GDR Terra e Auga

Cómo llegar Página web

GDR Terra e Auga Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de GDR Terra e Auga, Organización sin ánimo de lucro, Rua Progreso 21, terceira planta, A Cañiza.

- Xestor das axudas do Programa LEADER Galicia 2014-2020.
- Xeodestino Condado Paradanta
- Dinamizador social e económico da Comarca Condado Paradanta mais Salceda de Caselas

RECAP: INTERRITMOS | RAÍCES VIVAS 🌿🎶🎥 Facemos recap da xornada de clausura do proxecto de cooperación Leader Interritmos...
21/10/2026

RECAP: INTERRITMOS | RAÍCES VIVAS 🌿🎶

🎥 Facemos recap da xornada de clausura do proxecto de cooperación Leader Interritmos Raíces Vivas, un encontro para celebrar o camiño percorrido, compartir experiencias e poñer en valor a riqueza cultural, musical e patrimonial dos nosos territorios.

A xornada contou coa participación de Paz Rodríguez, directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), nunha cita que puxo de manifesto a importancia da cooperación LEADER e do apoio institucional para impulsar iniciativas que contribúan ao desenvolvemento rural a través da cultura e das tradicións.

Ao longo do proxecto, a música de raíz e as tradicións populares convertéronse nunha ferramenta para fortalecer a identidade territorial, fomentar a colaboración entre territorios e contribuír á dinamización do rural.

Unha iniciativa que nos lembra que as nosas raíces seguen vivas grazas ás persoas que as conservan, as comparten e as transmiten ás novas xeracións. 💚

Grazas a todas as entidades, profesionais, artistas e persoas participantes que fixeron posible esta experiencia compartida!

👏Seguimos traballando polo futuro do rural desde a forza das nosas raíces.

Proxecto financiado pola Intervención Leader no marco do PEPAC 2023 - 2027.

🫒 O GDR TERRA E AUGA REÚNE OS PEQUENOS PRODUTORES DE OLIVEIRA DO TERRITORIOO GDR Terra e Auga celebrou o pasado venres u...
20/10/2026

🫒 O GDR TERRA E AUGA REÚNE OS PEQUENOS PRODUTORES DE OLIVEIRA DO TERRITORIO

O GDR Terra e Auga celebrou o pasado venres unha xornada de encontro cos pequenos produtores de oliveira da contorna, no marco do programa Terralimenta, financiado pola Fundación Daniel e Nina Carasso e coa colaboración e asesoramento de Red2Red.

A sesión permitiu crear un espazo de diálogo e intercambio de experiencias para coñecer de primeira man a realidade do sector, as dificultades ás que se enfrontan os produtores no seu día a día e as súas principais necesidades.

Durante o encontro tamén se abordaron os retos relacionados coa comercialización e distribución da produción, co obxectivo de identificar oportunidades de mellora e avanzar na procura de solucións compartidas que contribúan a fortalecer o sector e impulsar os produtos locais.

🤝 Desde o GDR Terra e Auga seguimos traballando con este grupo motor para favorecer a cooperación entre os axentes do territorio, apoiar as pequenas iniciativas produtivas e contribuír ao desenvolvemento rural e animamos a todas as persoas que conten con plantacións de oliveiras que se poñan en contacto con nós.

TERRALIMENTA é un programa que busca afondar no deseño, desenvolvemento e execución de proxectos que permitan impulsar accións vinculadas á promoción da alimentación sostible, creando redes e tecendo alianzas no medio rural traballando con 30 grupos de acción local de toda España, o GDR Terra e Auga entre eles.

20/10/2026

💚CLAUSURA DO PROXECTO DE COOPERACIÓN LEADER INTERRITMOS RAÍCES VIVAS

🌿 ECOFRONT_MINHO | UN CAMIÑO CARA Á FUTURA RESERVA DA BIOSFERA DO RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO🌱 Galicia e Portugal comparte...
19/10/2026

🌿 ECOFRONT_MINHO | UN CAMIÑO CARA Á FUTURA RESERVA DA BIOSFERA DO RÍO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO

🌱 Galicia e Portugal comparten un patrimonio natural, paisaxístico e cultural único. O proxecto ECOFRONT_MINHO avanza na cooperación transfronteiriza para impulsar a candidatura á UNESCO da futura Reserva da Biosfera do Río Miño.

📍 Este venres, 23 de outubro, Tui acollerá unha xornada aberta á cidadanía para presentar os avances do proxecto, compartir experiencias doutras Reservas da Biosfera e recoller propostas para imaxinar o futuro do territorio.

