Comunidad de Montes de Guizán

Cómo llegar Página web

Comunidad de Montes de Guizán Centro dedicado a actividades culturais, educativas, sociais e deportivas.

O novo edificio da Comunidade de Montes de Guizán é un espazo moderno e diáfano, construído para ofrecer nun mesmo lugar un punto de encontro multifuncional. Ubicado a poucos minutos do aeroporto, polígonos industriais, IFEVI, escolas e cercano a todas as parroquias de Mos e arredores. O lugar ideal para a dinamización sociocultural a través da oferta deportiva, formativa e de lecer. O espazo edificado de 2000 m2, conta con cafetería e restaurante, ximnasio, sala fitness, pistas de pádel e baloncesto, sala de estudo, ludoteca, salas de formación e auditorio con capacidade para 230 persoas. Ademais, está rodeado de 14.000 m2 de zonas axardinadas, arboradas e un parque infantil, por onde pasear e g***r dun entorno natural, libre de contaminación acústica e ambiental.

👉💖Lembrade, este sábado día 24/10 ás 19h, XV Memorial Constante Lago e compañerios de coral! Estarán por aquí Orfeón Voc...
20/10/2026

👉💖Lembrade, este sábado día 24/10 ás 19h, XV Memorial Constante Lago e compañerios de coral! Estarán por aquí Orfeón Voces Graves Arousa, Coral Polifónica de Campolameiro e os anfitrións Coral de Asomamos!
Entrada de balde ata completar aforamento.
Estaremos encantados de tervos por aquí e compartir esta tarde chea de boa música!! ☺️🎼🎹

#

Se tes máis de 55 anos, anímate a participar nesta actividade pensada para coidar o corpo, mellorar a mobilidade e mante...
15/10/2026

Se tes máis de 55 anos, anímate a participar nesta actividade pensada para coidar o corpo, mellorar a mobilidade e manterte en forma.

📅 Do 1 de novembro ao 30 de xuño
⏱️ 45 minutos por sesión
📆 Dúas veces á semana
💶 20 € ao mes
👥 10 prazas por grupo, con quendas de mañá e tarde.

📍 Onde podes participar?

As sesións desenvolveranse en diferentes localidades do municipio, a través das asociacións e centros colaboradores, tanto en ximnasia terapéutica como en exercicios específicos para a columna cervical e lumbar.

📲 Consulta os horarios e inscríbete na asociación correspondente.

Coida de ti, mantente activo e comparte tempo cos demais! 💚

13/10/2026

🎭E veña teatro! Desta volta será a cargo do grupo Farándula Velutina que ven presentarnos unha comedia escura e tenra para toda a familia, Mamá!, a terceira do Circuíto Galego Teatro Amador.
Nove historias de nais e fillas, nas que se insultan, abrazan, pelexan, cóidanse, ódianse e por suposto......quérense!
Lembrade, será este sábado 17 de outubro ás 20h, unha hora de duración e idade recomendada dende 7 anos. Entrada de balde ata completar aforo.

🎭

​🗓️ Día: 17 de outubro
⏰ Hora: 20:00h
📍 Lugar: Auditorio da Comunidade de Montes de Guizán (Mos)


miliario_de_guizangastro.cultural

Porque esperar o black friday ou o blue monday? O vindeiro 17 de outubro atoparedes auténticos chollos a prezos incrible...
09/10/2026

Porque esperar o black friday ou o blue monday? O vindeiro 17 de outubro atoparedes auténticos chollos a prezos incribles! Non vos perdades esta I Edición de MercaMos! Agardámosvos!

E se queres vender as túas cousas, por aquí deixamos o link con toda a info:
https://form.jotform.com/262653905890062

​🗓️ Día: 17 de outubro
⏰ Hora: 12:00h a 20:00h
📍 Lugar: Centro Social e Deportivo de Guizán (Mos)




08/10/2026
08/10/2026

🍢¡Comeza a Ruta dos Pinchos! 🍢
Hoxe ás 18:00 h inauguramos a Ruta dos Pinchos no Centro Cultural de Guizán.
🎉 Haberá pinchos para desfrutar e dar o pistoletazo de saída a esta ruta gastronómica.
📍 Centro Social de Deportivo de Guizán-Anglee Gastrocultural
🕕 Hoxe, ás 18:00 h
¡Anímate e ven desfrutar connosco! 😋🍻



📢Non vos perdades unha nova sesión de teatro este sábado día 10 de outubro!Chumpá Teatro,  será a segunda obra do Circui...
05/10/2026

📢Non vos perdades unha nova sesión de teatro este sábado día 10 de outubro!
Chumpá Teatro, será a segunda obra do Circuito Galego de Teatro Amador, que baixo a dirección de Paco Luna, ven representar unha divertida e surrealista comedia do mestre Woody Allen.
Unha obra, para todos os públicos, de xénero cómico pero cun clima sinistro, persoas intentando cazar un asasino, historias de amor ridículas, discursos filosóficos que nos trasladan ó outro lado da realidade ou persecucións que nos arrastran a lugares improbables da condición humana.
En resumo, unha obra escura, divertida e sorprendente!
Esperámosvos!

🎭

​🗓️ Día: 10 de outubro
⏰ Hora: 20:00h
📍 Lugar: Auditorio da Comunidade de Montes de Guizán (Mos)

miliario_de_guizan

03/10/2026

¡O vindeiro sábado 3 de outubro temos tarde de teatro!

MAX TEATRO presenta: «Así vai a construcción», a primeira representacion do Circuito Galego de Teatro Amador. 🎭🎶 Ven a g***r desta comedia apta para todos os públicos e de balde!.

¡Agardámoste!

​🗓️ Día: 3 de outubro
⏰ Hora: 20:00h
📍 Lugar: Auditorio da Comunidade de Montes de Guizán (Mos)
1 h

Dirección

Carretera Louriñó-Sobráns, 114
Guizán
36417

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 13:00
15:00 - 22:00
Martes 09:00 - 22:30
Miércoles 09:00 - 22:30
Jueves 09:00 - 22:30
Viernes 09:00 - 22:30
Sábado 09:15 - 23:30
Domingo 09:15 - 23:30

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Comunidad de Montes de Guizán publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir