A Hedreira

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

A Hedreira 📍 Centro social autoxestionado en Lugo. Rúa Catasol, 17 baixo. A Hedreira é un centro social autoxestionado na cidade de Lugo. Que facemos? Como funcionamos?

Nace do desexo de construírmos un espazo de confluencia social e da necesidade de ter un lugar de encontro, xa que consideramos que é mais doado materializar as ideas cando compartimos o espazo. Móvenos a solidariedade, o apoio mutuo, a xustiza social, a creación colectiva e a defensa do territorio. Buscamos un espazo autoxestionado onde a comunidade e a cooperación substitúan a visión atomista, heteropatriarcal, de competitividade e de progreso egoísta. Exploramos vías diversas de organización social, creando vínculos comunitarios e fins colectivos, promovendo o pensamento crítico, compartindo espazos, recursos, ferramentas ou saberes e xerando alternativas a un modelo de sociedade profundamente desigual que mantén a tantos millóns de persoas na pobreza e a dependencia. Reivindicamos tamén a posibilidade de acceder a unha cultura alternativa que non reduza a nosa vida social a unha versión estritamente mercantil, que nos obriga a vivir como meros poboadores dun espazo público limitado ao consumo e á circulación, facéndonos esquecer aquelas posibilidades que xorden cando se habita comunalmente. Buscamos a auto-organización como forma de relacionarnos, apartándonos das dinámicas que nos converten a todas en “usuarias ou clientes”. Por todo isto somos A Hedreira e como as hedras medramos, apoiándonos unhas nas outras, subimos muros e entretecémonos creando comunidade. Veciñas con miradas diversas pero conectadas, con ganas de sentarnos xuntas, recuperar debates, expresar inquietudes e crear tecido social dun xeito horizontal e aberto. Organizamos charlas e xornadas e temos actividades fixas como obradoiros de costura, teatro e danza en movemento, pole dance, capoeira, k-pop, cineforum, hai aulas de galego para inmigrantes, etc. Dispoñemos de biblioteca e somos un lugar de encontro e intercambio, entre outros do colectivo do Banco do Tempo de Lugo e Radio Fenda. Somos tamén un espazo para un lecer diferente. Como centro social autoxestionado funcionamos a través das asembleas, o consenso, a horizontalidade, libre de xerarquías e de subvencións. Todo isto constrúese mediante a implicación e o compromiso das diferentes persoas que habitamos o espazo, onde nos atopamos diversas personalidades e ideoloxías, desde abaixo e á esquerda, buscando construír colectivamente. É grazas as cotas dxs compañeirxs que podemos manter o local. Non funcionamos como unha asociación ao uso: todas contamos por igual e todas podemos gozar do centro social en base aos principios que imos acordando xuntas e o compromiso co espazo. Local social, cultural e político, pero apartidista (sen vinculación a ningún partido político). Aquelas actividades que se queiran levar a cabo na Hedreira pasan por asemblea para que entre todas debatamos a proposta. A data da asemblea anúnciase cada mes.

Este sábado 17 de outubro teremos as xornadas sobre: Xestión comunitaria do conflito- antipunitismo e xustiza restaurati...
09/10/2026

Este sábado 17 de outubro teremos as xornadas sobre: Xestión comunitaria do conflito- antipunitismo e xustiza restaurativa.

Temos moitas ganas de irvos confirmando o cartel completo. De momento; só vos podemos dicir 3 cousas
1. Comezará ás 11:30 coa presentación dos asistentes e rematará aproximadamente ás 19h (coas suas debidas pitipausas e descansos)

2. Haberá un xantar para todes, se te queres anotar avisanos por redes ou no correo [email protected]

3. Vai ser unha xornada incribel con asistentes moi potentes que veñen de diferentes puntos onde esperamos aprender e compartir moito

Hoxe xoves 8, conversa sobre a masculinidade no rural e presentación do libro Apuntes para un análisis de la masculinida...
08/10/2026

Hoxe xoves 8, conversa sobre a masculinidade no rural e presentación do libro Apuntes para un análisis de la masculinidad desde una perspectiva rural.
Moi interesante, non o perdas!

