Amigos da Terra de Montes

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Amigos da Terra de Montes Páxina da Asociación de Amigos da Terra de Montes e lugar de encontro dos socios e amigos da Asoci

¿*Chido*? ¿*Chamba*? 🇲🇽El canal de  llega a 46 millones de suscriptores y hace mundialmente reconocibles estas palabras ...
06/10/2026

¿*Chido*? ¿*Chamba*? 🇲🇽

El canal de llega a 46 millones de suscriptores y hace mundialmente reconocibles estas palabras mexicanas.

Pero en Terra de Montes encontramos una coincidencia fascinante: el *Verbo dos Canteiros* recoge **xido** —bueno, bonito, hermoso— y **chamba** —trabajo—.

¿Viajaron estas voces con los canteros emigrantes de nuestra tierra hacia México? Aún no podemos afirmarlo: es una hipótesis que necesita investigación. Pero la historia migratoria de Beariz y Terra de Montes convierte la pregunta en algo muy serio y muy nuestro.

La lengua de los canteros sigue viva. En la piedra, en la memoria y quizá también al otro lado del Atlántico.

Hoxe despedimos a Maxín Picallo, un xenio da nosa terra e un dos derradeiros discípulos de Asorey.Desde a Asociación de ...
29/09/2026

Hoxe despedimos a Maxín Picallo, un xenio da nosa terra e un dos derradeiros discípulos de Asorey.

Desde a Asociación de Amigos da Terra de Montes queremos expresar o noso fondo pesar polo seu pasamento e o noso máis sincero agradecemento polo seu maxisterio.

Maxín deixa na nosa comarca testemuños imperecedeiros da súa arte: a Muller Labrega, en Forcarei, e o Monumento á Esperanza do Regreso do Emigrante, e o canteiro en Beariz e Alvite. Dúas obras que honran a memoria, o esforzo e a dignidade da nosa xente.

O seu legado artístico é un orgullo para Terra de Montes e unha xoia que sempre coidaremos.

Que a terra lle sexa leve. Descanse en paz.

14/09/2026

A Asociación Amigos da Terra de Montes celebrou este sábado en Beariz a súa Xuntanza Anual, nunha xornada que transcorreu cunha ampla participación e cun ambiente de convivencia, recoñecemento e compromiso coa cultura da comarca. O encontro contou coa presenza de dous deputados provinciais de P...

12/09/2026

A Terra de Montes volveu reunirse hoxe en Beariz. 💚

A nosa Xuntanza Anual deixounos encontros, lembranzas e moitas razóns para seguir traballando pola cultura e pola memoria da comarca.

Parabéns a Roberto Vázquez Rodríguez, Lourdes Ovelleiro Garrido e Cándido Iglesias Sobrado, distinguidos este ano coas Medallas de Ouro da Asociación Amigos da Terra de Montes.

Grazas a todas as persoas que participastes, ás que colaborastes na organización e ás que, desde distintos lugares, seguídeslle dando vida a esta asociación.

Nos próximos días compartiremos máis imaxes e momentos da xornada. A Terra de Montes facémola entre todos e todas.

🔴 **ÚLTIMO DÍA PARA RESERVAR**Lembrámosvos que **hoxe, 7 de setembro, remata o prazo** para reservar o xantar da Xuntanz...
06/09/2026

🔴 **ÚLTIMO DÍA PARA RESERVAR**

Lembrámosvos que **hoxe, 7 de setembro, remata o prazo** para reservar o xantar da Xuntanza dos Amigos da Terra de Montes.

📅 Xuntanza: 12 de setembro
📍 Beariz
🍽️ Xantar: 40 €/persoa
☎️ 607 306 171

Se aínda non fixeches a túa reserva e queres acompañarnos, **hoxe é o último día**.

03/09/2026

🍽️ **Xantar da Xuntanza 2026**

Lembrámosvos que o prazo para reservar o **xantar de confraternidade do 12 de setembro en Beariz** remata o próximo **7 de setembro**.

💶 40 €/persoa
🕝 14:30 h
☎️ 607 306 171

Se tedes pensado acompañarnos, agradecemos que formalicedes a reserva dentro do prazo.

**Vémonos en Beariz!**

01/09/2026

**UNHA XORNADA PARA A TERRA DE MONTES**

O próximo **12 de setembro**, Beariz acollerá unha nova edición da Xuntanza dos Amigos da Terra de Montes.

Ao longo da mañá compartiremos:

⛪ **Misa de acción de grazas**

📋 **Asemblea Xeral Ordinaria**

🗣️ Conferencia **«O Verbo dos Canteiros, patrimonio inmaterial da Terra de Montes»**

🌿 **Ofrenda floral ao Verbo dos Canteiros**

🏅 Entrega das **Medallas de Ouro 2026** a Roberto Rodríguez Vázquez, Lourdes Ovelleiro Garrido e Cándido Iglesias Sobrado

🍽️ E ás **14:30 h**, o tradicional **xantar de confraternidade**.

📍 Beariz · 12 de setembro
💶 Xantar: **40 €/persoa**
⏳ Reservas ata o **7 de setembro**
☎️ 607 306 171

**Agardámosvos para compartir este día con nós.**

30/08/2026

**UN DÍA PARA VOLVER ATOPARNOS**

A Xuntanza dos Amigos da Terra de Montes é moito máis ca unha data no calendario.

É o momento de volver atoparnos socios, veciños, amigos, emigrantes e persoas que, vivan onde vivan, manteñen o seu vínculo coa **Terra de Montes**.

Este ano será **Beariz** quen nos acolla para compartir unha xornada de cultura, patrimonio, recoñecemento e convivencia.

📅 **12 de setembro**
📍 **Beariz**
🍽️ Xantar de confraternidade: **40 €/persoa**
⏳ Reservas ata o **7 de setembro**
☎️ 607 306 171

**Porque unha terra tamén se constrúe mantendo vivos os vínculos entre a súa xente.**

📅 **O 12 DE SETEMBRO, A TERRA DE MONTES REÚNESE EN BEARIZ**A Asociación de Amigos da Terra de Montes celebra a súa **Xun...
28/08/2026

📅 **O 12 DE SETEMBRO, A TERRA DE MONTES REÚNESE EN BEARIZ**

A Asociación de Amigos da Terra de Montes celebra a súa **Xuntanza Anual 2026**, unha xornada para reencontrarnos, compartir e seguir fortalecendo os vínculos que nos unen arredor da nosa historia, cultura e identidade.

O programa reunirá patrimonio, vida asociativa, homenaxes e convivencia, coa conferencia dedicada ao **Verbo dos Canteiros**, a ofrenda floral e a entrega das **Medallas de Ouro 2026** a Roberto Rodríguez Vázquez, Lourdes Ovelleiro Garrido e Cándido Iglesias Sobrado.

E, como cada ano, remataremos compartindo o **xantar de confraternidade**.

📍 **Beariz**
📅 **12 de setembro**
🍽️ **Xantar: 40 €/persoa**
⏳ **Reservas ata o 7 de setembro**
☎️ **607 306 171**

Consulta no cartel o programa completo.

**Agardámosvos en Beariz.**

**🍂 A Xuntanza da Terra de Montes agárdate en Beariz! 💚**A Xuntanza é moito máis ca unha festa: é un encontro para celeb...
24/08/2026

**🍂 A Xuntanza da Terra de Montes agárdate en Beariz! 💚**

A Xuntanza é moito máis ca unha festa: é un encontro para celebrar todo o que nos une como pobo. A nosa lingua, o noso patrimonio, as nosas tradicións e a nosa maneira de entender a Terra de Montes.

Ao longo da xornada gozaremos de homenaxes, conferencias e do tradicional Xantar da Xuntanza, nun ambiente de convivencia e orgullo pola nosa identidade.

📅 **12 de setembro**
📍 **Beariz**

**Vén compartir con nós un día inesquecible. Porque a cultura vive cando a vivimos xuntos.**

Dirección

Forcarey

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Amigos da Terra de Montes publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Amigos da Terra de Montes:

Atajos

Compartir