15/10/2026
📚♻️ 𝐀 𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚𝐧𝐢́𝐚 𝐞 𝐚 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐀𝐒𝐏𝐀𝐃𝐄𝐗 𝐧𝐚 𝐄𝐒𝐒𝐄 𝐂𝐨𝐧𝐟𝐞𝐫𝐞𝐧𝐜𝐞 𝟐𝟎𝟐𝟔 💚
Durante o mes de xullo puxémonos mans á obra para elaborar 800 marcapáxinas destinados aos asistentes á ESSE Conference (Conferencia da Sociedade Europea para o Estudo do Inglés), celebrada na Universidade de Santiago de Compostela do 31 de agosto ao 4 de setembro.
Un encargo moi especial no que coidamos cada detalle, dende a elaboración dos marcapáxinas ata as caixas nas que se presentaron, apostando pola creatividade e a reutilización de materiais. ♻️✨
Para a súa elaboración empregamos materiais reciclados e recuperados, como o papel no que se envolve o pan, anacos de paspartú, restos de ceras e pel, aos que lles demos unha nova vida transformándoos en pequenos detalles únicos.
Este traballo é unha mostra do esforzo, a dedicación e as capacidades que se poñen en xogo cada día nos talleres de ASPADEX, así como do valor de apostar por iniciativas que combinan artesanía, sustentabilidade e inclusión.
💚 𝐐𝐮𝐞𝐫𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐚𝐠𝐫𝐚𝐝𝐞𝐜𝐞𝐫 𝐚́ 𝐔𝐧𝐢𝐯𝐞𝐫𝐬𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢𝐚𝐠𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚 𝐚 𝐜𝐨𝐧𝐟𝐢𝐚𝐧𝐳𝐚 𝐝𝐞𝐩𝐨𝐬𝐢𝐭𝐚𝐝𝐚 𝐞𝐧 𝐀𝐒𝐏𝐀𝐃𝐄𝐗 𝐚𝐨 𝐞𝐧𝐜𝐚𝐫𝐠𝐚𝐫𝐧𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐩𝐫𝐨𝐱𝐞𝐜𝐭𝐨 𝐞 𝐝𝐚𝐫𝐧𝐨𝐬 𝐚 𝐨𝐩𝐨𝐫𝐭𝐮𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐝𝐞 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐫 𝐩𝐚𝐫𝐭𝐞 𝐝𝐮𝐧 𝐞𝐯𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐢𝐧𝐭𝐞𝐫𝐧𝐚𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐭𝐚𝐧 𝐢𝐦𝐩𝐨𝐫𝐭𝐚𝐧𝐭𝐞.
Grazas por apostar polo noso traballo e por contribuír a dar visibilidade ao que somos capaces de facer!