🌰 Cartel mensual Outubro
30/09/2026

🌰 Cartel mensual Outubro

🥁🥁 Chega a cuarta polbada vegana!! Non te perdas o evento do ano 📌🥂 Luns 5 de setembro do 2026 ás 14:30Deixade quetos ao...
29/09/2026

🥁🥁 Chega a cuarta polbada vegana!! Non te perdas o evento do ano

📌🥂 Luns 5 de setembro do 2026 ás 14:30

Deixade quetos aos polbos e vinde comer ricos cogomelos á feira 🍄‍🟫🍄‍🟫

📝 Apúntate vía redes, no local ou a través do correo electrónico e ven pasar un día divertido

💰O prezo é coma sempre, á vontade, pon o que poidas según o que teñas, todos os beneficios son para manter o local

🆕 Obradoiro de debuxo para crianzas 🎨🖼️ (de balde (gratis-for free), como todo, sempre)- Cando? Segundos e cuartos sábad...
24/09/2026

🆕 Obradoiro de debuxo para crianzas 🎨🖼️ (de balde (gratis-for free), como todo, sempre)

- Cando? Segundos e cuartos sábados de cada mes
- A que hora? Ás 11h

- Onde? Na hedreira! Rua catasol, 17- Lugo, Galiza
- Como? Incrición previa ao: 603 30 32 74

📌 Este venres 25 ás 19:00 temos a Presentación da Sociedade Agrarista O Campesinhado 🌿Non perdas esta oportunidade ✊🏼
23/09/2026

📌 Este venres 25 ás 19:00 temos a Presentación da Sociedade Agrarista O Campesinhado 🌿

Non perdas esta oportunidade ✊🏼

Cea vegana setembro: venres 25 ás 21h. Lembra reservar primeiro! 🥦🥗
21/09/2026

Cea vegana setembro: venres 25 ás 21h. Lembra reservar primeiro! 🥦🥗

Cea vegana de setembro: sábado 25 ás 21hLembra reservar coma sempre via instagram ou correo electronico
20/09/2026

Cea vegana de setembro: sábado 25 ás 21h
Lembra reservar coma sempre via instagram ou correo electronico

Este xoves ás 20:30 temos unha cita diante do Concello. Desde A Hedreira apoiamos esta convocatoria cidadá a prol do ben...
14/09/2026

Este xoves ás 20:30 temos unha cita diante do Concello. Desde A Hedreira apoiamos esta convocatoria cidadá a prol do benestar de TODAS as persoas que se atopan en Ceuta, e facémonos eco deste chamamento a todos os sectores sociais:

Durante o último mes fomos testemuñas da complexidade da situación ceutí e de como esta se utiliza para intereses alleos ao benestar da súa poboación. Ante a falta de respostas das administracións, medra o enfado e, paralelamente, amplifícanse os discursos de odio.

Proclamas como “Musulmán el que no bote” chocan coa realidade dunha cidade multicultural, onde conviven musulmáns, cristiáns e outras crenzas. Non buscan ofrecer solucións, senón demonizar pola relixión, cor de pel ou procedencia.

Recoñecemos o papel de parte do pobo ceutí, das ONGs e activistas que, ante o abandono institucional, axudaron ás migrantes. Esta solidariedade é un fío de esperanza ante a barbarie dos que saen na "caza do inmigrante", incluídas crianzas, e que tamén supón unha ameaza para as persoas ceutís racializadas.

A migración forzosa polas guerras, a liberdade sexual ou calquera outra razón é un drama social; sendo a pobreza a causa principal, provocada pola acumulación de riqueza dos países ricos que exercen o dominio económico sobre o Sur Global. Non se pode abordar a cuestión migratoria sen sinalar as súas raíces.

Non ignoramos o uso que fan da migración as autoridades de Marrocos, a quen a UE encarga a represión na fronteira, pero iso non converte a quen foxe do seu país nun “invasor”. As persoas migrantes son vítimas, non culpables. Os culpables non afogan no mar.

Por iso, esiximos:

-Medidas eficaces do Estado e das administracións para garantir unha acollida acorde ao Dereito Internacional e permitir que a poboación ceutí recupere a súa vida cotiá.

-Medidas de protección ante a violencia que están a sufrir migrantes, traballadoras do social e activistas.

Somos moitas persoas as que queremos mostrar sen medo a nosa solidariedade con Ceuta ao tempo que empatizamos con quen se xoga a vida buscando unha oportunidade.

Somos voces distintas que compartimos unha certeza: a fraternidade vencerá ao individualismo e ao odio.

🕺🩰 "Renacer ao bailar" conta dun espazo para a reflexión e o movemento con música latina e galega para liberarse do estr...
08/09/2026

🕺🩰 "Renacer ao bailar" conta dun espazo para a reflexión e o movemento con música latina e galega para liberarse do estrés, relacionarse con outras persoas e axudarse do baile como ferramenta terapéutica para o benestar emocional.

💬Se estás interesade en participar, contacta co numero do contacto (612491917) para entrar no grupo de whatsapp

Dirección

Rua Catasol, 17
Lugo
27002

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Hedreira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a A Hedreira:

Atajos

Compartir