€.

Agradecementos especiais a:
🧶 As Puntadas (Ordes)
📸 Estela Suarez Fotografía

Dirección

Seaia
Malpica De Bergantiños
15113

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ACD San Xulián publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir