Fundación Fernando Blanco de Lema

Fundación Fernando Blanco de Lema Páxina da Fundación Fernando Blanco de Lema e do seu Museo-Colección. Con esta páxina pretendemos dar a coñecer a figura do filántropo ceense D.

Fernando Blanco de Lema (Cee, 1796 - A Habana, 1875), e difundir o rico patrimonio do instituto que mandou fundar na súa vila natal. Ao mesmo tempo esta páxina servirá de plataforma de divulgación das actividades que dende a Fundación Fernando Blanco de Lema se fan ao longo de todo o ano.

❤️ A verdade é que este 2026 é un non parar en canto a visitas concertadas de grupos .... e non podemos estar mais felic...
13/06/2026

❤️ A verdade é que este 2026 é un non parar en canto a visitas concertadas de grupos .... e non podemos estar mais felices por elo. Iso significa que quen nos visita está interesado en coñecer o noso pasado, mais tamén o noso presente.
Nesta solleira, e case caribeña, mañá de sábado, un grupo de case 50 persoas procedente da Comunidade de Navarra acompañounos na nosa particular "viaxe" con inicio en 1796, ano de nacemento do fundador, e con remate na actualidade, pois non debemos esquecer que a figura de Fernando Blanco de Lema, e mailo seu impagable legado, seguen estando hoxe moi "vivos" no día a día da nosa localidade.
Mil grazas por elixirnos no voso "tour" pola Costa da Morte.

📌 XEAL e a Fundación Fernando Blanco impulsan novos programas educativos e culturais en CeeCee , 12 de xuño de 2026. – X...
13/06/2026

📌 XEAL e a Fundación Fernando Blanco impulsan novos programas educativos e culturais en Cee

Cee , 12 de xuño de 2026. – XEAL e a Fundación Fernando Blanco de Lema acaban de asinar un convenio de colaboración para apoiar a posta en marcha e desenvolvemento de distintos programas educativos e culturais promovidos pola centenaria entidade ceense.
O acordo permite reforzar iniciativas xa en funcionamento da Fundación, como a Rede de Patrocinadores, o programa educativo cultural “O Mes da Fundación”, previsto para o mes de outubro, e os Premios Académicos Fernando Blanco correspondentes ao curso 2025-2026. Trátanse de actividades orientadas a fomentar a formación, a cultura e o recoñecemento do talento académico na comarca.
Con esta firma, XEAL súmase ás iniciativas impulsadas pola Fundación Fernando Blanco, unha institución con longa tradición na promoción da educación e a vida cultural en Cee e na súa contorna.
Justo Trillo, director da división industrial de XEAL, puxo en valor a “importancia de apoiar iniciativas que contribúan ao desenvolvemento educativo e cultural do entorno e que reforzan o vínculo da empresa coa comarca”. Na mesma liña, dende a Fundación Fernando Blanco destacaron que “esta colaboración por parte de XEAL, iniciada xa fai uns anos, é imprescindible para que a entidade siga a difundir a vida e legado de quen nunca esqueceu a súa vila, así como para impulsar programas como O Mes da Fundación e os Premios Académicos Fernando Blanco que contan xa cunha longa traxectoria dado que chegarán ás súas XIII e XV Edición respectivamente no presente ano 2026”.
Subliñan ademais dende a entidade da vila da Xunqueira “o sincero agradecemento a unha empresa que sempre valorou o papel histórico da Fundación, estando sempre disposta a prestarnos a súa inestimable colaboración no desenvolvemento das nosas liñas de traballo”.
Con este convenio, ambas partes consolidan a súa colaboración en torno a iniciativas que buscan acercar a cultura e a educación á cidadanía en xeral e á comunidade educativa en particular.

📌 Gústache a arte? Temos óleos de Federico de Madrazo ou de Francisco Díaz Carreño📌 Gústache a ciencia? Temos a máquina ...
12/06/2026

📌 Gústache a arte? Temos óleos de Federico de Madrazo ou de Francisco Díaz Carreño
📌 Gústache a ciencia? Temos a máquina de v***r de Watt, o fonógrafo de Edison ou o telégrafo de Morse
📌 Gústanche a ourivería? Temos pezas relixiosas do obradoiro da familia Meneses
📌 Gústache a música? Temos contrabaixo, ocarinas, mandolinas ou clarinetes.
📌 Gústache a agreicultura? Temos maquetas de arados, de prensas ou de sementadoras.
📌 Gústache o debuxo? Temos exercicios e láminas-modelo de finais do XIX...
E todo cun denominador común ..... O Instituto Fernando Blanco de Cee.
Podes atopalas, velas e desfrutalas no MUSEO FERNANDO BLANCO DE CEE.
🕝🕝🕝 Horario: De martes a sábado (de 10 a 13 horas, e de 17 a 19 horas)
👉👉👉 www.museofernandoblanco.org

😍 Que ben presta comezar unha xornada de traballo cunha visita dun grupo tremendamente interesado en coñecer o Museo Fer...
10/06/2026

😍 Que ben presta comezar unha xornada de traballo cunha visita dun grupo tremendamente interesado en coñecer o Museo Fernando Blanco de Cee.
De novo dende a Comunidade de Madrid chegou este nutrido grupo de viaxeir@s interesad@s na nosa historia e, como podedes imaxinar, para nós é un pracer inmenso facerlles chegar a filantropía do noso mais ilustre veciño, froito da cal a nosa vila foi un verxel de educación e cultura en tempos escuros e complexos.

📌 Cromo nº 55 do Museo Fernando Blanco de Cee.👉 Busto de Séneca, en escaiola, empregado como modelo nas clases de debuxo...
09/06/2026

📌 Cromo nº 55 do Museo Fernando Blanco de Cee.
👉 Busto de Séneca, en escaiola, empregado como modelo nas clases de debuxo e pintura do Instituto Fernando Blanco. Finais século XIX.
✅ "Pobre non é o que ten pouco, senón o que moito desexa" (Séneca).

😍 Seguimos sumando visitas guiadas !!📌 Se onte tivemos o pracer de recibir a un grupo de persoas de distintas nacionalid...
03/06/2026

😍 Seguimos sumando visitas guiadas !!
📌 Se onte tivemos o pracer de recibir a un grupo de persoas de distintas nacionalidades que están a aprender castelán a través da Cruz Vermella, hoxe acompañamos a un grupo da Comunidade de Madrid que ven a coñecer o Museo Fernando Blanco de Cee.
Nesta mañá de mércores, o orballo non foi impedimento para que fixeran parada na nosa vila e adentrase, de primeira man, na nosa rica e centenaria historia educativa e cultural, a cal foi posible grazas á "milagre" dun veciño que nunca esqueceu o seu berce.
Coma sempre .... Un pracer

📌 Nova visita guiada no Museo Fernando Blanco de Cee.Desta volta un grupo de persoas que están a recibir clases de españ...
02/06/2026

📌 Nova visita guiada no Museo Fernando Blanco de Cee.
Desta volta un grupo de persoas que están a recibir clases de español a través da Cruz Vermella, e chegadas dende distintos puntos do planeta (Italia, Hungría, Senegal, Ucraína, Marrocos), amosaron o seu interese en coñecer a vida e legado do fundador dos centenarios centros educativos de Cee (Instituto e antiga Escola das Nenas).
Moitas grazas pola visita

📌 Outra das fotografías que a casa coruñesa Photo Art fixo no ano 1917 das dependencias interiores do Instituto Fernando...
02/06/2026

📌 Outra das fotografías que a casa coruñesa Photo Art fixo no ano 1917 das dependencias interiores do Instituto Fernando Blanco de Cee foi a do local destinado ás clases de debuxo e pintura.
👉 Podedes ver, colgadas das paredes, algunhas das obras realizadas polo alumnado con mellor nota na materia e que en boa parte, consérvanse na actualidade.
📷 Fotografía coloreada con IA.

📌 Cromo nº 54 do Museo Fernando Blanco de Cee.👉 Primeiro Premio Clase Pintura do Instituto Fernando Blanco.Cronoloxía: E...
29/05/2026

📌 Cromo nº 54 do Museo Fernando Blanco de Cee.
👉 Primeiro Premio Clase Pintura do Instituto Fernando Blanco.
Cronoloxía: Entre os cursos 1894-1895 e 1898-1899.
👉 Autora: Elena Rodríguez.Rodríguez.
Nos primeiros anos de funcionamento do Instituto Fernando Blanco, e no relativo ás clases de pintura e debuxo, Elena Rodríguez Rodríguez foi unha das alumnas máis destacadas.
Aparece matriculada en diferentes especialidades da materia de debuxo e pintura (adorno, figura, estudo de roupaxes, óleo, etc) entre os cursos 1889-1890 e 1898-1899, recibindo, en todos eles, diferentes premios polos seus exercicicos.
Conservamos tres óleos da súa autoría, aínda que descoñecemos a data exacta do que protagoniza esta sección, pero podemos datalo entre o curso 1894-1895 e o curso 1898-1899, posto que nestes cinco cursos recibe premios na especialidade de óleo.
Asinado: "Elena Rodríguez".

📷 No ano 1917 a casa PHOTO ART da Coruña fixo varias fotografías das dependencias interiores do Instituto Fernando Blanc...
27/05/2026

📷 No ano 1917 a casa PHOTO ART da Coruña fixo varias fotografías das dependencias interiores do Instituto Fernando Blanco de Cee.
Esta que traemos hoxe, coloreada con IA, é dun curruncho do Gabinete de Física con algún dos aparellos, frascos e mobiliario que formaban parte del.

Dirección

Praza Constitución, 25
Cee
15270

Horario de Apertura

Martes 10:00 - 13:00
17:00 - 19:00
Miércoles 10:00 - 13:00
17:00 - 19:00
Jueves 10:00 - 13:00
17:00 - 19:00
Viernes 10:00 - 13:00
17:00 - 19:00
Sábado 10:00 - 13:00
17:00 - 19:00

Teléfono

+34981747221

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Fernando Blanco de Lema publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Fundación Fernando Blanco de Lema:

Compartir