CCA Carballo

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la organización

CCA Carballo Centro Comercial Aberto de Carballo
R/ Fomento 21-23, 1º 15100 CARBALLO. T 625 276 762
[email protected]
www.ccacarballo.com

 ?🎃👀|  Como levas a busca das figuras de Samaín? Xa atopaches algunha? E o máis importante… xa completaches algunha cart...
16/10/2026

?🎃👀| Como levas a busca das figuras de Samaín? Xa atopaches algunha? E o máis importante… xa completaches algunha cartolina?

🕵️‍♀️🔎 Se aínda non te puxeches mans á obra, sae á rúa e localiza as figuras ocultas nos escaparates dos comercios participantes, identificados co vinilo da campaña e decorados cunha gran landra laranxa e adornos de Samaín. Tes que localizalas desde o exterior do escaparate!

📍 Non sabes por onde empezar? Consulta o QR da cartolina ou do vinilo para descubrir os establecementos participantes e a súa localización.

🛍️ Para conseguir a cartolina, só tes que realizar unha compra nun dos comercios da campaña. Garda o tícket grampado ou asegúrate de que leva o selo do establecemento, porque terás que presentala cando a entregues o venres 30 de outubro, de 17:00 a 20:00 horas.

Cantas máis cartolinas completes, máis posibilidades terás de gañar un dos 6 cheques agasallo para gastar na hostalaría e nos establecementos de alimentación do CCA Carballo.

🎃 Ánimo, ollos ben abertos e moita sorte! Que non se che escape ningunha figura! 🧡👻

Comercio galego Deputación da Coruña Concello de Carballo

  🎁🎁| Onte rematou o curso de empaquetado profesional, impartido por IDESIGN e organizado polo CCA Carballo.Unha nova ac...
16/10/2026

🎁🎁| Onte rematou o curso de empaquetado profesional, impartido por IDESIGN e organizado polo CCA Carballo.

Unha nova acción formativa que reuniu comercios e profesionais locais con ganas de seguir mellorando as súas habilidades e ofrecer unha experiencia de compra que vaia máis alá da simple venda porque un bo empaquetado tamén comunica, sorprende e crea valor. Unha experiencia única, exclusiva e personalizada que marca a diferenza e reforza a atención á clientela.

Grazas a todas as persoas que participaron ao longo destas dúas semanas polo esforzo, compromiso e ilusión por seguir medrando profesionalmente e mellorando cada día a experiencia de compra nos seus negocios. Aquí vos deixamos unha pequena escolma do realizado durante as clases. 👏😍

Xunta de Galicia Comercio galego Concello de Carballo

  🎁🎁| Onte rematou o curso de empaquetado profesional organizado polo CCA Carballo, unha nova acción formativa que reuni...
16/10/2026

🎁🎁| Onte rematou o curso de empaquetado profesional organizado polo CCA Carballo, unha nova acción formativa que reuniu comercios e profesionais locais con ganas de seguir mellorando as súas habilidades e ofrecer unha experiencia de compra que vaia máis alá da simple venda. Porque un bo empaquetado tamén comunica, sorprende e crea valor. Unha experiencia única, exclusiva e personalizada que marca a diferenza e reforza a atención á clientela.

Grazas a todas as persoas que participaron ao longo destas dúas semanas polo esforzo, compromiso e ilusión por seguir medrando profesionalmente e mellorando cada día a experiencia de compra nos seus negocios. Aquí vos deixamos unha pequena escolma do realizado durante as clases. 👏😍

Xunta de Galicia Comercio galego Concello de Carballo

🎃👻 Chega o Samaín ao comercio de Carballo con «Truco ou Trato?» 🧙‍♀️🍂Desde hoxe, 15 de outubro, e ata o día 30, solicita...
15/10/2026

🎃👻 Chega o Samaín ao comercio de Carballo con «Truco ou Trato?» 🧙‍♀️🍂

Desde hoxe, 15 de outubro, e ata o día 30, solicita coa túa compra a cartolina do Samaín e percorre os escaparates dos comercios adheridos á campaña na procura das figuras agochadas: landras, sombreiros, morcegos, vasoiras, pantasmas, cabazas e potes. 🦇🧹🎃

🎁 Podes gañar cheques de 50 € para gastar nos locais de hostalaría e alimentación do CCA. E se vés disfrazado/a, agasallámoste con entradas de cine para dúas persoas e xeados! 🍦🎬

📌 E lembra: cantas máis cartolinas completes, máis posibilidades terás de gañar!

🕵️‍♀️ Pon a proba a túa habilidade, descubre os segredos dos escaparates decorados coas nosas landras e goza do Samaín mercando no comercio local.

🎃 Que comece o xogo!!! 👻

Comercio galego Deputación da Coruña Concello de Carballo

  🎃👻|  Chega «Truco ou Trato?» do CCA a Carballo.... E o Samaín toma os escaparates dos nosos asociados/as!A partir do 1...
09/10/2026

🎃👻| Chega «Truco ou Trato?» do CCA a Carballo.... E o Samaín toma os escaparates dos nosos asociados/as!

