Grupo De Danzas Pais De San Roque Cangas

Cómo llegar Contactar con la organización

Grupo De Danzas Pais De San Roque Cangas Grupo de Danza y Pandereta Tradicional. Dispone de escuela de baile y pandereta

A arte de manter viva a nosa cultura🎶✨
31/08/2026

A arte de manter viva a nosa cultura🎶✨

Hai raíces que non se esquecen, báilanse🎶
30/08/2026

Hai raíces que non se esquecen, báilanse🎶

Nova tempada🎉🎶
29/08/2026

Nova tempada🎉🎶

🎶💙 XII FESTIVAL DO GRUPO DE DANZAS PAIS DE SAN ROQUE 💙🎶Xa está aquí unha das noites máis especiais do ano! ✨O vindeiro s...
11/08/2026

🎶💙 XII FESTIVAL DO GRUPO DE DANZAS PAIS DE SAN ROQUE 💙🎶

Xa está aquí unha das noites máis especiais do ano! ✨

O vindeiro sábado 22 de agosto, ás 22:00 h, agardámosvos na Praza de Andrea para desfrutar dunha noite chea de música, baile e tradición.

Nesta edición contaremos con convidados moi especiais:

🇵🇹 Grupo Folclórico D. Nuño Álvares Pereira, de Matosinhos (Porto, Portugal)
🇪🇸 Grupo de Coros y Danzas La Vara, de Puebla de Argeme (Cáceres)
🎶 Son de Nós, de Moaña

E, por suposto, tamén actuaremos nós, o Grupo de Danzas Pais de San Roque, organizador deste XII Festival. 💙

📅 Sábado 22 de agosto
🕙 22:00 h
📍 Praza de Andrea

Agardámosvos para vivir xuntos unha noite de tradición, cultura e moito baile! 🎉

💙 40 anos de historia, música, baile e tradición 💙Hoxe celebramos unha xuntanza moi especial do Grupo de Danzas Pais de ...
08/08/2026

💙 40 anos de historia, música, baile e tradición 💙

Hoxe celebramos unha xuntanza moi especial do Grupo de Danzas Pais de San Roque de Cangas, para conmemorar os 40 anos de historia desta agrupación de baile e música tradicional, fundada en 1986.

Na comida deste sábado reunímonos con moita ilusión para compartir lembranzas e celebrar todo o vivido ao longo destas catro décadas. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Carmiña Pérez Alonso, unha das fundadoras do grupo e antiga directora, xunto con moitos dos nosos antigos compoñentes e coa actual formación.

Unha xornada na que se xuntaron xeracións de persoas, dende os 12 ata os 88 anos, demostrando que a tradición, a música e o baile non teñen idade. ❤️

E isto non remata aquí…

📅 12 de decembro
📍 Auditorio de Cangas

Celebraremos un gran festival polos 40 anos de Pais de San Roque, no que participarán os actuais compoñentes e todos aqueles antigos membros que queiran volver compartir escenario connosco.

Porque 40 anos non se celebran todos os días… e queremos celebralos con todas e todos os que forman parte desta historia. 💙

Por moitos anos máis de baile, música e tradición! ✨

Onte xunto a Son de Nós e A.C. "Belas Artes" de Cangas participamos na procesión do Carmen de Aldan. Queremos agradecer ...
27/07/2026

Onte xunto a Son de Nós e A.C. "Belas Artes" de Cangas participamos na procesión do Carmen de Aldan. Queremos agradecer a Comisión de Festas Nosa señora do Carmen de Aldan por convidarnos a participar nesta preciosa procesión😍⛵️

Tradición, orgullo e moito corazón💃🏻🤍🩵🤍
06/07/2026

Tradición, orgullo e moito corazón💃🏻🤍🩵🤍

Maruja alá onde estés sabemos que estarás bailando no aro dunha peneira, enchendo de alegría e de ricas magdalenas e ros...
12/04/2026

Maruja alá onde estés sabemos que estarás bailando no aro dunha peneira, enchendo de alegría e de ricas magdalenas e roscóns a todos. Xa se nota a túa falta e aínda acabas de partir. Sempre estarás nos nosos corazóns e vivirás por sempre na historia desde grupo. Querémoste

É o momento de presentarvos a Martinus, outro dos nosos socios colaboradores. Grazas pola vosa axuda para facer que a no...
21/02/2026

É o momento de presentarvos a Martinus, outro dos nosos socios colaboradores. Grazas pola vosa axuda para facer que a nosa tradición siga viva.

O noso máis sentido pésame a familia de Seve. Vaise un gran gaiteiro, unha gran persona e un loitador das raíces galegas...
21/02/2026

O noso máis sentido pésame a familia de Seve. Vaise un gran gaiteiro, unha gran persona e un loitador das raíces galegas. Sempre nos nosos corazóns.

Dirección

EStrada Herbello A Magdalena, 79
Cangas
36949

Horario de apertura

16:30 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Grupo De Danzas Pais De San Roque Cangas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Grupo De Danzas Pais De San Roque Cangas:

Atajos

Compartir