28/09/2026
🔴 O metal de Lugo vai á folga.
CIG, UGT e CCOO convocamos dúas xornadas de folga no siderometal e no comercio do metal da provincia os días 14 e 21 de outubro, ante a falta de avances na negociación dos dous convenios colectivos.
A patronal segue sen presentar unha proposta salarial nin de redución de xornada á altura das necesidades do persoal. Mentres medra o custo da vida, as persoas traballadoras non poden continuar perdendo poder adquisitivo nin agardando por unhas condicións laborais dignas.
📍 Antes das folgas, concentración o 1 de outubro ás 13:00 horas, nas rotondas de acceso ao Polígono do Ceao.
Reivindicamos subas do 7 % por cada ano de vixencia, cláusula de revisión anual conforme ao IPC máis 1 punto, redución da xornada, melloras nas baixas, licenzas, prevención e seguridade, e medidas contra a precariedade.
Se o 9 de outubro non hai movementos significativos na mesa de negociación, o sector responderá con contundencia. Porque os convenios dignos conquístanse coa organización e coa mobilización.
📢 Comparte e participa.