21/10/2026
🆕 A nosa sede acollerá mañá xoves, de 9.00 a 10.30 horas, unha Xornada de diálogo co comercio, organizada por APE Galicia co título "Comercio conectado. Vender, innovar e protexerse no mundo dixital".
Contaremos coa presenza do director xeral de Comercio, Gabriel Alen Castro; o alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias; o presidente de APE Galicia, José Ramón Caldas; a directora técnica da Escola Galega de Consumo, Montserrat Rodríguez; e Jaime Barreiro, en representación da consultora Cactus Digital.
Os comerciantes interesados en asistir poden inscribirse polos seguintes medios:
👉 APE Galicia: [email protected] / 986 891 657
👉 AEDEZA: [email protected] / 986 78 70 91
🛍️ TES UN COMERCIO EN LALÍN OU NA COMARCA DO DEZA? ISTO INTERÉSACHE!
O comercio está cambiando. E quen levanta a persiana cada mañá sabe que non sempre é doado seguirlle o ritmo.
A intelixencia artificial, as vendas por internet, as novas formas de chegar á clientela ou a seguridade dixital xa forman parte do día a día de calquera negocio, tamén dos máis pequenos.
Pero, por onde empezar? Que ferramentas merecen realmente a pena? E como aproveitar estas oportunidades sen complicarnos a vida?
📍 Este xoves, 22 de outubro, falaremos de todo isto en Lalín.
Desde APE Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, organizamos unha nova xornada de COMERCIO CONECTADO, un encontro pensado para falar de comercio con quen mellor o coñece: as persoas que están cada día á fronte dos seus negocios.
Contaremos con Gabriel Alén, director xeral de Comercio e Consumo; Montserrat Rodríguez, directora técnica da Escola Galega de Consumo; e Jaime Barreiro, de Cactus Digital.
Unha conversa aberta, con exemplos prácticos e espazo para resolver dúbidas, presentada e moderada por Silvia Crespo.
📅 Xoves, 22 de outubro
☕ 9:00 h | Café de benvida
📍 Rúa Otero Pedrayo, 24, baixo. Lalín.
📩 Inscricións: [email protected]
☎️ 986 891 657
Porque ter un pequeno comercio non significa ter que quedar atrás.
E se coñeces alguén que teña un negocio en Lalín, Silleda, Rodeiro, Agolada ou Vila de Cruces, fáille chegar esta invitación. Seguro que hai algo nesta xornada que lle pode resultar útil.
Agardámoste en Lalín!
ComercioGalego