Mar de Fábula

Mar de Fábula Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Mar de Fábula, C/Portela 18/Camelle ( O Monte Novo), Camariñas.

Mar de Fábula traballa para que as futuras xeracións teñan un mundo habitable,
para que podan disfrutar dunha mar non contaminada,
unha mar que conserve a súa riqueza,
unha mar acolledora,
unha Mar de Fábula.

09/06/2026

Nin unha fin de semana descanso colle aínda a familia de Mar de Fábula, que este sábado desprázabase ata a pequena vila costeira de Santa Mariña para realiza...

09/06/2026
08/06/2026

Mar de Fábula insiste na urxencia de implantar sistemas de retorno de envases

Un grupo de voluntarios retirou máis de 15 quilos de botellas de plástico na costa de Camariñas

🔗 Para más información pincha en el primer comentario 👇

💙 LIMPEZA EN SANTA MARIÑA, Concello de Camariñas Onte, realizamos unha limpeza na contorna de Santa Mariña,  . Dende a p...
07/06/2026

💙 LIMPEZA EN SANTA MARIÑA, Concello de Camariñas

Onte, realizamos unha limpeza na contorna de Santa Mariña, . Dende a praia, pasando polos coídos até chegar a Punta Caghada, onde por experiencia, sabemos que soe estar ateigada de botellas de auga de plástico. Temos retirado no pasado na Punta Caghada decenas de s**os con prácticamente so botellas de auga de todas as nacionalidades. , ACTÚA EN LOCAL. 💥

Desta vez, non retiramos cantidades inxentes pero foi abondo para encher 4 s**os de 100 litros ( 15,6 kg) 🤯. O que volve a poñer na palestra a necesidade global de implementar nos territorios sistemas de recuperación de envases.

O total do lixo da xornada de traballo: 92 kg (12 s**os de 100 litros). Unha salvaxada que ameaza con ser a norma das nosas vidas pero que é contrarrestada pola crenza do grupo de que un mundo mellor é posible.

Moitas gracias unha vez máis á corrente de voluntariado ♥️🌊

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA 🌱🌍

06/06/2026

💙 LIMPEZA EN SANTA MARIÑA, CONCELLO DE CAMARIÑAS.

Hoxe, 92 kg menos na

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA 🌍🌱

No día 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, Temos que parar. Parar e pensar. Parar nas fábricas, nas empresas, nos despac...
03/06/2026

No día 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, Temos que parar. Parar e pensar. Parar nas fábricas, nas empresas, nos despachos, nos centros de ensino, na igrexas, nas bibliotecas, nos centros comerciais, nos templos do consumo, no tráfico nas cidades e nas
grandes vía de circulación. Debemos parar de facer o amor e pelexarnos, debemos parar de facer as guerras.

Hoxe, debemos parar todos e asomarnos a este gran balcón que son as augas costeiras dos océanos e pedir perdón. Pedir perdón a esa parte do planeta que sustenta a vida na terra. Perdón pola contaminación, maltrato e degradación á que sometemos as súas augas, como se foran un s**o sen fondo.
Sabémolo ben os que limpamos as praias, os que nos achegamos aos areais un día si e outro tamén para apañar moreas de detritos tóxicos de toda caste, un mar xa canso de rexeitar todo aquelo que non é seu.

En todas as costas do mundo podemos seguir 5, 10, 20, 50 anos máis limpando praias pero nunca remataremos de limpar o mar. O que temos que facer é deixar de contaminalo.

No Día Mundial dos Océanos, WE Sustainability e Mar de Fábula, no comezo de A GRAN CORRENTE, declaramos que, seguiremos limpando o mar, pero hoxe, querémonos revoltar e manifestar que........a nosa cabeza e as nosas mans están xa fartas de loitar contra a contaminación do mar, por iso, neste día queremos berrar, alto e claro:

MAR LIMPO XA ‼️

🔔 CHAMAMENTO PARA LIMPEZA EN SANTA MARIÑA, CONCELLO DE CAMARIÑAS.Facemos un chamamento a todas as persoas interesadas en...
03/06/2026

🔔 CHAMAMENTO PARA LIMPEZA EN SANTA MARIÑA, CONCELLO DE CAMARIÑAS.

Facemos un chamamento a todas as persoas interesadas en participar nunha das ultimas accións previstas para esta tempada da nosa asociación.

O lugar elexido para esta limpeza en é un dos puntos máis auténticos da Costa da Morte. A contorna de Santa Mariña. Será unha limpeza apta para todas as idades xa que limparemos dende a praíña até Punta Caghada.

Aquí tes toda a info. necesaria 👇🏼

📅 Día: sábado, 6 de xuño
⏰ Hora: 11.00 horas
🎯 Punto de encontro: porto de Santa Mariña

🔹Dende a asociación, levaremos todo o material necesario para acometer esta limpeza.

🔹A efectos de cobertura de seguros é necesario anotarse con nome, apelidos e DNI (antes das 20.00 horas do venres, 5 de xuño), no correo electrónico [email protected] , ou no teléfono 660242118.

Agradecemos difusión 🙏😄

Vémonos o sábado 💪🏼‼️

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA 🌱🌍

Contaremos co apoio loxístico do Concello de Camariñas




💙 ACTIVIDADES CO CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO DE CARBALLO.Onte, recibimos a visita de 35 escolares de infantil e primaria ...
02/06/2026

💙 ACTIVIDADES CO CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO DE CARBALLO.

Onte, recibimos a visita de 35 escolares de infantil e primaria e 6 profes do CEIP Xesús San Luís de Carballo.

Recorremos todo o areal de Camelle peinando cada liña de marea onde se atopa a meirande parte do lixo contaminante entre o argazo.

Pouco hai que explicarlle axs máis pequeniñxs. Saben diferenciar sen moita explicación o que non lle pertence á natureza.

Salientamos desta limpeza:

☢️82 anacos de restos de pólvora das bombas de palenque das festas.
☢️26 toalliñas húmidas
☢️31 cabichas
☢️72 anacos de vidro

Tras a limpeza, desprazámonos ao noso local para ter unha charla/coloquio, moi animada!

O obradoiro artístico, deixámolo para cando medren un pouco máis, xa que apenas chegaban cas manciñas ás mesas de traballo 😅

Moitas gracias polo voso traballo e o voso compromiso por un mundo mellor ‼️❤️

NON É O NOSO LIXO, PERO SÍ É O NOSO PLANETA 🌱🌍

Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.





01/06/2026

Non para a caravana de voluntariado da Asoc. Mar de Fábula. Esta fin de semana volvía a Estorde, areal ceense no que xa

Dirección

C/Portela 18/Camelle ( O Monte Novo)
Camariñas
15121

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mar de Fábula publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Organización

Enviar un mensaje a Mar de Fábula:

Compartir