08/08/2026
Xa non queda nadaaa! 🤩🤩
🌊 FESTA DO MAR 2026 – LIRA 🌊
O vindeiro sábado 15 de agosto, Lira volve vestir as súas mellores galas para celebrar unha das festas máis especiais do verán. Unha xornada chea de tradición, música e diversión para todas as idades.
🙏 Programa da mañá
🎶 Dianas e alboradas a cargo dos grupos de gaitas Chan de Vela e Abelleira e .
⛪ Ás 12:30 h, Misa Solemne na honra á Virxe do Carme, acompañada pola Coral Polifónica Mar de Ardora da ESMU de Carnota.
🚤 Ao remate, tradicional Procesión Marítima, acompañada por bombas de palenque.
🍷 Sesión vermú co FUSSIÓN
🎈 Pola tarde
De 18:30 a 21:30 h, os máis pequenos poderán g***r de inchables gratuítos da man de 🌈DIVERKIDS
🎉 Pola noite
A partir das 22:00 h, gran verbena con:
🎤 FUSSIÓN
🎤 Las Vegas
🎧 Disco Móvil Super Fabrik
🎟️ Ás 00:00 h celebrarase o tradicional sorteo das rifas.
✨ Non perdas unha xornada única na que o mar, a tradición e a festa se unen para facer de Lira o mellor lugar onde vivir o verán.
Agardámoste o 15 de agosto na Festa do Mar de Lira! 🌊🎶