Enxebre Grove

Cómo llegar Contactar con la organización

Enxebre Grove Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Enxebre Grove, Organización sin ánimo de lucro, O Grove.

Unha Asociación Cultural e Xuvenil, dividida en "Microcosmos":
-TeatroEnxebre: esta é a compañía de teatro da Asociación
-Artenxebre: grupo de programadores que organizan as actividades do noso pequeno salón de teatro.
-EtnoEnxebre: estudio da historia e das tradicións.
-TallerEnxebre: ensinanzas das artes escénicas.
-LetraEnxebre: O mundo da literatura no mais amplo significado da palabra.

📢 EHHH! Que volvemos coa obra 𝗢 𝗠𝗘𝗖𝗢! 🪾Se non pudeches vir á estrea ou queres volver a repetir, anota as datas e non que...
09/10/2026

📢 EHHH! Que volvemos coa obra 𝗢 𝗠𝗘𝗖𝗢! 🪾

Se non pudeches vir á estrea ou queres volver a repetir, anota as datas e non quedes sen a túa entrada!

🗓️ 13 e 14 de novembro
📍 Auditorio do Grove
🎟️ Entrada 10€

Pases dispoñibles nos puntos de venda indicados e no propio auditorio dende 1 hora antes de cada función.

🎭 Unha adaptación teatral e musical do grupo de teatro Enxebre e da Banda de Música do Grove da obra "O señor feudal ou quen matou ao Meco?".

🤲🏼 Gracias a Afasal Arousa por contar con nós nunha gala tan especial e emotiva.🤗 Foi un placer compartir escenario co r...
16/09/2026

🤲🏼 Gracias a Afasal Arousa por contar con nós nunha gala tan especial e emotiva.

🤗 Foi un placer compartir escenario co resto de participantes poñendo o noso gran de area a través do teatro.

📷 E gracias tamén a Paco Luna por estas imaxes coas que gardar para sempre este recordo ❤️‍🩹

🫂 Este sábado 12 de setembro estaremos na Gala Solidaria organizada por AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de ...
09/09/2026

🫂 Este sábado 12 de setembro estaremos na Gala Solidaria organizada por AFASAL (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer) para colaborar con esta causa tan necesaria.

🎭 Dende Enxebre participaremos cunha breve peza teatral sobre a temática, creada para a ocasión con moito cariño.

🎶 E ademais, estaremos acompañados/as de outros/as artistas e disciplinas que non podedes perder!

📍 Auditorio do Grove
⏰ 20:00 h
🎟️ Entrada solidaria de 5€

𝗡𝗢𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗟𝗔𝗕𝗥𝗔𝗦 🩵💐 Na vida hai momentos que son un verdadeiro regalo e este fin de semana foi un deles. É difícil res...
21/05/2026

𝗡𝗢𝗡 𝗧𝗘𝗠𝗢𝗦 𝗣𝗔𝗟𝗔𝗕𝗥𝗔𝗦 🩵

💐 Na vida hai momentos que son un verdadeiro regalo e este fin de semana foi un deles. É difícil resumir todo o que sentimos, pero estamos moi felices e emocionados/as.

Despois de tres días de funcións con entradas esgotadas, da enorme acollida e cariño do público, de todo o esforzo, traballo e sacrificio destes meses, só nos queda dar as gracias e desexar que a disfrutárades case tanto coma nós.

💫 Foi unha enorme honra facer realidade esta obra tan importante para a nosa vila, e un verdadeiro luxo poder realizala xunto á Banda de Música do Grove, e coa colaboración tamén de Cinco en Zocas.

Gracias de corazón a todas as persoas implicadas, a todas e cada unha 🫂

🤩 Moitas grazas a Todogrove pola reportaxe!
17/05/2026

🤩 Moitas grazas a Todogrove pola reportaxe!

📰
17/05/2026

📰

La agrupación Enxebre colgó el cartel de «no hay billetes» para las tres funciones de su producción sobre la figura del hombre ajusticiado por el pueblo

HOXE É O DÍA! 😍
15/05/2026

HOXE É O DÍA! 😍

“O MECO. UNHA LENDA VIVA” CHEGARÁ AO AUDITORIO DO GROVE CUNHA GRAN ACOLLIDA DE PÚBLICO

[Todogrove 14/05/2026]
A Asociación Cultural Enxebre estreará os vindeiros 15, 16 e 17 de maio no Auditorio Municipal do Grove a produción teatral e musical “O Meco. Unha lenda viva”, un proxecto que recupera e reinterpretará unha das lendas máis emblemáticas da memoria colectiva grovense.

A proposta supón ademais a primeira colaboración conxunta entre a Asociación Cultural Enxebre e a Banda de Música do Grove nun espectáculo de gran formato, no que ambas entidades levan meses traballando.

Segundo informou a organización, a resposta do público está sendo moi positiva, ata o punto de que as entradas para a funcións do sábado e do venres están agotadas. Só quedan para o domingo, e poden mercarse por 10 euros en Casa Abel, Copyman, Essenzial Home, Abril e no auditorio dende 1 hora antes de cada función.

Desde Enxebre destacan a ilusión e o compromiso postos nesta produción, que busca poñer en valor a tradición oral e cultural do Grove a través dunha nova posta en escena arredor da figura do Meco.

A estrea chega ademais despois das recentes conferencias e actividades culturais organizadas arredor da lenda do Meco e da súa reinterpretación histórica, converténdose nun dos eventos culturais máis destacados deste mes no municipio.

10/05/2026

🤷🏻‍♀️ Hooome, eló non?

𝗢 𝗠𝗘𝗖𝗢
🗓️ 15, 16 e 17 de maio
📍 Auditorio do Grove

🎟️ Entradas en:
- Casa Abel
- Galería Besada
- Copyman
- Essenzial Home
- Abril
- No auditorio dende 1h antes de cada función

Banda de Música do Grove
Cinco en Zocas

✨ 𝗘𝗗𝗜𝗖𝗜𝗢𝗡 𝗟𝗜𝗠𝗜𝗧𝗔𝗗𝗔🖼️ Gustaríache ter unha peza orixinal da imaxe do noso cartel realizada pola artista meca Xoana Almar ...
08/05/2026

✨ 𝗘𝗗𝗜𝗖𝗜𝗢𝗡 𝗟𝗜𝗠𝗜𝗧𝗔𝗗𝗔

🖼️ Gustaríache ter unha peza orixinal da imaxe do noso cartel realizada pola artista meca Xoana Almar (Cestola)?

🫟 Técnica risográfica, asinadas pola artista, prezo 30€.

📍 Poderás conseguilas no Auditorio do Grove durante os días das funcións (15, 16 e 17 de maio) e na tenda Oficina Rúa de Santiago.

Un recordo único 🩵

Dirección

El Grove

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Enxebre Grove publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Enxebre Grove:

Atajos

Compartir