26/09/2026
Comeza a nova tempada co Comando Le!📚
A primeira sesión da tempada do Comando Le adiantase, excepcionalmente, ao mes de setembro porque necesitamos máis datas para poder cumprir cos compromisos adquiridos co G-Book 3 (é a terceira fase dun proxecto educativo europeo internacional coordinado na Universidade de Vigo, centrado no fomento da literatura infantil e xuvenil inclusiva).
Terá lugar, como adoita ser habitual, na Casa da Lectura (Nogueira,8–Donas) o vindeiro sábado 26 de setembro, de 20:00h a 00:00h.
Agardamos vérmonos de novo e tamén acoller a aquelas persoas que queiran incorporarse ao grupo. Nesta primeira sesión aproveitaremos para ver as fotos da tempada pasada, para falar, xogar, coñecérmonos mellor e descubrir as propostas para este novo período. Por suposto, faremos unha cea compartida co que traian as asistentes, como vén sendo costume.
O Comando Le é un grupo de activismo cultural dirixido a rapaces de rapazas de máis de 12 anos. Na súa programación inclúense sesións de club de lectura, encontros con escritores, obradoiros, charlas e debates, comentario de vídeos e películas, saídas e todas aquelas actividades que nos permitan achegarnos dun xeito crítico a diferentes temas desde linguaxes e expresións artísticas variadas.
Facultade de Filoloxía e Tradución
🔗https://www.espazolectura.gal/nova-tempada-do-comando-le-de-espazo-lectura/