Asociación Cultural Punteirolo

Asociación Cultural Punteirolo Asociación cultural formada polo grupo de baile e música folclórica galega Punteirolo, de Vila de Cruces (Pontevedra).

Somos a Asociación Cultural Punteirolo, a nosa asociación conta un grupo de baile folclórico galego para tódalas idades, un grupo de gaitas, e un grupo de pandereteiras, damos clases de baile, gaita e pandeireta e estamos abertos a todo aquel que desexe participar e ensalzar o folclore da nosa terra.

Hoxe celebramos algo máis ca unha lingua. Celebramos a forma que temos de sentir, de contar historias, de rir, de cantar...
17/05/2026

Hoxe celebramos algo máis ca unha lingua. Celebramos a forma que temos de sentir, de contar historias, de rir, de cantar e de querernos. O galego é memoria, é casa, é familia, é infancia e tamén futuro.

Que nunca nos falte orgullo polas nosas palabras nin ganas de seguir transmitíndoas ás novas xeracións. Porque cada vez que falamos galego, mantemos viva unha parte de nós.

Feliz Día das Letras Galegas 🤍💙🤍📚

Este domingo as nosas Bellas foron ata Ames a pasar unha bonita xornada no IV Concurso de canto e percusión tradicional ...
27/04/2026

Este domingo as nosas Bellas foron ata Ames a pasar unha bonita xornada no IV Concurso de canto e percusión tradicional de .retranqueiros

Así de ghuapas interpretaron a Foliada de San Salvador (Santa Comba).

Noraboa polo gran traballo realizado, rapazas!!👏🏻👏🏻
🧡🧡🧡

Xa non queda nada para o noso benquerido San Cidre!🌾🐮🧑🏼‍🌾🌿Ademáis, este ano celebrámolo un día grande, o 17 de maio, Día...
17/04/2026

Xa non queda nada para o noso benquerido San Cidre!🌾🐮🧑🏼‍🌾🌿

Ademáis, este ano celebrámolo un día grande, o 17 de maio, Día das Letras Galegas (e día de feira🤗), adicado a Begoña Caamaño, que nos inspira co seu legado, a forza da palabra e un xornalismo transformador.💜

E o sábado 16, celebraremos a xa XX Edición do noso festival folclórico, como vedes mooi ben acompañad@s.

Non volo perdades!!!

Que nunca falten as foliadas,os pasos ben marcadose as ganas de seguir bailando e tocando xuntos.✨ Bo Nadal a tod@s e es...
24/12/2025

Que nunca falten as foliadas,
os pasos ben marcados
e as ganas de seguir bailando e tocando xuntos.

✨ Bo Nadal a tod@s e especialmente á nosa familia de Punteirolos! 🤩🎶

“E que toque o gaiteiroe que volva a tocar,e que toque o gaiteiroque queremos beillar.”Hoxe arrancamos o curso 2025/2026...
02/10/2025

“E que toque o gaiteiro
e que volva a tocar,
e que toque o gaiteiro
que queremos beillar.”

Hoxe arrancamos o curso 2025/2026 coas aulas de gaita e percusión!

🧡

📣ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 25/26📣💃🏻Queres aprender a bailar e/ou tocar algún instrumento tradicional, ou...
17/09/2025

📣ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CURSO 25/26📣

💃🏻Queres aprender a bailar e/ou tocar algún instrumento tradicional, ou xa sabes e queres formar parte dun grupo⁉️ En PUNTEIROLO esperámoste cos brazos abertos.🤗

🗓 Xa temos todo preparado para poder vernos de novo nas aulas o vindeiro mes de outubro.

☎️Se tes dúbidas, contacta con nós a través das redes sociais ou do teléfono de contacto.

😉Non o penses máis e anímate a probar‼️ Pasámolo ben‼️

/2026

Hoxe celebramos a sabedoría que viaxa de xeración en xeración: o FOLCLORE.Feliz día a tod@s os que manteñen vivas as raí...
22/08/2025

Hoxe celebramos a sabedoría que viaxa de xeración en xeración: o FOLCLORE.

Feliz día a tod@s os que manteñen vivas as raíces e as tradicións culturais do seu país.🧡

E veña festa!!! 👏🏻👏🏻 Un ano máis encantad@s de bailar, tocar e cantar na casa, nas festas patronais de Vila de Cruces. 😍
06/07/2025

E veña festa!!! 👏🏻👏🏻
Un ano máis encantad@s de bailar, tocar e cantar na casa, nas festas patronais de Vila de Cruces. 😍

Anunciadas as festas!

Vémonos en pouco màis dun mes!

Concello de Vila de Cruces + PDS ALIVE + Rali de Carretillas + Asociación Cultural Punteirolo

24/05/2025

Dirección

36590
Las Cruces
36590

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación Cultural Punteirolo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asociación Cultural Punteirolo:

Compartir