16/07/2026
Nota da A.C. Memoria Histórica Democrática.
A PISTA DE SKATE E O MEMORIAL DAS VÍTIMAS DA DITADURA.
Hoxe, 15 de xullo, celebrouse no Concello de Ferrol sesión extraordinaria e urxente do Consello Municipal da Memoria Democrática, para abordar a construción dunha pista de skate no Parque Antón Varela de Canido, en zona contigua ao Memorial das Vítimas da Ditadura, un dos espazos integrantes de Ferrol Cidade da Memoria, denominación ao amparo da Lei de Memoria Democrática de 2022.
Asistiu, por invitación do Tenente de Alcalde Presidente do Consello, o presidente da Asociación Veciñal de Canido que se manifestou a favor do proxecto de construción do Partido Popular, deixando de manifesto que isto se corresponde cunha decisión da súa directiva, ao marxe dos veciños do barrio que non foron consultados.
Asisitíu tamén, tras solicitalo por Rexistro, a Asociación Fuco Buxán que se manifestou en contra desta construción, coincidindo cos restantes membros do Consello: Grupos Municipais do PSOE, BNG e FeC, Historiadores: Bernardo Máiz e Xosé Manuel Suárez (este manifestouse e votou por Rexistro), Ateneo Ferrolán e A.C. Memoria Histórica Democrática.
Tras expoñer a oposición ao proxecto as súas consideracións negativas respecto á instalación nese lugar, en razón á proximidade e incompatibilidade co Memorial e a súa contorna como integrante do espazo Ferrol Cidade da Memoria e da destrución dunha zona verde, importante para o barrio, que a fará incompatible con outros usos.
Propúxose así mesmo a paralización do proceso de licitación e a procura doutro lugar alternativo.
Nada de isto foi aceptado polo Partido Popular, procedéndose á votación dos mebros que poden exercer ese dereito, sendo o resultado de 7 votos (6 presenciáis e 1 por rexistro) en contra da instalación nese lugar e un a favor.
A pesar diso o Partido Popular - ao contar con 13 votos contra 12 no Pleno – manifestóu que seguirá adiante con este despropósito.
A oposición celebrará proximamente unha reunión e das medidas acordadas nela darase comunicación. A partir de aquí se prevee que a oposición activa será imprescindible así como a unidade de quen, con sentido común, vemos todo isto improcedente. Continuaremos informando