Ateneo Ferrolán

Ateneo Ferrolán Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.
(11)

O Ateneo Ferrolán, como entidade sen fin de lucro, ocupa hoxe un dos primeiros lugares como dinamizador da nosa cultura en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a traves das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións...

Así, o Ateneo Ferrolán ven tentando dar unha resposta cultural ás necesidades dunh

a cidade galega, coas súas características de seu, como é Ferrol e a súa comarca. Velaí que tódalas súas actividades desenvolvense en función dunha demanda social concreta ó servicio da cal orientamos os nosos esforzos. Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en idioma galego, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, no noso idioma, en galego. Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuito, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán. A sede do Ateneo Ferrolán, esta ubicada nun edificio histórico so século XVIII, enclavado no tamén historico "Barrio da Magdalena" e na rúa Magdalena no nº 202-204, a cincuenta metros do Mercado Central, e que foi restaurado polos arquitectos Alfredo Alcalá e Francisco Iglesias. Grazas á constancia e ao empuxe dos socios e socias e coa colaboración do Concello, do M.O.P.U., de Caixa Galicia e do arquitecto D. Alfredo Alcalá Navarro, en 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762); trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena. Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación. Magnificamente restaurado e habilitado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o desenvolvemento das súas actividades culturais dentro do histórico Barrio da Magdalena.

Dirección

Rúa Magdalena 202/204
Ferrol
15402

Horario de Apertura

Lunes 11:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Martes 11:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Miércoles 11:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Jueves 11:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Viernes 11:00 - 13:30
17:00 - 21:00
Sábado 10:30 - 13:30

Teléfono

981357970

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Ateneo Ferrolán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Ateneo Ferrolán:

Compartir