10/11/2025
Desde Asociación Movilidad Humana falamos desde a realidade que coñecemos de primeira man: as mulleres migrantes que traballan no fogar e nos coidados sosteñen miles de fogares en Galicia mentres continúan atrapadas en precariedade, silencios impostos e falta de dereitos. Esta non é unha reivindicación simbólica: é unha débeda social urxente con mulleres que sosteñen a vida enquanto lidan con racismo, informalidade, explotación e cargas que ninguén máis quixo asumir.
As nosas compañeiras coidan persoas maiores, crianzas, fogares enteiros… pero viven sen protección real, con contratos inexistentes ou abusivos, con salarios por baixo do digno, con medo a denunciar, e cunha carga emocional e corporal que nunca se compensa. Esta é a verdade que queremos poñer enriba da mesa, sen edulcorar.
Por iso este 14 e 15 de novembro, no Centro Etnográfico Río Mandeo (Teixeiro – A Coruña), realizamos a Xornada de Mulleres Lideresas Migrantes no Emprego do Fogar e os Coidados. Un encontro necesario, político e comunitario onde falaremos desde a raíz: dereitos laborais negados, saúde mental ferida, corpos esgotados, regularización, racismo institucional, explotación nos coidados e a forza organizativa das que, mesmo así, seguimos en pé.
Este espazo non é só para formar ou sensibilizar: é para visibilizar o que leva décadas oculto, para dicir alto que sen as mulleres migrantes nada funciona.
E tamén para lembrar que non pedimos favores: exiximos dereitos, recoñecemento e reparación social.
Convidamos á sociedade galega e española a escoitar, mirar de fronte esta realidade e asumir que o emprego do fogar e os coidados é un eixo central da vida colectiva. Honrar esta verdade é comezar a saldar a débeda social que este país ten coas mulleres que o manteñen en pé.
Organiza: Deputación da Coruña
Executa: Asociación Movilidad Humana
Foro Galego de InmigraciónParroquia Santa Cruz CanidoSusana Lopez AbellaEscola de Participación de NarónDelegación Diocesana de Migrantes y Refugiados Mondoñedo - FerrolCentro Cívico de CanidoCalala Fondo de MujeresRede Galega en Apoio ás Persoas RefuxiadasLucia TeixeiroIgualdade en GaliciaRed de Mujeres Latinoamericanas y del CaribeEntreculturas A CoruñaConcello de NarónRadioVoz FerrolSol da PoçaFundaçom Artábria@