11/08/2026
A praza do pobo, a música, o baile e moitas caras coñecidas compartindo un anaco de festa con nós. 🧡
Cando saímos tocar, cantar e bailar, non só levamos música e tradición. Levamos tamén ilusión, ganas de compartir e, poder facelo na nosa vila, diante da nosa xente, sempre é un orgullo. Sentir a praza chea de vida, sorrisos e palmas, é un regalo. 🫶
Dende Punteirolo queremos agradecer á Comisión de Festas da Piedade 2026 e ó Concello por todo o traballo, esforzo e dedicación destes días, e tamén por contar con nós para formar parte destas festas. 🎉
Grazas por apostar pola nosa música e por seguir facendo vila.❤️
E, como non, moitísimas grazas a toda a xente que estivo alí desfrutando connosco. 🤗🙌🏻