CRAEGA - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia

Cómo llegar Página web

CRAEGA - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia Somos a autoridade de control dos alimentos ecolóxicos de Galicia. Busca a garantía oficial do selo eco Craega.

O Craega é o órgano encargado do control e certificación das producións ecolóxicas en Galicia.

🍽️🌱 Os produtos ecolóxicos galegos foron protagonistas esta mañá no IES San Xillao de Lugo!O Craega celebrou unha degust...
16/10/2026

🍽️🌱 Os produtos ecolóxicos galegos foron protagonistas esta mañá no IES San Xillao de Lugo!

O Craega celebrou unha degustación de alimentos ecolóxicos certificados para dar a coñecer a variedade e a calidade da produción eco galega e poñer en valor o traballo dos produtores e produtoras, das empresas comercializadoras e do propio Consello.

🤝 No acto interviñeron o presidente do Craega, Francisco López Valladares, e o xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo, Íñigo Barreiro, quen estiveron acompañados de diversas autoridades.

Esta actividade enmárcase nun programa formativo que o Craega desenvolve en centros educativos de Galicia, nos vinculados á Cociña, á Hostalería e ao Turismo, para achegar os produtos ecolóxicos certificados aos futuros profesionais do sector.

💚 Seguimos traballando para que a produción ecolóxica galega sexa cada vez máis coñecida e teña unha maior presenza na nosa gastronomía.

🔗 Noticia completa na nosa web: ligazón na biografía!

𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐥 👩‍🌾Con motivo desta celebración, El Progreso de Lugo organizou unha mesa de debate pa...
15/10/2026

𝐃𝐢́𝐚 𝐈𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐝𝐚 𝐌𝐮𝐥𝐥𝐞𝐫 𝐑𝐮𝐫𝐚𝐥 👩‍🌾

Con motivo desta celebración, El Progreso de Lugo organizou unha mesa de debate para reflexionar sobre o papel das mulleres no medio rural, os avances conseguidos e os retos que aínda quedan por afrontar.

No encontro participou Rocío Freire, vicepresidenta do Craega e responsable de Produción e Calidade de Alibós, xunto con Maria Jose Gómez, conselleira do Medio Rural; Inés Jul, gandeira e vicepresidenta da cooperativa AIRA SCG; Rosa Arcos, secretaria xeral de Fademur Galicia; Begoña Ferreiro, responsable do Departamento de Campo do Grupo Lence, e Nuria Castro, responsable de Calidade e I+D+i de Celega. A mesa estivo moderada pola xornalista Silvia Iglesia.

🌱 Durante o faladoiro, Rocío Freire destacou que o 36 % das persoas físicas inscritas como operadoras de produción ecolóxica no Craega son mulleres e puxo o foco nas dificultades que aínda existen para acceder a postos de maior responsabilidade: “Quedamos moitas veces en postos intermedios porque asumimos un muro: os coidados familiares”.

👏 Grazas a El Progreso por promover este espazo de diálogo e dar voz ás mulleres que traballan cada día polo presente e o futuro do noso rural.

🧀🍯 Aberto o prazo de inscrición para participar nas Catas dos Queixos e dos Meles de Galicia 2026!Xa están dispoñibles a...
14/10/2026

🧀🍯 Aberto o prazo de inscrición para participar nas Catas dos Queixos e dos Meles de Galicia 2026!

Xa están dispoñibles as bases e os boletíns de inscrición para a XXIX Cata dos Queixos e a XXV Cata dos Meles de Galicia, organizadas pola Agacal - Experiencias de Calidade de Galicia, coa colaboración dos consellos reguladores, entre eles o Craega.

🌱 Ambas as catas contan con categorías específicas de produción ecolóxica, nas que poderán participar os queixos e meles que cumpran os requisitos establecidos nas bases.

📅 O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o venres 30 de outubro, incluído.

📄 Xa dispoñibles na nosa web as bases e os boletíns de inscrición. Ligazón na nosa biografía!

🌱 O Craega participará activamente este sábado, 17 de outubro, no II Encontro Ecolóxico Galego, que se celebrará en Parg...
13/10/2026

🌱 O Craega participará activamente este sábado, 17 de outubro, no II Encontro Ecolóxico Galego, que se celebrará en Parga, Guitiriz.

A cita, organizada pola Asociación de produtores e produtoras de ecolóxico de Galicia (Proecogal) baixo o lema “Terra, mar, sabores e saberes”, reunirá produtores, profesionais e persoas consumidoras arredor da produción ecolóxica galega.

Marcos Vázquez Marey, responsable de Promoción do Craega, intervirá na mesa redonda dedicada ao sector eco, xunto con representantes do ámbito do mar, da gandería, da apicultura, da transformación e da universidade 🤝

Ao longo da xornada haberá tamén postos de venda, obradoiros, showcooking, música, foodtrucks, sorteos e propostas para achegar o ecolóxico á cidadanía dun xeito próximo e participativo.

