CIG Unión Local de Cee

CIG  Unión Local de Cee Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de CIG Unión Local de Cee, Sindicato, Rúa O Son, 2 edif. Amanfara, baixo, Cee.

📢 1º DE MAIO EN CEEMañá saímos ás rúas en Cee no Día Internacional da Clase Traballadora ✊Concentración ás 12h na Praza ...
30/04/2026

📢 1º DE MAIO EN CEE

Mañá saímos ás rúas en Cee no Día Internacional da Clase Traballadora ✊
Concentración ás 12h na Praza Otero Lastres

Nun contexto marcado pola precarización laboral, a perda de poder adquisitivo e o incremento da carestía da vida, a CIG fai un chamamento á participación nesta mobilización do 1º de Maio.

Na nosa comarca estamos a vivir un proceso de deterioro económico e social, sen unha aposta real pola industrialización nin polo emprego digno, mentres medra a dependencia de sectores marcados pola estacionalidade, os baixos salarios e a precariedade, especialmente no turismo e nos servizos, incluído o comercio, onde a eventualidade e a inestabilidade laboral son cada vez máis frecuentes.

A isto súmanse conflitos laborais abertos na negociación colectiva en sectores como os coidados, a conserva, o transporte, o comercio e a industria, e situacións como a de XEAL, onde se destrúe emprego mentres se manteñen beneficios empresariais e subvencións públicas.

Fronte a isto, a CIG reclama:
➡️ Salarios dignos e recuperación do poder adquisitivo
➡️ Freo á carestía da vida e dereito á vivenda
➡️ Emprego estábel e con dereitos
➡️ Soberanía económica e enerxética para Galiza
➡️ Fin das políticas que priorizan o gasto militar fronte aos dereitos sociais

🔥 O 1º de Maio é loita, é dignidade e é resposta colectiva.

📍 Concentración en Cee – mañá ás 12h, Praza Otero Lastres

Porque os dereitos non se piden, loítanse.
✊ Contra a precariedade, organización e mobilización.
✊ Viva a clase traballadora!

5 likes. "Este maniféstate coa CIG -Contra o imperialismo, paz e soberanía. Traballo digno e dereitos"

16/04/2026
08/04/2026
Onte celebrouse en Cee a concentración conmemorando o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, unha data de memoria e d...
11/03/2026

Onte celebrouse en Cee a concentración conmemorando o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, unha data de memoria e de loita para lembrar que os dereitos que temos foron conquistados pola mobilización da clase traballadora.
Desde Cee volvemos reclamar o que é xusto: emprego digno, convenios con dereitos e salarios que permitan vivir con dignidade na nosa terra. Fronte á precariedade, á perda de dereitos e ás condicións laborais cada vez máis inestables, é máis necesario ca nunca organizarse e loitar colectivamente.
A pesar da chuvia, estivemos na rúa para dicir alto e claro que non aceptamos a precariedade nin a desigualdade. Porque sen loita non hai dereitos.
✊ Na Galiza: traballo digno, pobo con dereitos.

No Día da Clase Obreira Galega, a central realizou 14 mobilizacións por todo o país “porque esta é a maneira de manter vivas e vixentes as loitas do 72”

🔴 O persoal da limpeza dos hospitais de Cee, Ribeira e Vilagarcía continúa en loita📢 Esta semana seguen os paros e folga...
17/12/2025

🔴 O persoal da limpeza dos hospitais de Cee, Ribeira e Vilagarcía continúa en loita

📢 Esta semana seguen os paros e folgas para reclamar a equiparación salarial e laboral co persoal que realiza o mesmo traballo nos hospitais de referencia.

❌ A pesar do seguimento case total das mobilizacións, o SERGAS segue sen dar resposta e mantén unha situación de discriminación inxusta.

✊ En Cee:
➡️ 3 días consecutivos de folga de 24 horas que comenzaron na mañan de hoxe con concentración diante da porta do hospital

✊ En Ribeira e Vilagarcía:
➡️ Paros parciais de 2 horas por quenda

🧹 O servizo de limpeza é esencial para a saúde e seguridade nos hospitais.
⚖️ Igual traballo, iguais condicións.

📣 Esiximos negociación inmediata e o fin da discriminación.

📢 A CIG concéntrase no Gadis de Vimianzo contra os abusos laboraisEste venres a CIG mobilizouse diante do supermercado G...
12/12/2025

📢 A CIG concéntrase no Gadis de Vimianzo contra os abusos laborais

Este venres a CIG mobilizouse diante do supermercado Gadis de Vimianzo para denunciar acoso laboral, incumprimentos de dereitos e maltrato psicolóxico por parte da encargada do centro.

A situación é insostíbel: 10 das 26 persoas da tenda están de baixa pola presión e o deterioro do clima laboral.

O persoal reclama:
• Respecto ás quendas e ás vacacións.
• Fin dos berros, insultos e intimidacións.
• Un ambiente de traballo seguro e saudábel.

A CIG insta a Gadis a actuar de inmediato: protexer a saúde do persoal é unha obriga legal.

✊ Seguiremos defendendo a dignidade e os dereitos das traballadoras e traballadores.

O grupo parlamentario do BNG reuniuse coa representación legal e o Comité de Folga das traballadoras da limpeza dos hosp...
12/12/2025

O grupo parlamentario do BNG reuniuse coa representación legal e o Comité de Folga das traballadoras da limpeza dos hospitais de Cee, Barbanza e O Salnés

Onte, a representación legal das traballadoras e o Comité de Folga dos hospitais comarcais de Cee, Barbanza e O Salnés mantivemos unha reunión co Grupo Parlamentar do BNG, que foi o primeiro en atender a solicitude remitida aos diferentes grupos do Parlamento de Galicia.
Durante o encontro explicamos a grave situación de discriminación laboral e salarial que sofre este colectivo respecto das súas compañeiras dos hospitais de referencia das áreas sanitarias da Coruña, Santiago e Pontevedra. Fixemos especial fincapé en que realizan as mesmas funcións e responsabilidades, mais con condicións laborais claramente inferiores.
Agradecemos ao BNG a súa disposición e compromiso a estudar o caso e trasladar esta problemática ao Parlamento.
Seguimos reclamando equiparación real e fin da discriminación para todas as traballadoras da limpeza hospitalaria comarcal.

A loita continúa. ✊🟣

Persoal de coidados e atención ás persoas clama por condicións de traballo dignasA CIG desenvolveu unha manifestación en...
22/11/2025

Persoal de coidados e atención ás persoas clama por condicións de traballo dignas
A CIG desenvolveu unha manifestación en Santiago de Compostela para exixir convenios colectivos xustos e calidade nos servizos prestados.

A CIG desenvolveu unha manifestación en Santiago de Compostela para exixir convenios colectivos xustos e calidade nos servizos prestados

A limpeza hospitalaria de Vilagarcía, Ribeira e Cee secunda a folga pola equiparación laboral.
19/11/2025

A limpeza hospitalaria de Vilagarcía, Ribeira e Cee secunda a folga pola equiparación laboral.

As persoas traballadoras continúan a desenvolver mobilizacións en cada un dos centros en demanda dunhas mellores condicións

🧹 Chamamos ás traballadoras do Hospital de Cee a participar e apoiar esta loita xusta!!📅 Medidas convocadas no Hospital ...
12/11/2025

🧹 Chamamos ás traballadoras do Hospital de Cee a participar e apoiar esta loita xusta!!

📅 Medidas convocadas no Hospital de Cee:
• Folga completa os días 19, 20 e 21 de novembro
• Concentracións os días 12 e 26

É o momento de poñer fin a esta discriminación territorial.

Pola equiparación XA! 💪

Dirección

Rúa O Son, 2 Edif. Amanfara, Baixo
Cee
15270

Horario de Apertura

Lunes 16:15 - 20:00
Martes 16:15 - 20:00
Miércoles 16:15 - 20:00
Jueves 16:15 - 20:00
Viernes 16:15 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CIG Unión Local de Cee publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a CIG Unión Local de Cee:

Compartir

Categoría