Asoc. Cult. Penaguda de Dena

Asoc. Cult. Penaguda de Dena Música 🎶e baile 💃 tradicional galego
🫂Defendemos o promovemos o patrimonio cultural material e inmateria
Estamos no Culturea‼️

Sempre é un pracer bailar no día do Carme en Dena, grazas por contar con nós un ano máis🤍
18/07/2026

Sempre é un pracer bailar no día do Carme en Dena, grazas por contar con nós un ano máis🤍

O sábado tocou alborada👣  polas rúas de Dena e actuación en conxunto cos Danzantes de Cobas🕺 polo San Cristovo🚙.Grazas á...
15/07/2026

O sábado tocou alborada👣 polas rúas de Dena e actuación en conxunto cos Danzantes de Cobas🕺 polo San Cristovo🚙.
Grazas á A.C. Comisión de festas de Dena por contar con nós✨

De novo... grazas. ❤️Grazas aos nosos mestres, Pichi Abollado Fernandez , Maria Vidal e Rober Sotelo, por se entregar, u...
04/07/2026

De novo... grazas. ❤️

Grazas aos nosos mestres, Pichi Abollado Fernandez , Maria Vidal e Rober Sotelo, por se entregar, unha vez máis, en corpo e alma para transmitirnos a paixón polo noso. Grazas por facer posible que saian cousas tan fermosas e por axudar a crear un grupo tan especial. 🫂

Grazas a todas e cada unha das nosas alumnas e alumnos. Foi unha tarde chea de nervios, risas e, sobre todo, de moito esforzo. Grazas por querer amosar todo o aprendido durante o curso. Parabéns polo voso traballo e pola ilusión que puxestes. 💝

Grazas a Iria Simón por conducir e presentar o festival con tanto cariño nun día tan especial. 🎤💐

Grazas a Pablo Fandiño por inmortalizar tantos momentos. Levaremos estes recordos connosco durante moito tempo. 🎞️

Grazas tamén a todos os colaboradores que fixeron posible este festival:
🎁 Reboliña, Xoguetaría HyO, MissTradi, Mis Maytadas, Ailae Estudo, Obradoiro Xesteira, Dinamia, O Fiolato, Eiras da Tomada, Frutas Dena, Carnicería Serantes, Floristería Rosa, Viveiros Outón e Libraría Musa.

E, por suposto, grazas a todas as persoas que mercastes rifas durante o serán do sábado 20 e o festival do domingo 28. 🎟️ Se este ano non houbo premio... xa sabedes, o ano que vén haberá que mercar algunha máis! 🤪

Grazas ao Concello de Meaño pola súa dispoñibilidade, por cedernos a 📍Alameda e por facilitarnos as cadeiras. 🪑

Agora toca descansar e contar os días para dar comezo ó novo curso, vémonos de seráns! 💖

01/07/2026
01/07/2026
Ahí van as primeiras fotos deste XXIII Encontro de Baile e Música Tradicional Galega de Penaguda🌟🎁Os afortunados dos sor...
01/07/2026

Ahí van as primeiras fotos deste XXIII Encontro de Baile e Música Tradicional Galega de Penaguda🌟

🎁Os afortunados dos sorteos do domingo levaron para casa os seguintes agasallos:

• Un vale 20€ 🍽️ para canxear na Taberna O Fiolato
• Unha pranta🪴 doada por Floristería Rosa
• Unha sandía🍉 e un melón🍈 doados por Frutas Dena Frutas Dena
• Un lote ben larpeiro😋 doado por Carnicería Serantes
• 2 lotes de xoguetes 🧸🪀 doados pola xoguetería HyO
• Unha consulta doada pola clínica Reboliña👣
• Unha consulta doada por Dinamia DB✨

Grazas ós colaboradores, que un ano máis aportan o seu granciño de area para facer do día ainda máis especial💫

Agradecer ó Concello de Meaño a dispoñibilidade da praza e por cedernos as cadeiras👏🏼

Dirección

Dena

Teléfono

633334170

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asoc. Cult. Penaguda de Dena publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Asoc. Cult. Penaguda de Dena:

Atajos

Compartir