Corpus Christi Cuntis

Corpus Christi Cuntis Estimados veciñ@s:
Como xa saberedes, neste 2022 e futuras edicións, seremos unha organización única para o Corpus de Cuntis. Un saúdo

Agardamos vos gusten as propostas que iremos plantexando.

🌸 O Corpus 2026 necesita de todos nós 🌸Para seguir mantendo viva esta fermosa tradición e enchendo as nosas rúas de cor ...
01/06/2026

🌸 O Corpus 2026 necesita de todos nós 🌸

Para seguir mantendo viva esta fermosa tradición e enchendo as nosas rúas de cor e fe, precisamos da colaboración de todos.

Se queres participar, podes facer durante esta semana o ingreso de 20€, indicando nome, apelidos e enderezo.

Toda colaboración é importante e moi necesaria. Grazas por formar parte do Corpus!



Este 6 de xuño ás 00:00h, prepárate para vivir unha gran noite con La Banda de Ayer 🎤🔥Porque no Corpus… a festa tamén se...
31/05/2026

Este 6 de xuño ás 00:00h, prepárate para vivir unha gran noite con La Banda de Ayer 🎤🔥

Porque no Corpus… a festa tamén se canta! 🎶

📍 Cuntis
🕚 00:00h



ESTE CORPUS… QUE NON PARE A FESTA! 🎶A LOUBAND chega a Cuntis para poñer a vila patas arriba!Metais a todo volume, ritmo ...
28/05/2026

ESTE CORPUS… QUE NON PARE A FESTA! 🎶
A LOUBAND chega a Cuntis para poñer a vila patas arriba!
Metais a todo volume, ritmo nas pernas e ganas de festa.
Co seu directo explosivo fusionan ska, cumbia, pop, rock, reggae e os grandes himnos dos 80 e 90 para converter as rúas de Cuntis nunha auténtica verbena.
🕘 Dende as 21:00h percorrendo as rúas da vila
🎤 Dende as 23:00h concerto na Praza da Feira Porque cando soa a Louband… ninguén queda sentado e todo Cuntis acaba bailando!
Ven vivir unha noite de música, troula e moita festa no Corpus de Cuntis!



Gran Tardeo de Corpus! Teremos barra de cócteles.Non o perdas!
27/05/2026

Gran Tardeo de Corpus! Teremos barra de cócteles.
Non o perdas!


O Corpus en Cuntis tamén é cousa da cativada!Este sábado 6 de xuño temos unha cita chea de cor, imaxinación e sorrisos 🖌...
25/05/2026

O Corpus en Cuntis tamén é cousa da cativada!

Este sábado 6 de xuño temos unha cita chea de cor, imaxinación e sorrisos
🖌️ Pintacaras
✂️ Manualidades infantís
🕡 Ás 18:30 h
📍 Na Praza das Árbores

Porque as festas tamén se viven coas mans cheas de pintura, a cara convertida en bolboreta e os petos gardando pequenas obras de arte ✨

Vinde pasar unha tarde bonita en familia e facer do Corpus un recordo para levar posto 😄🌿 PlansEnFamilia Galiza

6xuño
CorpusChristi
Cuntis2026

18/05/2026
O Coro de Arcos de Furcos foi fundado no ano 2014. Dende entón, participa principalmente na animación musical da misa do...
29/04/2026

O Coro de Arcos de Furcos foi fundado no ano 2014. Dende entón, participa principalmente na animación musical da misa dominical da parroquia, contribuíndo a dar maior solemnidade e beleza ás celebracións relixiosas.

Ademais, tamén colabora e participa en diversos eventos organizados polo Concello de Cuntis, formando parte activa da vida cultural e social da contorna.



Coral Santa Eulalia de PortelaCreada no 2013, por un grupo de veciñas e veciños. O seu director é Santiago Touceda.Conta...
24/04/2026

Coral Santa Eulalia de Portela
Creada no 2013, por un grupo de veciñas e veciños. O seu director é Santiago Touceda.
Contan cun variado repertorio relixioso e tamén profano.



A Asociación Cultural “Coro Cantares das Burgas de Cuntis” foi creada no ano 1998 por un grupo de amigos e amigas cunha ...
23/04/2026

A Asociación Cultural “Coro Cantares das Burgas de Cuntis” foi creada no ano 1998 por un grupo de amigos e amigas cunha gran afección polo canto que decidiron unirse.

Na actualidade, contan cun variado repertorio que inclúe pezas tanto de carácter relixioso como profano, co que participan en distintos certames, iniciativas solidarias e actuacións en contextos relixiosos.



Dirección

Cuntis

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Corpus Christi Cuntis publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir