ANPA ALÉN

ANPA ALÉN Asociación de pais e nais do CEIP "Praia de "Quenxe" de Corcubión (A Coruña)

Para celebrar o Día do Libro tivemos a sorte de participar nunha actividade de encuadernación no centro Aspadex, organiz...
16/05/2026

Para celebrar o Día do Libro tivemos a sorte de participar nunha actividade de encuadernación no centro Aspadex, organizada pola ANPA Alén e coa colaboración e participación do profesorado e alumnado do CEIP Praia de Quenxe.

Estivemos encantadas coa experiencia: os nenos e as nenas aprenderon, desfrutaron e compartiron unha xornada chea de creatividade, convivencia e valores.

Foi un día moi especial para todo o alumnado, que puido vivir unha experiencia diferente e enriquecedora da man de Aspadex. Un verdadeiro privilexio poder contar cun centro así na nosa comarca 💙

Será sobre encadernación artesanal e levarase a cabo este venres 15 de maio

Esperámosvos!
15/05/2026

Esperámosvos!

10/05/2026
📢 ANPA AlénDende a ANPA Alén queremos expresar o noso apoio firme á mobilización da comunidade educativa en defensa do e...
30/04/2026

📢 ANPA Alén

Dende a ANPA Alén queremos expresar o noso apoio firme á mobilización da comunidade educativa en defensa do ensino público.

Sumámonos ás reivindicacións do persoal non docente, do profesorado, do alumnado e das familias, que día a día sosteñen con esforzo e compromiso o funcionamento dos centros educativos.

O ensino público é un piar fundamental da nosa sociedade e debe estar dotado dos recursos humanos e materiais necesarios para garantir unha educación de calidade, inclusiva e equitativa para todo o alumnado, independentemente da súa situación.

Rexeitamos calquera recorte ou deterioro das condicións laborais e educativas que afecten á comunidade escolar.

Defender o ensino público é defender o futuro das nosas crianzas.

📚✊ Continuaremos a loitar xuntas e xuntos por unha escola pública forte, digna e de calidade.

ANPA Alén

10/04/2026
🎨 Exposición Día das Artes Galegas 🎨Boas familias! 😊Con motivo do Día das Artes Galegas (1 de abril), convidámosvos a vi...
07/04/2026

🎨 Exposición Día das Artes Galegas 🎨

Boas familias! 😊

Con motivo do Día das Artes Galegas (1 de abril), convidámosvos a visitar a exposición dos traballos do alumnado da actividade extraescolar de Arte.

📍 Lugar: Biblioteca municipal de Corcubión.

🖼️ Que veredes: unha pequena mostra do traballo artístico do alumnado na actividade.

Non perdades a ocasión de desfrutar da creatividade e talento dos nosos rapaces!

✨ ANPA Alén ✨

Dirección

Corcubión
15130

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ANPA ALÉN publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir