Agrupación de Percebeiros de Malpica

Agrupación de Percebeiros de Malpica Desde o principio dos tempos os homes e as mulleres asentados na Costa da Morte xa se enfrontaban ao mar coas mans baleiras para recoller mariscos.

Así o acreditan os abondosos restos arqueolóxicos rexistrados, por exemplo, no castro da cidá en Cabana de Bergantiños. Daquela até hoxe pouco mudou. Apenas coas mans baleiras, ferrada, mandileta, e traxes de neopreno, se cadra unha corda para se atar ou un troeiro, acoden hoxe os percebeiros e percebeiras ás mellores pedras da nosa costa para sachar os prezados crustáceos. Escoller e clasificar,

levar á lonxa e, por fin, aos mercados e restaurantes de todo o país e ás mesas privilexiadas que saiban e poidan degustar este manxar sublime.

Dirección

Plaza Anselmo Vilar Amigo S/n
Malpica De Bergantiños
15113

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Agrupación de Percebeiros de Malpica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir