Agem Asociación Galega Empresas Musicais

Cómo llegar Página web

Agem Asociación Galega Empresas Musicais A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) nace no ano 2007 para defender os intereses profesion

A Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) nace no ano 2007 para defender os intereses profesionais das empresas galegas que proveen servicios no ámbito da música ao vivo, incluíndo productores, promotores, managers e axentes

A industria musical galega medra grazas ao talento, ao compromiso e ao esforzo compartido de quen a constrúe cada día.Re...
16/10/2026

A industria musical galega medra grazas ao talento, ao compromiso e ao esforzo compartido de quen a constrúe cada día.

Recibir o Premio da Cultura Galega 2026 na categoría de Música é unha inmensa alegría para todas as empresas e profesionais que formamos a AGEM. Un recoñecemento á nosa traxectoria colectiva e ao empeño compartido por construír unha industria musical de Galicia forte, diversa e con futuro.

Grazas a quen nos concede este galardón e a todas as persoas que forman parte deste camiño. Parabéns tamén ao resto de premiadas e premiados.

Seguimos facendo música. Seguimos facendo cultura. 💙

A música galega vive un gran momento... e agora temos un lugar para encontrarnos. ✨ Nace PALCO, o primeiro punto de enco...
26/06/2026

A música galega vive un gran momento... e agora temos un lugar para encontrarnos.

✨ Nace PALCO, o primeiro punto de encontro da industria musical que se celebrará en Galicia, impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Xunta de Galicia.

Así, do 3 ao 5 de novembro, Santiago de Compostela converterase no escenario onde artistas, empresas, festivais, salas, programadore/as, institucións e profesionais compartirán coñecemento, crearán novas oportunidades e seguirán facendo medrar a música galega.

Hoxe presentamos oficialmente un proxecto nacido do diálogo e da colaboración do propio sector nun acto celebrado na Cidade da Cultura, sede do encontro, coa participación de Patricia Hermida, presidenta de AGEM; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Marcos Gómez Román, comisario do Xacobeo 2027; e Daniel Vázquez, presidente de AGATEC, arroupados por numerosas entidades, profesionais e axentes do ecosistema musical galego que forman parte deste proxecto colectivo.

🎖️ Charlas, obradoiros, presentacións, concertos, reunións, mesas de traballo... E ademais, PALCO acollerá a segunda edición dos Premios da Industria Musical de Galicia, que pasan a chamarse Premios PALCO. Será o 5 de novembro na Sala Capitol.

E isto é só o comezo. Nas vindeiras semanas abriremos as primeiras convocatorias para formar parte de PALCO en palco.gal:
• Programación artística (1 ao 31 de xullo).
• Presentacións breves | Pitchings (1 ao 31 de agosto).
• Acreditacións profesionais (desde o 1 de agosto).

📅 O 3 ao 5 de novembro de 2026 Galicia conecta a Industria Musical.

🎵 A Cidade da Cultura acolleu a presentación de PALCO, o primeiro punto de encontro da industria musical que se celebrar...
26/06/2026

🎵 A Cidade da Cultura acolleu a presentación de PALCO, o primeiro punto de encontro da industria musical que se celebrará en Galicia do 3 ao 5 de novembro de 2026. Un acto no que participaron Patricia Hermida, presidenta de AGEM; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; Marcos Gómez Román, comisario do Xacobeo 2027; e Daniel Vázquez, presidente de AGATEC, acompañados por entidades, profesionais e axentes do ecosistema musical galego.

Unha idea compartida marcou todas as intervencións: a música galega vive un gran momento e PALCO nace para fortalecer a conexión entre os seus profesionais, xerar novas oportunidades e seguir impulsando o desenvolvemento da industria musical en e desde Galicia.

