19/10/2026
♟️ XORNADAS DE PORTAS ABERTAS | ESCOLA DE XADREZ NA USC LUGO ♟️
Góstache o xadrez ou tes curiosidade por aprender a xogar? Temos unha gran noticia!
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Escola Luguesa de Xadrez uniron forzas para poñer en marcha unha nova escola de xadrez nas instalacións do Campus de Lugo.
📍 Ubicación: Facultade de Humanidades da USC
🗓️ Cando: Tódolos luns
👥 Para quen: Actividade aberta a toda a cidadanía de Lugo (sexas ou non estudante universitario)
🎉 VEN PROBAR DE BALDE!
Para que coñezas a actividade e te animes a formar parte do Club Escola Luguesa de Xadrez, organizamos dúas xornadas de portas abertas:
📅 Luns 19 de outubro
📅 Luns 26 de outubro
Acércate a probalas sen compromiso e vive a paixón do xadrez connosco! 🖤🤍
⏰ Horarios e niveis:
🔹 18:00 h - 19:00 h: Iniciación (para dar os primeiros pasos ou aprender dende cero)
🔹 19:00 h - 20:30 h: Perfeccionamento (para mellorar a túa táctica e nivel de xogo)
👉 Máis información e contacto [email protected] 657/974 937