Ancares Reserva Natural Etnográfica

Cómo llegar

Ancares Reserva Natural Etnográfica A unica regra é que non podese falar de politica que non teña que ver co Parque Natural, xá que non temos afiliación politica ninguna.

Ancares Parque Natural é unha comunidade de persoas que loitan pola protección natural e etnográfica dos 3 Ancares, lugueses, bercianos e asturianos, xa sexa baixo a denominación de Parque Natural ou Parque Nacional Ancares Parque Natural é unha comunidade de persoas que loitan pola protección natural e etnográfica dos Ancares, lugueses e bercianos, xa sexa baixo a denominación de Parque Natural ou Parque Nacional. lAbrazamos, tamén, a beleza de O Courel, Monte Pindo e outros compañeiros de loita, así coma á defensa dos nosos Ríos con Vida..., i os dous mares que bañan a nosa costa: o Atlántico, é o Cantábrico...

10/11/2026

Ruta pro domingo 15 de novembro, o monte sigue vestido cos colores do outono, hai que disfrutalos antes de que a neve os leve....

Segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do 2016, quen ten que velar polo mantemento da Torre de Torés son os pro...
08/11/2026

Segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia do 2016, quen ten que velar polo mantemento da Torre de Torés son os propietarios, é dicir, a Casa de Medinaceli. O que nos preguntamos é como o Concello das Nogais, se di que non pode afrontar os gastos de mantemento, asinou unha cesión por 25 anos. En Patrimonio da Xunta de Galicia saben perfectamente o estado da torre, así que o que teñen que facer é obrigar a que se cumpra a lei que, supoñemos, para iso está. Eiquí non falamos dun propietario que lle caeu unha torre de rebote e non pode facer fronte aos gastos, non, eiquí falamos dunha casa que ten cartos e propiedades a esgalla. (Colectivo Patrimonio dos Ancares).

 La fortaleza, que está catalogada como BIC, sufrió un derrumbe en febrero que agravó su estado

A Muller Loba de FresnedeloContan os máis vellos que, nunha aldea dos Ancares do Bierzo, vivía un home viúvo con dous fi...
05/11/2026

A Muller Loba de Fresnedelo

Contan os máis vellos que, nunha aldea dos Ancares do Bierzo, vivía un home viúvo con dous fillos e unha filla. Despois de morrer a súa muller, quedou cego, e os dous fillos decidiron abandonalo no monte pa que o comeran os lobos. A filla, chea de dor, negouse: «Un pai non merece tal cousa».
Os irmaos levárono ao monte co engano de que ían a unha festa. A rapaza, que non quería deixar só a seu pai, decidiu quedar con el: «Se o han comer os lobos, que me coman tamén a min».
E así foi como, no medio daquel bosque, os lobos acabaron coa vida do vello. Pero entón aconteceu algo que naide soubo explicar: a filla transformouse nunha loba.
No camín de volta ao vilariño, parou nunha fonte preto de Lumeiras, que dende entón sería coñecida como a Fonte da Loba. Alí atopouse cun home ao que lle contou a súa desgracia.
Díxolle que había un remedio pa volver ser muller: que casara con ela e lle sacara sangue do labio.
O home fíxoo, e ela recuperou a súa forma humana, anque non por completo: de día era muller, pero cando chegaba a noite volvía converterse en loba.
E dende entón, din que a súa historia quedou prendida nos montes dos Ancares.

A lenda da Ponte de Gatín.Contan os vellos que, hai moitos anos, cando o río Navia baixaba bravo entre as montañas dos A...
05/11/2026

A lenda da Ponte de Gatín.

Contan os vellos que, hai moitos anos, cando o río Navia baixaba bravo entre as montañas dos Ancares, dous namorados vivían separados polas súas augas. El habitaba nunha beira e ela na outra. Cada día, o mozo tiña que atravesar o río nunha pequena embarcación para poder vela.

Unha noite, desesperado polas dificultades, apareceu o Demo e ofreceulle construír unha ponte antes do amencer. Mais non o faría de balde: esixiu como pagamento o primeiro ser vivo que nacese naquela casa despois do pacto.

O mozo aceptou, pero non estaba disposto a entregar o seu futuro fillo.

A sorte quixo que, antes de nacer o neno, unha gata dese a luz unha camada de pequenos gatiños. Cando o Demo regresou para cobrar a súa débeda, os veciños entregáronlle un gatín.

O Demo, enganado polos humanos, tivo que aceptar o pagamento e cumprir a súa promesa. Así, segundo conta a tradición, levantou a ponte nunha soa noite.

Desde entón, aquela construción sería coñecida como Ponte do Gatín, tamén chamada Ponte do Demo.

UNHA TRISTE HISTORIA (REAL) ARREDOR DA LAREIRA. Nas longas noites de inverno, o bisavó do noso informante pasaba as hora...
04/11/2026

UNHA TRISTE HISTORIA (REAL) ARREDOR DA LAREIRA. Nas longas noites de inverno, o bisavó do noso informante pasaba as horas diante da lareira. Falaba do traballo, do gando, contaba historias... En fin, sempre tiña algo do que falar. Un día houbo que facer reformas na casa. O primeiro foi poñer unha cociña de ferro (económica, lle chamaban), mais mantiveron a lareira. Noite tras noite, o bisavó continuou a sentarse a carón da lareira. Falaba menos, si, a muller e os fillos preferían a comodidade da económica (menos fume, cómoda para cociñar...), pero para ser feliz chegáballe con escoitar as súas risas, e sentir e mirar para o lume da lareira. Pero chegou un día en que aumentou a familia e había que ampliar a casa para facer dous dormitorios. O cuarto que acollía a lareira foi o sacrificado. Dende aquelas, o bisavó, con cada día que morría, tamén morría unha parte del mesmo. Foise en pouco máis dun mes. (Foto: Arredor da lareira en Vilachá (Becerreá), nunha foto de Walter Ebeling a principios dos anos trinta do século XX). Historia recollida polo Colectivo Patrimonio dos Ancares. https://arqueoloxiadosancares.blogspot.com/2011/01/historias-tradicions-e-lendas-do.html

UN CRIME NO PORTELO. DE QUEN É O MORTO? A aldea do Portelo atópase entre os concellos de Cervantes (Lugo) e Valboa (O Bi...
03/11/2026

UN CRIME NO PORTELO. DE QUEN É O MORTO? A aldea do Portelo atópase entre os concellos de Cervantes (Lugo) e Valboa (O Bierzo). Pola prensa histórica sabemos que entre finais do século XIX ata os anos corenta do XX as liortas eran bastante frecuentes, mesmo algunhas remataban de forma cruenta. Pero esta acontecida no Portelo, que recollemos dende o Colectivo Patrimonio dos Ancares tanto na Braña (O Bierzo) como en Vilarello (Cervantes), quedou especialmente gravada. No ano 1934 produciuse un dobre crime debido a unha discusión por unha partida de cartas. Unha das persoas, morta a estacazos, ocasionou un conflito xurisdicional sen precedentes entre a xustiza, e todo porque o morto caeu nos dous territorios, quedándolle os pés en territorio de Cervantes e a cabeza en territorio de Valboa. Os xulgados de Galicia e León non se poñían de acordo para ver quen levantaba o cadáver. O tempo pasaba sen que foran quen de ditaminar a quen lle correspondía actuar. A expectación medraba co transcorrer das horas, mesmo as autoridades tiveran que triplicar o número de gardas civís enviados nun primeiro momento para poñer orde xa que todo o mundo quería ver de cerca á vítima. Ao final, foron os máis vellos da zona os que deron coa solución: Galicia tiña que facerse cargo porque fora onde lle quedaran os pés ao morto. Razoouse así porque os pés ían sempre pra onde lles mandaba a cabeza. Ademais, lembrou un, cando morría alguén, o defunto era transportado no cadaleito cara a igrexa e o cemiterio cos pés por diante. Os xuíces, diante de razoamento tan contundente, nada obxectaron. (Recollido do Colectivo Patrimonio dos Ancares).

Hai quen recorda que houbo un tempo no que os salmois nadaban por baixo da ponte vella da Proba de Navia. Os salmónidos ...
03/11/2026

Hai quen recorda que houbo un tempo no que os salmois nadaban por baixo da ponte vella da Proba de Navia. Os salmónidos achebanse dende o Atlántico polo río Navia, pero as construcciois dos encoros acabou co excelente peixe pre sempre

03/11/2026
Na Campa do Barreiro, preto da Campa da Braña,  está a Fonte dos Namorados. Diz a lenda que, se un quer namorar ou acada...
03/11/2026

Na Campa do Barreiro, preto da Campa da Braña, está a Fonte dos Namorados. Diz a lenda que, se un quer namorar ou acada-lo favor da persoa que ama, ten que prantarse elí e beber da auga da fonte tres veces con fé pre que o seu desexo se vexa cumprido

Dirección

Serra De Ancares
Cervantes

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Ancares Reserva Natural Etnográfica publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Organizaciones Sin Fines De Lucro cercanos


Otros organizaciones sin fines de lucro en Cervantes

Ver Todo