Fundación Galicia Sustentable

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Fundación Galicia Sustentable Organización privada, sen ánimo de lucro que traballa desde 2008 co proposito de convertir Galicia nunha sociedade sustentable. Crea e innova. Vive o liderado.

A existencia desta fundación ten como finalidade xeral, o aproveitamento do potencial de Galicia e as súas xentes cara a sustentabilidade a través do desenvolvemento dos potenciais dos individuos e colectivos a través as súas accións, actividades e proxectos. Na súa constitución a Fundación Galicia Sustentable ten como visión a dunha sociedade que:

Actua de forma sustentable. Actuamos de forma sostible para a nosa organización e o mundo no que se integra. As nosas decisións e accións teñen en conta as necesidades futuras. Buscamos mellorar constantemente aproveitando e mellorando as opcións e oportunidades xa existentes ou creando novas alternativas e/ou escenarios dende os que afrontar antigos e novos problemas. Procura o desenvolvemento persoal. Buscamos en cada acción, por cotiá que sexa, a aprendizaxe que nos pode ofrecer para un constante desenvolvemento persoal. Desfruta participando. Vivimos e tentamos transmitir un ambiente de entusiasmo en todo o que facemos. Se esforza pola excelencia. Poñemos o mellor de nos en cada actividade para conseguir á máxima calidade en todo o que facemos. Lideramos có exemplo a través das nosas accións. Somos conscientes do papel que xogamos no desenvolvemento de outras persoas e asumimos a nosa responsabilidade por iso.

Sempre é un pracer facer un traballo no que crees pero este traenos  especial satisfacción porque da gusto que exista xe...
16/10/2026

Sempre é un pracer facer un traballo no que crees pero este traenos especial satisfacción porque da gusto que exista xente queriendo mudar as cousas.

Confrontándonos...
16/10/2026

Confrontándonos...

Acabou o verán. Nos ocupamos de traballos para comisar o solo e prepáralo para os cultivos de inverno e velaí como van o...
16/10/2026

Acabou o verán. Nos ocupamos de traballos para comisar o solo e prepáralo para os cultivos de inverno e velaí como van os repolos da Leira Experimental.

Gozamos da diversidade ate no nido traballo. Pila mañá rematar o trimestre…Pola tarde plantando na Leira Experimental.
15/10/2026

Gozamos da diversidade ate no nido traballo. Pila mañá rematar o trimestre…

Pola tarde plantando na Leira Experimental.

Hoxe estamos a celebrar con Pazo de Vilane os seus 30 anos e foi un grande pracer termos atopado con moitas amigas que e...
14/10/2026

Hoxe estamos a celebrar con Pazo de Vilane os seus 30 anos e foi un grande pracer termos atopado con moitas amigas que están a transformar o que entendemos por “rural”:

Idoia de
Elena de Eferro
Cristina de Casa Grande de Xanceda
Ana de Ana M Corredoira
Tamara de Sacrapastas| Galletas Artesás de Xián | Panadería Darío
Mónica de Vacantes.gal
E naturalmente Nuria de Pazo de Vilane

Ben interesante a Anita Mateu🇨🇺 está fin de semana.Chegou de Cuba a Galicia sen coñecer a nosa lingua nin a nosa cultura...
14/10/2026

Ben interesante a Anita Mateu🇨🇺 está fin de semana.

Chegou de Cuba a Galicia sen coñecer a nosa lingua nin a nosa cultura. O que comezou como unha nova etapa vital converteuse nunha aventura que milleiros de persoas están a seguir nas redes sociais: aprender galego, descubrir as nosas tradicións e compartir cada paso do proceso coa súa comunidade.

A través de Bótalle Azucre, Anita demostrou que aprender unha lingua tamén pode ser unha maneira de achegarse ás persoas, comprender unha cultura e comezar a sentirse parte dun lugar.

No LGx15, trae unha historia que nos invita a reflexionar sobre algo fundamental: o galego non é unha fronteira que separa, senón unha ponte que nos une.

Porque a lingua tamén se aprende vivíndoa, compartíndoa e atrevéndose a dar o primeiro paso.

CTNL
botalleazucre

As persoas maiores que viven no rural galego saben cando plantar e cando non. Saben que fontes secan en verán e cales no...
12/10/2026

As persoas maiores que viven no rural galego saben cando plantar e cando non. Saben que fontes secan en verán e cales non. Saben xestionar o monte sen que arda. Saben ler o territorio dunha forma que non ten substituto dixital.

Cando esa persoa morre, ese coñecemento desaparece con ela. Non é nostalxia. É un problema de resiliencia territorial. Un territorio que perde o saber de como funciona é un territorio máis vulnerable a secas, a incendios, a crises alimentarias.

Temos sistemas para preservar libros, monumentos, especies animais. Non temos unha estratexia sistemática para preservar coñecemento agrario e territorial vivo. Hai proxectos illados, arquivos locais. Pero non hai transferencia de coñecemento a escala de territorio.

A ironía: mentres non documentamos o que saben as persoas maiores do rural, investimos en innovación agraria que en moitos casos redescobre o que elas xa saben.

A pregunta non é como conservamos o coñecemento tradicional. É por que esperamos a que desapareza para botalo en falta. E antes de responder: coñeces a alguén maior do rural a quen nunca lle preguntaches o que sabe?

Grazas a todas e todos que fixéchedes posible o LGx15 2026.Temos moito traballo por diante e tamén Moitas ideas para o f...
10/10/2026

Grazas a todas e todos que fixéchedes posible o LGx15 2026.

Temos moito traballo por diante e tamén Moitas ideas para o futuro da lingua.

Inma Soto abre o LGx15 cun ferrmoso relato relacionando lingua e natureza.CTNL
10/10/2026

Inma Soto abre o LGx15 cun ferrmoso relato relacionando lingua e natureza.

CTNL

Probas feitas e todo listo!!!
10/10/2026

Probas feitas e todo listo!!!

Dirección

Avenida Del Partenón, 5
Madrid
28042

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Fundación Galicia Sustentable publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Fundación Galicia Sustentable:

Atajos

Compartir