A partir do 15 de outubro, 41 comercios do CCA converteranse nun percorrido misterioso cheo de figuras ocultas, sorpresas e premios. 🧙‍♀️🦇

Este ano deixamos atrás as letras misteriosas para buscar cabazas, pantasmas, vasoiras, morcegos, sombreiros, potes e landras!!! Estas figuras en 3D, elaboradas por , permanecerán agochadas nos nosos escaparates e....atopalas será o voso reto! E para non perderte ningún establecemento, poderás consultar o mapa da campaña a través do código QR incluído nas cartolinas de participación, nos vinilos dos comercios e na nova da nosa web. 🗺️🔎

🛍️ Como participar? Fai unha compra nun dos comercios adheridos, consegue a túa cartolina e percorre os establecementos na procura das figuras. Cada vez que atopes unha, recibirás un selo. Completa todos os espazos e poderás comezar unha nova!

🎁 E que hai de premios? 🎃 O venres 30 de outubro, de 17.00 a 20.00 h, poderás entregar as cartolinas completas e participar no sorteo de 6 cheques regalo de 50 € para gastar en establecementos de hostalaría e alimentación asociados. 🍦

Ademais, se vés disfrazado/a, conseguirás entradas de cine para dúas persoas e xeados de balde!

Unha campaña para divertirse, descubrir novos escaparates e coñecer mellor a variedade do noso comercio local. 📲 Consulta as bases completas na nosa web:
www.ccacarballo.com. Preparados/as⁉️ Que comece o misterio‼️🕷️🕸️

Xunta de Galicia Comercio galego Deputación da Coruña Concello de Carballo

  👩‍🏫🎁🎁| O CCA vén de poñer en marcha un curso sobre «Empaquetado profesional para comerciantes», unha nova proposta for...
07/10/2026

👩‍🏫🎁🎁| O CCA vén de poñer en marcha un curso sobre «Empaquetado profesional para comerciantes», unha nova proposta formativa de carácter práctico impartida pola especialista en retail Andrea López, de , para aprender novas técnicas de empaquetado, optimizar recursos e coidar cada detalle da presentación dos produtos.

Trátase dunha formación de 12 horas, dividida en sesións de dúas horas cada unha, pensada para converter o empaquetado nunha ferramenta máis para mellorar a experiencia de compra e transmitir a identidade de cada negocio.

E non podiamos comezar mellor! Ante o elevado número de inscricións, xa estamos a preparar unha segunda edición para os comercios asociados no mes de novembro.

👉 Tes todos os detalles da formación na nosa web! ✂️🎁

Comercio galego Concello de Carballo

A especialista en retail Andrea López impartirá un programa práctico de 12 horas, centrado nas técnicas de empaquetado, a optimización de recursos e a

  | Onte, mércores 30, realizamos a entrega das cinco tabletas de 10 polgadas sorteadas como premio final da campaña «A ...
04/10/2026

| Onte, mércores 30, realizamos a entrega das cinco tabletas de 10 polgadas sorteadas como premio final da campaña «A voltas co cole», entre as nove persoas que conseguiron completar o panel nas xornadas de xogo celebradas na Praza do Concello.

Parabéns a Raquel Rosende Pereira, Sasha Castagnin, Verónica Fernández Lois, Lorena Lema Busto e Beatriz González Vieites!

Cada unha delas recibiu unha tableta valorada en 130 euros. Ademais, as nove persoas que lograron o pleno levaron tamén un cheque de 50 euros para utilizar nos establecementos asociados ao CCA Carballo.

Desde o CCA queremos agradecer a todas as persoas que participaron nesta segunda edición e aos 22 comercios asociados que fixeron posible a campaña. Unha proposta para xogar, compartir en familia e, sobre todo, seguir apostando polo comercio local.

«A voltas co cole» contou co financiamento da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Comercio galego Deputación da Coruña Turismo Deputación da Coruña Concello de Carballo

  🚶🛍| Se hai un nome ligado á historia das dúas rodas en Carballo, ese é  . Socio fundador do CCA e con máis de sete déc...
28/09/2026

🚶🛍| Se hai un nome ligado á historia das dúas rodas en Carballo, ese é . Socio fundador do CCA e con máis de sete décadas de traxectoria, este negocio familiar converteuse nun referente para xeracións de afeccionados ás bicicletas, ciclomotores e motocicletas.

Á fronte está Fernando “Vitolo”, todo un experto no sector, que mantén viva unha forma de entender o comercio baseada na experiencia, o asesoramento próximo e a confianza. Porque aquí non se trata só de vender: trátase de escoitar, recomendar e atopar a opción que mellor encaixa con cada persoa.

🏍️ Motos e ciclomotores| 🚲 Bicicletas infantís, MTB, BMX e de estrada |🔧 Taller propio para mantemento e reparación | 🛠️ Recambios, accesorios e complementos

Unha oferta ampla para particulares e profesionais, sempre acompañada dun servizo técnico especializado e da garantía que dan tantos anos de experiencia.

📍 Se es das dúas rodas —ou estás pensando en subirte a elas—, fai unha parada en Motos Vitolo porque despois de 70 anos... seguen tendo moito camiño por diante.

Dirección

Fomento 21-23
Carballo
15100

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Martes 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Miércoles 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Jueves 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00
Viernes 09:00 - 15:00
17:00 - 19:00

Teléfono

+34981701613

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando CCA Carballo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a CCA Carballo:

Atajos

Compartir