🤝 Un encontro para sumar ideas, fortalecer a colaboración e construír un futuro sostible a ambas as beiras do Miño.

📅 23 de outubro de 2026
🕔 17:00 h Galicia | 16:00 h Portugal
📌 Centro Sociocultural de Tui (rúa Camilo José Cela)
📝 INSCRIBETE EN: [email protected]

💚 Natureza que une. Contamos coa vosa participación!

ECOFRONT_MINHO reúne o AECT Rio Minho, a Deputación Pontevedra, a AECT da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, a Fundación de Centro Estudos Eurorrexionais, GDR Galicia Suroeste, o GDR Terra e Auga e a Adriminho. Está cofinanciado pola Unión Europea a través de Interreg España-Portugal - Poctep 2021–2027.

🌳 ECOFROT_MINHO é unha das aplicacións da Estratexia REVERDECENDO sobre o territorio onde a conservación e mellora do medio ambiente é un dos obxectivos principais.

🌾 O GDR TERRA E AUGA PARTICIPA NA XORNADA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURALO pasado 15 de outubro, Paco González, xer...
19/10/2026

🌾 O GDR TERRA E AUGA PARTICIPA NA XORNADA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL

O pasado 15 de outubro, Paco González, xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural Terra e Auga, participou na xornada de celebración do Día Internacional da Muller Rural, organizada pola Asociación de Mulleres Rurais “Chan dos Castelños” no Concello das Neves.

Durante o encontro, Paco González ofreceu a intervención “O papel da Muller Rural no Territorio”, na que puxo en valor a importancia das mulleres no desenvolvemento do medio rural, destacando o seu papel fundamental na dinamización social, económica e cultural do territorio.

A xornada reuniu as asociacións de mulleres rurais dos concellos do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas, nun espazo de encontro, diálogo e intercambio de propostas para avanzar cara a un rural máis igualitario, participativo e cheo de oportunidades.

💜 Desde o GDR Terra e Auga reafirmamos o noso compromiso co recoñecemento do labor das mulleres rurais e co impulso de iniciativas que contribúan a fortalecer o seu papel no desenvolvemento do noso territorio.

👏 Agradecemos ademáis o convite a Asociación de Mulleres Rurais “Chan dos Casteliños”, entidade socia do GDR, así como a súa presidenta, María del Carmen Gil.

🌾💜 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURALHoxe, 15 de outubro, conmemoramos o Día Internacional da Muller Rural, unha data par...
15/10/2026

🌾💜 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER RURAL

Hoxe, 15 de outubro, conmemoramos o Día Internacional da Muller Rural, unha data para recoñecer o papel fundamental das mulleres no desenvolvemento dos nosos territorios rurais.

👩‍🌾 Mulleres que traballan a terra, emprenden, coidan, innovan, manteñen vivas as tradicións e contribúen cada día a construír un rural máis dinámico, sostible e cheo de oportunidades.

Desde o GDR Terra e Auga queremos poñer en valor o seu esforzo, talento e compromiso, así como reivindicar a igualdade de oportunidades, o recoñecemento do seu traballo e o acceso aos recursos necesarios para desenvolver os seus proxectos de vida e profesionais no rural.

💚 Porque non hai futuro para o rural sen as mulleres. Apostar por elas é apostar polo futuro do noso territorio.

Hoxe e todos os días, mulleres rurais: protagonistas do presente e motor do futuro.

🫒 OLIVICULTORES DO TERRITORIO, FALAMOS?Desde o GDR Terra e Auga queremos reunir aos produtores de oliveiras do noso terr...
13/10/2026

🫒 OLIVICULTORES DO TERRITORIO, FALAMOS?

Desde o GDR Terra e Auga queremos reunir aos produtores de oliveiras do noso territorio nunha xornada de encontro, diálogo e traballo conxunto. 🌿

Un espazo para escoitar as vosas experiencias, coñecer de primeira man as dificultades e necesidades ás que facedes fronte no día a día e analizar conxuntamente os retos e as oportunidades para mellorar a comercialización e distribución da vosa produción.

🤝 Porque coñecer a realidade do sector é o primeiro paso para construír solucións compartidas e impulsar novas oportunidades para os pequenos produtores do territorio.