📍 Santiago de Compostela - 3 ao 5 de novembro de 2026

🔗 palco.gal

📷 Mónica Arcay Carro

18/06/2026

🎵 As bolsas formativas O Noso Canto capacitarán a mulleres para impulsar a súa incorporación á industrial musical

🎚️ O programa está enfocado á formación en áreas técnicas, as máis masculinizadas do sector, co obxectivo de aumentar a presenza feminina nestes espazos

🗓️ Prazo de solicitude aberto ata o 10 de xuño

ℹ️ Toda a info en agem-musica.com

Un escudo no peito. Ese é o sentir do talento da industria musical de Galicia cando falamos de nós mesmas e de nós mesmo...
18/06/2026

Un escudo no peito. Ese é o sentir do talento da industria musical de Galicia cando falamos de nós mesmas e de nós mesmos.

Fomos quen de demostrar a nosa valía, a nosa resiliencia e o noso compromiso co sector ao longo de todos estes anos. Un esforzo colectivo que contribuíu a fortalecer unha actividade esencial para a cultura, a economía e a cohesión do noso territorio.

Tocaba afondar, reflexionar e definir o camiño que queremos construír a partir de agora. Trazar unha folla de ruta compartida que nos permita seguir avanzando, consolidar o noso papel como industria e proxectar cara ao exterior a calidade, a diversidade e o potencial que xa existe dentro de Galicia.

Hoxe, Agem tivo a honra de presentar o Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia 2030 xunto ás entidades que forman parte deste camiño común: Agatec.Gal, Músicas Ao Vivo - MAV, , Clubtura e .

Un documento construído desde o consenso, a escoita e a participación do conxunto do sector, chamado a converterse na folla de ruta para os vindeiros anos.

Porque a vertebración da industria musical de Galicia non é un destino, senón unha responsabilidade compartida. E hoxe demos un paso decisivo para facela realidade.

Gracias a Axencia Galega das Industrias Culturais e Cultura de Galicia por poñer todas as ferramentas necesarias para articulalo e por tendernos a man para o resto do camiño!

🎛️ remix de Mangüeiro de Baiuca feito por Barry Can’t Swim

A convocatoria das bolsas formativas O Noso Canto, impulsada pola AGEM e a Consellería de Política Social e Igualdade da...
11/06/2026

A convocatoria das bolsas formativas O Noso Canto, impulsada pola AGEM e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, pecha o seu prazo de inscrición cun total de 92 solicitudes.

Unha cifra que confirma a necesidade de continuar promovendo iniciativas que impulsen a igualdade de oportunidades dentro da industria musical de Galicia.

Queremos agradecer a confianza de todas as solicitantes e o compromiso da Consellería de Política Social e Igualdade coa creación de ferramentas reais para favorecer o acceso, a profesionalización e o desenvolvemento do talento feminino no sector.

Agora comeza a seguinte etapa. ✨✨

Igualdade en Galicia

29/05/2026

🎵 Visibilizar a referentes e impulsar o talento son claves para a incorporación de máis mulleres profesionais á industria musical

🎤 Lara Rodríguez, do grupo Broken Peach, fala da importancia das bolsas formativas O Noso Canto, que fomentan a presenza feminina neste eido

🗓️ Prazo de solicitude aberto ata o 10 de xuño

ℹ️ Toda a info en https://agem-musica.com/

Desde a Agem, e sempre da man do tecido asociativo do sector,  ,  e .gal , queremos construir unha industria forte, comp...
28/05/2026

Desde a Agem, e sempre da man do tecido asociativo do sector, , e .gal , queremos construir unha industria forte, competitiva e talentosa.

Nada deso pode ocurrir se non poñemos a mirada no foco preciso. Con ambición, afrontamos novos retos, pero tamén analizamos as eivas que temos que superar.
Porque a industria musical de Galicia non quere deixar a ninguén atrás.

Froito dese compromiso e xunto con nacen as bolsas formativas O Noso Canto que impulsarán a incorporación de mulleres profesionais nos ámbitos máis masculinizados da industria musical.

☑️ 3 itinerarios: técnico, creativo, produción e xestión.
☑️ formación mixta: presencial e en liña.
☑️ inscrición ata o 10 de xuño

Toda a info en www.agem-musica.com

Dirección

Fene
15500

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Agem Asociación Galega Empresas Musicais publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir