AMN Pan de Raposo

Cómo llegar Contactar con la organización

AMN Pan de Raposo Asociacion micolóxico naturalista Pan de Raposo

Boa noite raposeir@s.O deseño vencedor da camiseta conmemorativa das XXV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, por unh...
14/10/2026

Boa noite raposeir@s.
O deseño vencedor da camiseta conmemorativa das XXV Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, por unha pequena diferencia, todo hai que dicilo, foi este.
Antes de que preguntedes, quero aclarar que non é o deseño orixinal, pero modificámos levemente o texto ca autorización da autora.
Seguide atent@s para mais info.

Boa noite rapoeir@s.Para os que aínda non vos enterastedes, hoxe comezou a votación para o deseño da camiseta que imos a...
05/10/2026

Boa noite rapoeir@s.
Para os que aínda non vos enterastedes, hoxe comezou a votación para o deseño da camiseta que imos a facer pola celebración das XXV Xornada da Costa da Morte.
Para que vos vaiades facendo unha idea estos son os deseños.
Non vos molestedes en votar , porque a votación está restrinxida os 120 e pico socios que formamos esta familia, pero sodes libres de opinar e escoller a vosa favorita.
Que gane @ mellor !!

Como era de esperar, as chuvias destes días de atrás fixeron que sobre 30 especies asomaran no roteiro de 3 horas polo p...
04/10/2026

Como era de esperar, as chuvias destes días de atrás fixeron que sobre 30 especies asomaran no roteiro de 3 horas polo paseo do Anllóns en Gabenlle que disfrutaron un grupiño de raposeir@s guiados pola nosa anfitriona local Raquel.

https://maps.app.goo.gl/knsiC9AhTZBE6zV69?g_st=acBoa noite raposeir@s.Unha manchea de afortunad@s disfrutarán mañán dun ...
03/10/2026

https://maps.app.goo.gl/knsiC9AhTZBE6zV69?g_st=ac
Boa noite raposeir@s.
Unha manchea de afortunad@s disfrutarán mañán dun fermoso paseo pola beira do Anllóns.
As 10:30 da mañán esta previsto o comezo deste sinxelo roteiro de 5 km nun día que se prevé soleado.
Xa nos contarán se as chuvias desta semana tiveron efecto e algunha especie animouse a asomar.

Find local businesses, view maps and get driving directions in Google Maps.

Boa tarde raposeir@s.O vindeiro domingo 4 de Outubro faremos unha nova saída micolóxica.Esperemos que as chuvias de esta...
28/09/2026

Boa tarde raposeir@s.
O vindeiro domingo 4 de Outubro faremos unha nova saída micolóxica.
Esperemos que as chuvias de esta semana animen un pouco o asunto.
Será unha ruta sinxela de 5 km por un paseo fluvial a pouco menos de unha hora en coche de Cee.
A previsión indica que pode haber algo de chuvia, así que ide preparad@s.
Tedes ata o mércores 30 ás 23:59 para apuntaros escribindo a [email protected].
Aproveito para recordarvos que o plazo para presentar os vosos deseños para as camisetas remata pronto.
Animádevos!!

21/09/2026
Boa noite raposeir@s.Hai uns anos nin sequera pensaría que nunha saída caseque a finais de setembro o que mais ía a habe...
20/09/2026

Boa noite raposeir@s.
Hai uns anos nin sequera pensaría que nunha saída caseque a finais de setembro o que mais ía a haber sería.....calor.
Pois cos 37º que chegou a marcar o termómetro hoxe, un grupo de valentes, ou incoscentes, fixemos unha ruta de mais de tres horas pola beira do Tambre guiados polos nosos sherpas locais Costa, Puri e Zuma.
Aquí tedes o testimonio gráfico.
Recordade que a seguinte será o 4 de Outubro do mesmo estilo, desprazamento de unha horiña ata o lugar da saída e comida de confraternización. Si queredes apuntaros, xa podedes escribir a panderaposo@gmail,com indicando cant@s ides a ser e si quedades a comer.
Estade atent@s para mais info.

19/09/2026

Boa tarde raposeir@s.
E hora de revelar o plan de mañán.
A ruta que vos propoñemos esta vez levaranos ata Sigüeiro, Oroso.
https://maps.app.goo.gl/P54PvQzS4WEDeJmk9
Desde Cee hai unha hora e pico de viaxe, así que procuraremos estar sobre as 10:00 no parking do Tambre Golf & Croquet para tomar un café e comezar a andaina as 10:30.
https://maps.app.goo.gl/JPa5oEtg1CimEZca8
O noso anfitrión, o mestre José María Costa Lago , guiaranos por unha ruta pola beira do Tambre ata a illa do Refuxio. Pararemos para comer as 14:00-14:30 no
https://maps.app.goo.gl/KPFhLB7WKcUVM9cg9
e, pola tarde, si aínda temos folgos, faremos outra ruta partindo do restaurante por
https://maps.app.goo.gl/4a3H6YHbdez6xdMB9
Vai a ser un día caluroso, así que ide con roupa axeitada.
Vémonos mañán.

Boa noite raposeir@s.Debido a boa acollida que tivo o anuncio de esta primeira saída da tempada, imos a pechar a inscrip...
15/09/2026

Boa noite raposeir@s.
Debido a boa acollida que tivo o anuncio de esta primeira saída da tempada, imos a pechar a inscripción mañán as 14:00.
Recórdovos que vai a constar de dous percorridos, un de mañán e outro de tarde por terras de Compostela facendo unha pausa de hidratación e nutrición a mediodía. Os roteiros son sinxelos, aptos para tódalas idades e non moi longos.
Como sempre, non revelaremos o lugar exacto ata a tarde do sabado, aínda que imos dando pistas...
Tamén aproveito para recordarvos que aínda estades a tempo de enviar as vosas propostas para as camisetas conmemorativas das XXV Xornadas da Costa da Morte con motivos micolóxicos. Xa van chegando cousiñas, animádevos!
Estade atent@s as publicacións para mais info.

Boa tarde raposeiro@s.A primeira saída da tempada etá a volta da esquina. O domingo 20 de setembro iremos á comarca de S...
13/09/2026

Boa tarde raposeiro@s.
A primeira saída da tempada etá a volta da esquina. O domingo 20 de setembro iremos á comarca de Santiago a facer dous roteiros sinxelos e aptos para tódolos públicos pola beira do río Tambre.
O primeiro é un roteiro de hora e media a paso normal, pero que a nós nos levará sobre tres horas e media. Pararemos a comer sobre as 14:00-14:30 un menú de non mais de 30,00 € por persoa para facer unha segunda saída pola contorna nunha zona con prados, carballeiras e bosque de ribeira.
Queda aberta a inscripción ata o mércores 16 de setembro escribindo a [email protected] indicando cant@s ides a vir, human@s e non human@s e si quedades a comer.
Aproveito para recordarvos que aínda podedes enviar os vosos deseños das camisetas ata o 30 de setrembro. Xa están chegando cousiñas...
Animádevos !!
Permanecede atentos para mais info.

Dirección

Cee
15270

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando AMN Pan de Raposo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a AMN Pan de Raposo:

Atajos

Compartir