Desde o Craega seguimos apoiando iniciativas que dan visibilidade á produción ecolóxica certificada e que favorecen o encontro entre quen produce, quen transforma e quen consome 💚

🔗 Máis información na nosa web. Ligazón na biografía!

13/10/2026

🎥 Compartimos o vídeo resumo da xornada iTERRA-Craega, un encontro no que investigación e produción ecolóxica se sentaron á mesma mesa para falar dos retos do sector en Galicia.

Baixo o título “Investigación e produción ecolóxica: construíndo alianzas para afrontar os retos do futuro”, a sesión reuniu representantes da produción ecolóxica galega e persoal investigador do iTerra, nunha mañá de intercambio, escoita e traballo compartido.

Falouse de saúde animal, alimentación, medio ambiente, biodiversidade, innovación, territorio e, sobre todo, de como crear pontes útiles entre o coñecemento científico e as necesidades reais do sector eco 🌱

Grazas a todas as persoas que participaron e fixeron posible este primeiro paso para seguir construíndo colaboración entre investigación, certificación e produción ecolóxica en Galicia 💚

Ler artigo completo na nosa web. Ligazón na biografía!

🌱 O Craega estará presente mañá en Expolugo A Rural 2026.Marcos Vázquez Marey, responsable de Promoción do Craega, impar...
09/10/2026

🌱 O Craega estará presente mañá en Expolugo A Rural 2026.

Marcos Vázquez Marey, responsable de Promoción do Craega, impartirá a charla “A agricultura ecolóxica, a gran oportunidade”, na que falará do presente e do futuro da produción ecolóxica, da certificación e das posibilidades que ofrece este modelo para o sector agrogandeiro galego.

📍 Sala Río Miño, Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
🗓️ Sábado
🕙 10:00 horas

Convidámosvos a asistir e a compartir este espazo de reflexión arredor dun sector con cada vez máis peso, máis demanda e máis oportunidades en Galicia 💚

🍏🥂 Parabéns a Sidra Camino!A sidra ecolóxica elaborada na Estrada e certificada polo Craega acadou a distinción Premium ...
08/10/2026

🍏🥂 Parabéns a Sidra Camino!

A sidra ecolóxica elaborada na Estrada e certificada polo Craega acadou a distinción Premium na categoría de sidra de copa semiseca no XVI Salón Internacional de les Sidres de Gala (Sisga), celebrado en Xixón.

Un recoñecemento que pon en valor a calidade da produción ecolóxica galega e o traballo que se está a facer arredor da sidra na nosa comunidade.

👏 Desde o Craega queremos trasladarlle os nosos parabéns a todo o equipo de Camino por este importante galardón. Noticia completa ⤵️

A sidra ecolóxica Camino, elaborada na Estrada (Pontevedra) e certificada polo Craega, vén de acadar a distinción Premium no XVI Salón Internacional de les Sidres de Gala (Sisga), celebrado en Xixón. Trátase do máximo recoñecemento do certame, no que participaron 311 sidras de 117 lagares pr...

🌱 Hai uns días recibimos na sede do Craega a visita dun grupo de estudantes da Universidade Autónoma Chapingo, de México...
07/10/2026

🌱 Hai uns días recibimos na sede do Craega a visita dun grupo de estudantes da Universidade Autónoma Chapingo, de México, que estes días estiveron no Campus Terra USC no marco dunha Práctica de Campo Internacional.

O alumnado, de sexto curso de Enxeñaría en Xestión de Redes Agroalimentarias, puido coñecer de primeira man o labor do Consello e a situación da produción ecolóxica en Galicia da man de Marcos Vázquez Marey, responsable de Promoción do Craega.

Durante o encontro falamos sobre certificación ecolóxica, control, trazabilidade, operadores inscritos e o papel do selo como garantía para quen produce e para quen consome 🌿

No contexto deste encontro, os estudantes fixeron entrega dun recoñecemento ao Craega pola actividade desenvolvida, así como á profesora María do Mar Pérez Fra, que os acompañou durante a xornada.

Este tipo de encontros permiten tender pontes a nivel internacional e dar a coñecer noutros países o traballo do Craega, a importancia da certificación e o valor de producir en ecolóxico 💚

02/10/2026

La agricultura ecológica es hoy una de las pocas respuestas sólidas que tenemos frente a tres retos globales: el deterioro …

Dirección

Rúa Carvalho Calero (Profesor) S/n Planta/2
Monforte De Lemos
27002

Horario de apertura

Lunes 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Martes 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Miércoles 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Jueves 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00
Viernes 08:00 - 15:30
16:30 - 19:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CRAEGA - Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir