A Asociación de Xóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume y Ortegal nace no ano 2003 a iniciativa dun grupo de empresarios que se unen non só para representar e defender os intereses profesionais dos seus membros senón tamén, para promover e fomentar a cultura empresarial e emprendedora da Comarca, coa finalidade de estimular o autoemprego e contribuír dalgún xeito a mellorar a situación económica
e industrial actual. Dende esta posición privilexiada de contacto continúo e acercamento cos empresarios e emprendedores da comarca, AJE Ferrolterra vai organizar a II Edición Premios Ferrolterra Emprende co obxecto de premiar a laboura dos empresarios xóvenes e o seu espírito de loita, fomentar a cultura empresarial, colaborar no desenvolvemento do noso entorno….. valorando o conxunto de atributos que levan a que unha empresa este consolidade e sexa viable. Os premiados de esta edición beneficiaranse da posibilidade de optar ao Premio Xoven Empresario de Galicia que se organiza de maneira anual pola Federación Galega de Xóvenes Empresarios (FEGAXE)
Este evento terá lugar o 23 de novembro no “Centro Torrente Ballester” en Ferrol e polo anteriormente citado dende a nosa Asociación consideramos crucial a participación dos diferentes axentes sociais e económicos de Ferrolterra
Ademais consideramos que é unha oportunidade de comunicación e conexión na traxectoria de todos os nosos asociados, por elo creemos moi valioso contar coa vosa presencia para intercambiar intereses e inquedanzas que é realmente o verdadeiro destino de AJE Ferrolterra.