📅 Venres 16 | 18:00 h
📍 Edificio Multiusos da Cañiza, 1º andar
📞 Máis información: 986 663 329 / 656 455 545

Agardámosvos para conversar, compartir experiencias e traballar xuntos polo futuro do sector! 💚

Esta xornada está organizada polo GDR Terra e Auga dentro do programa Terralimenta, financiado pola Fundación Daniel y Nina Carasso

🌿 PROXECTO LEADER | Senda de acceso ao Túnel do Confurco📍 O Concello de Ponteareas impulsa a posta en valor do Túnel do ...
08/10/2026

🌿 PROXECTO LEADER | Senda de acceso ao Túnel do Confurco

📍 O Concello de Ponteareas impulsa a posta en valor do Túnel do Confurco mediante o acondicionamento da súa senda de acceso e a instalación de elementos de protección.

Unha actuación que recibiu unha axuda Leader de 22.263,24 €, ao abeiro da Intervención Leader do PEPAC 23-27, na convocatoria 2025-2026.

🚶‍♀️🌳 Con esta iniciativa búscase mellorar a accesibilidade e a seguridade, ao tempo que se favorece a conservación e posta en valor deste elemento do patrimonio do territorio.

🏛️ A estratexia de desenvolvemento local Reverdecendo establece entre os seus obxectivos apoiar proxectos que contribúan á conservación, mellora e posta en valor do patrimonio histórico e etnográfico como elemento clave para o desenvolvemento do territorio.

💚 Seguimos apostando por un rural con patrimonio, identidade e futuro.

🌿 ENCONTRO TERRITORIAL DA VÍA MARIANA LUSO GALAICA🤝 Onte tivemos a oportunidade de celebrar no Concello A Caniza o encon...
07/10/2026

🌿 ENCONTRO TERRITORIAL DA VÍA MARIANA LUSO GALAICA

🤝 Onte tivemos a oportunidade de celebrar no Concello A Caniza o encontro presencial do proxecto de cooperación Vía Mariana Luso Galaica, desenvolvido ao abeiro da Intervención Leader do PEPAC 2023-2027.

Un encontro para compartir, coñecer os avances do proxecto e, sobre todo, escoitar ao territorio.

Representantes de entidades públicas, asociacións, comunidades de montes e empresas participaron activamente nesta xornada, achegando ideas, propostas e suxestións para seguir mellorando unha iniciativa viva, participativa e en constante evolución. 🌱

🤝 UN PROXECTO QUE SUMA TERRITORIOS

O GDR Terra e Auga lidera este proxecto de cooperación, no que participan tamén:

🔹 Galicia Suroeste
🔹 GDR Pontevedra Morrazo
🔹 Asociación Deloa
🔹 GDR Terras de Compostela
🔹 GDR Costa da Morte

Este proxecto nace coa vocación de poñer en valor o noso territorio, o patrimonio, a cultura e os recursos naturais, xerando novas oportunidades para o desenvolvemento rural e o turismo sostible.

🌿 Seguimos avanzando xuntos, conectando territorios e creando futuro.

📢 QUEREMOS COÑECER A TÚA EXPERIENCIA! 🚜🌱Incorporácheste ao sector agrario nos últimos anos sen ter experiencia previa? O...
06/10/2026

📢 QUEREMOS COÑECER A TÚA EXPERIENCIA! 🚜🌱

Incorporácheste ao sector agrario nos últimos anos sen ter experiencia previa? O teu testemuño pode ser moi valioso.

Se comezaches a traballar como agricultor/a ou gandeiro/a nos últimos 10 anos e antes non tiñas experiencia profesional neste ámbito, desde o Grupo Operativo TERRANOVA queremos contar contigo.

Queremos saber como foi o teu proceso de incorporación, cales foron as túas principais necesidades, que obstáculos atopaches e que apoios botaches en falta. A túa experiencia pode contribuír a facilitar o camiño a outras persoas que no futuro decidan apostar polo sector agrario e polo medio rural.

⏱️ Cubrir a enquisa só che levará uns 2 minutos.

👉 Participa aquí: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeKM0NtLEJhfS0_06f7WDeaPgtoTfOs3sn3ditE6oL-M_IQPw/viewform

👥 Coñeces a alguén que encaixe neste perfil? Comparte esta publicación ou indícalle a enquisa. Cada testemuño conta e pode axudarnos a coñecer mellor a realidade das novas incorporacións ao sector.

💪 Entre todas e todos, contribuímos a construír un rural con máis oportunidades.

Dirección

Rua Progreso 21, Terceira Planta
La Cañiza
36880

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GDR Terra e Auga publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir