Reanima o Medio Ambiente

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Reanima o Medio Ambiente Colectivo xuvenil ecoloxista de Friol
FridaysForFutureFriol

Vimos de facer unha doazón co recaudado no Mercado Segunda Vida deste verán á campaña de Asociación Ecoloxista ADEGA "Rí...
20/09/2026

Vimos de facer unha doazón co recaudado no Mercado Segunda Vida deste verán á campaña de Asociación Ecoloxista ADEGA "Río Rato sen cemento!", que ten por finalidade frear un proxecto que pretende cementar as nacentes do río.

Dende REAMA animámosvos a apoiar esta causa na maneira en que poidades.
Deixámosvos a ligazón por aquí: https://adega.helpbysc.com/rioratosencemento

Quedan só 10 días de campaña!! 💪🏼

Renovamos cabicheiros!! 🚮🚬 O cabicheiro que está xunto á Taberna xa pedía un cambio... así que agora temos non un, senón...
09/09/2026

Renovamos cabicheiros!! 🚮🚬

O cabicheiro que está xunto á Taberna xa pedía un cambio... así que agora temos non un, senón dous cabicheiros en condicións! 💪🏼♻️

📍Onde?
- Un xunto á Taberna (onda sempre)
- Outro xunto á Casa do Grande (que xa está a piques de abrir, por certo... 🎉)

🏆❓Pero ao final logo quen gañou, o pan ou o queixo?
Pois o gañador do anterior cabicheiro foi...🥁 O PAN!! 🥖
30 cabichas na botella do pan fronte a 18 na de queixo. Case o dobre! 😯

Agora xa sabedes, todas as persoas fumadoras tendes dúas votacións pendentes. 🗳️ Unha forma máis divertida de desbotar as cabichas. 😊

E ti, de que equipo es?
- Pan ou queixo?
- Dépor ou celta?

Unha vez pasada a Festa da Xuventude, podemos comunicarvos que, tal e como vos pediamos, este ano foi mellor que o anter...
29/08/2026

Unha vez pasada a Festa da Xuventude, podemos comunicarvos que, tal e como vos pediamos, este ano foi mellor que o anterior!! 💪🏼♻️

Mellor, si, pero como vedes nalgunha foto, aínda houbo algún despistado que non se fixou que no amarelo ían só os vasos ou que no de lixo non van os vasos de plástico... 😬

Non obstante, a separación entre pratos (con todos os restos) e vasos funcionou, en xeral, ben. Incluso houbo quen o levou máis alá, e separaron os restos dos pratos e vasos (como podedes apreciar na segunda foto). Que alegría nos destes! 💚

Un problema, iso si, que notamos que se repetiu este ano, foi o da recollida das mesas unha vez se remata de cear. Volvemos reiterar que recoller o que un trae consigo é un simple acto de civismo que chama á responsabilidade individual. Un pequeno acto que, así como se fai na casa, non custa nada facelo nestes eventos.
Podedes observar nas fotos como quedaron a maioría das mesas con todo enriba, incluída a comida nos pratos, parte dela sen tocar. Pan, costelas, cervexa... 🍞🍺 todo comida que, aínda que de balde para nós, custou cartos 💵, e pola que hai xente que o daría todo.

Seguiremos traballando para que toda a veciñanza o fagamos un pouquiño mellor e separemos cada vez un pouquiño máis, para así nós facer falta cada vez un pouquiño menos. 💚🩵

Volve a Festa da Xuventude, e este ano queremos que todo vaia á perfección. 💯Pero para iso, primeiro temos que mirar o q...
24/08/2026

Volve a Festa da Xuventude, e este ano queremos que todo vaia á perfección. 💯

Pero para iso, primeiro temos que mirar o que pasou o ano pasado, e é que aínda que nestes últimos anos vos podemos asegurar que fomos notando certa melloría na separación dos residuos, aínda queda un longo treito! 💪🏼

Por iso, este ano máis sinxelo non pode ser: os vasos 🥤 para o cubo amarelo 🟡 e os pratos 🍽️ (coas costelas e a servilleta sucia) para o cubo negro ⚫.

Queremos lembrarvos que a nosa función non é a de separar por vós os residuos, senón a de concienciar, indicándovos como separar e asegurándonos de que todo vaia ben separado (en caso de que haxa algún despistado 😅).
Así que, por favor, pedimos a vosa colaboración para que este ano todo vaia mellor: porque non é un capricho noso, senón unha responsabilidade colectiva. 🌍♻️

Resumo de onte no VIII Mercado Segunda Vida! 💚🩵Queremos agradecer tanto á veciñanza que durante estas semanas se achegou...
23/08/2026

Resumo de onte no VIII Mercado Segunda Vida! 💚🩵

Queremos agradecer tanto á veciñanza que durante estas semanas se achegou ao centro colaborativo para aportar a este mercado, como ás persoas que se achegaron o propio día para facer desta iniciativa un lugar de intercambio e de concienciación.

Agradecemos de xeito especial o xesto dunhas veciñas de collernos café ☕ e o da familia marroquí, outro ano máis, polo té ☕ e o pan marroquí 🍞 como forma de agradecernos a nosa presenza co mercado e para amenizarnos a mañá.

Como o tempo acompañou, o documental puidemos visualizalo no propio parque e as persoas que estiveron probaron o queixo e pan típicos de Friol, xunto co pan marroquí.
Moitas grazas aos asistentes!🎥 Esperamos que ese primeiro episodio da serie-documental "Hope! Estamos a tiempo" vos achegara un pouco a outra metade da crise climática (ou da "crise da actividade humana" máis ben, como ben apuntaban no documental): a das solucións. 🩵

Por último, agradecer a colaboración do concello pola aportación de material nesta xornada e ás nosas familias por sacar tempo e apoiarnos.

Vémonos en Nadal no IX Mercado Segunda Vida! 🎄💚

Onte estivemos coa rapazada do campamento de verán nunha pequena pero variada xornada medioambiental! 💚🩵Comezamos cun pa...
20/08/2026

Onte estivemos coa rapazada do campamento de verán nunha pequena pero variada xornada medioambiental! 💚🩵

Comezamos cun paseo polo Camiño Real poñendo a mirada no que habitualmente pasa desapercibido 🌿🌾, falando das diferenzas entre carballeira 🌳, piñeiral 🌲 e eucaliptal e abordando conceptos como biodiversidade, frondosidade, especies autóctonas e invasoras... Os incendios e a seca actuais por suposto tampouco quedaron a un lado e foron tema de conversa! 🔥🚱

Despois, tratamos a degradación e descomposición de residuos que podemos atopar tirados na rúa no día a día, véndoos de primeira man e buscando crear conciencia arredor das típicas mensaxes de que "tardan centos ou miles de anos en descomporse".

Finalmente, xogamos ao tradicional xogo do "pañuelo" edición reciclaxe ♻️, para poñer a proba os seus coñecementos sobre separación de residuos. Dende logo un 10/10! 💪🏼

Foi unha xornada moi divertida, e a cativada estivo moi atenta e colaborativa! 💯

Este sábado, tras o Mercado Segunda Vida, proxectaremos este primeiro episodio da serie "Hope! Estamos a tiempo", que fa...
19/08/2026

Este sábado, tras o Mercado Segunda Vida, proxectaremos este primeiro episodio da serie "Hope! Estamos a tiempo", que fala da outra metade da crise climática: a metade en que gañamos. 💚🩵

Será ás 20h no mesmo parque despois do espectáculo "Trío de Tres" organizado polo Concello, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. Se non, trasladarase ao Centro Colaborativo. Ao finalizar conversaremos un pouco sobre el!

Animádevos a vir! Haberá pinchos! 🧀🥖

Chega o VIII Mercado Segunda Vida!! 💚💙Terá lugar o sábado 22, de 11h a 19h no parque Rosalía de Castro.Despois do mercad...
10/08/2026

Chega o VIII Mercado Segunda Vida!! 💚💙
Terá lugar o sábado 22, de 11h a 19h no parque Rosalía de Castro.

Despois do mercado, este ano volveremos proxectar un pequeno documental de temática medioambiental, do que falaremos un pouco tras velo. Comezará sobre as 20h, no propio parque Rosalía de Castro, e haberá petiscos para picar algo! 🧀😉

Para deixar as cousas que xa non precisedes pero sigan sendo útiles podedes acudir ao centro colaborativo en horario de 9h a 14h ata o día anterior, venres 21.

Lembrade que o propósito deste mercado é o de darlle un novo uso a prendas e obxectos aos que outros xa non lle poden dar uso. Só algúns obxectos terán un prezo simbólico, pois o obxectivo é darlle unha segunda vida ás cousas antes de desbotalas. E os cartos recaudados irán destinados a causas sociais medioambientais. 🌍

Vémonos o 22 no parque!! 🙌

Moi contentas de compartir o manifesto Por un feminismo de irmás de terra para o 8M do que, un ano máis, formamos parte....
07/03/2026

Moi contentas de compartir o manifesto Por un feminismo de irmás de terra para o 8M do que, un ano máis, formamos parte.💜

Este manifesto foi posible grazas ao traballo colectivo de Colectivo Arterra, Blanca Casares Guillén, Lareira Social, Leire Milikua, Lucía López Marco, María Montesino, María Sánchez, Patricia Dopazo, Ada e Irea de REAMA Friol, Elisa Oteros e Ana Pinto Lepe de Jornaleras de Huelva en Lucha. Irmás de terra é un manifesto para o 8M que foi impulsado desde 2019, por María Sánchez e Lucía López Marco.

A ilustración é obra de Higinia Garay🏵️

Por un feminismo de todas.
Por un feminismo de irmás de terra!

Irmás de Terra é un proxecto colectivo e activista que se escribe, coida e difunde desde hai anos de maneira altruista, ...
13/02/2026

Irmás de Terra é un proxecto colectivo e activista que se escribe, coida e difunde desde hai anos de maneira altruista, fóra de marcos institucionais e sen financiación.

Cada 8 de marzo levantamos un manifesto para recoñecernos e acompañarnos. Desde os territorios, porque a emerxencia climática xa atravesa a terra, os corpos e as formas de vida rurais, e porque é urxente seguir defendendo a igualdade e a diversidade dos nosos territorios fronte ao seu baleiramento, a súa simplificación e o seu uso como espazos de sacrificio.

Aquí nomeamos e aquí nos sentimos máis unidas ca nunca. Aquí facemos fronte, compartimos os temores e rompemos o silencio. Reivindicamos que existen moitas maneiras de habitar o territorio, moitas ruralidades que dialogan, aprenden, constrúen, coidan e acollen. Porque necesitamos máis que nunca novas ruralidades cheas de feminismos, de agroecoloxía e de diversidade, pero tamén —como diciamos— de memoria, de interdependencia, de apoio mutuo, de esperanza e de alegría.

Para este 2026 queremos seguir sostendo o manifiesto sen precarizar máis o noso traballo: poder adicar tempo real á escritura colectiva, á edición e revisión, ás traducións, ao deseño —incluido o traballo da ilustradora— e aos coidados que fan posible este traballo común.

Abrimos este Ko-fi para poder continuar.

Se o Manifesto te acompaña, axúdanos a sostelo.
👉 https://ko-fi.com/hermanasdetierra

Dirección

Friol

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Reanima o Medio Ambiente publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Reanima o Medio Ambiente:

Compartir