Asociación ÍNTEGRO

Asociación ÍNTEGRO A asociación ÍNTEGRO é unha entidade social sen ánimo de lucro que dende 1992 promove a inclusión.

Asociación que traballa na área das persoas con diversidade funcional das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra. Conta cun Centro Ocupacional e un Centro de Día, autorizados pola Xunta de Galicia, e dirixidos a persoas con diversidade funcional dende os 16 ata os 65 anos.

 ☀️🌡️| Coa chegada do verán, é importante volver poñer o foco na prevención e nos coidados que debemos ter en conta para...
17/06/2026

☀️🌡️| Coa chegada do verán, é importante volver poñer o foco na prevención e nos coidados que debemos ter en conta para g***r desta época do ano sen poñer en risco a nosa saúde nin o noso benestar.

🗣🗣 Entre as recomendacións máis importantes destacan manter unha boa hidratación, utilizar protección solar, cubrir a cabeza con gorra ou sombreiro, empregar roupa lixeira e transpirable, evitar a exposición ao sol nas horas centrais do día, procurar permanecer en lugares frescos e ben ventilados, e prestar especial atención a posibles síntomas de esgotamento ou golpe de calor.

Toma boa nota!! Son pequenos xestos que poden marcar unha gran diferenza e que nos axudanrá a desfrutar do verán de forma segura, saudable e responsable. 🌞💧

🧠✨ Arrincamos a mañá na aula de   poñendo a proba os nosos coñecementos e realizando diferentes exercicios para manter a...
17/06/2026

🧠✨ Arrincamos a mañá na aula de poñendo a proba os nosos coñecementos e realizando diferentes exercicios para manter activa a nosa mente.

A través destas actividades traballamos a memoria, a atención, a concentración, a linguaxe e o razoamento, favorecendo o mantemento das capacidades cognitivas e promovendo unha maior autonomía no día a día. Porque exercitar a mente tamén é coidar da nosa saúde e benestar. 😊

 👕☀️|Continuamos traballando actividades da vida diaria coa tarefa de tender a roupa. Así adquirimos responsabilidades e...
16/06/2026

👕☀️|Continuamos traballando actividades da vida diaria coa tarefa de tender a roupa. Así adquirimos responsabilidades e desenvolvemos habilidades prácticas fundamentais para unha vida máis autónoma e independente. Ademais, traballamos a organización, a planificación, a coordinación e o coidado das nosas pertenzas.

  👕♻️| Estes días, un grupo de persoas usuarias de Íntegro estivo realizando labores de separación de téxtil para Insert...
15/06/2026

👕♻️| Estes días, un grupo de persoas usuarias de Íntegro estivo realizando labores de separación de téxtil para Insertega Reciclaje Textil , unha iniciativa comprometida coa sustentabilidade e coa inclusión social.

Este proxecto, afincado en Arteixo, traballa na xestión responsable do residuo téxtil, dando unha segunda vida a moitos materiais e contribuíndo á redución de residuos. Ademais, o seu labor xera un importante impacto social e medioambiental na nosa contorna, promovendo unha economía máis circular e sostible.

Estamos moi orgullosos/as de achegar o noso gran de area a unha causa tan necesaria, aprendendo a importancia da reutilización, da reciclaxe e do coidado do medio ambiente. 🌍💚

♻️🌱

 📚📖| Nova xornada na biblioteca municipal do Concello de Coristanco  para seguir avanzando no noso Plan de Fomento da Le...
15/06/2026

📚📖| Nova xornada na biblioteca municipal do Concello de Coristanco para seguir avanzando no noso Plan de Fomento da Lectura.

Ler axúdanos a ampliar vocabulario, mellorar a comprensión, estimular a imaxinación e desenvolver o pensamento crítico. Cada libro é unha nova oportunidade para aprender, descubrir e medrar e este grupo de usuarios de Íntegro está a cultivar o gusto pola lectura ao tempo que goza de todo o que os libros nos poden ofrecer. Parabéns, chicos/as!

 🙌|  Xa están en marcha as dúas primeiras accións formativas do noso programa de voluntariado xuvenil: Curso de voluntar...
14/06/2026

🙌| Xa están en marcha as dúas primeiras accións formativas do noso programa de voluntariado xuvenil: Curso de voluntariado e diversidade funcional e Formación básica en Medio Ambiente.

Aínda estás a tempo de sumarte a esta experiencia de aprendizaxe, participación e compromiso social! 💚

Ao longo dos vindeiros meses abordaremos temas tan importantes como a inclusión, a igualdade de oportunidades, a comunicación inclusiva, a sustentabilidade, a reciclaxe ou a reutilización de plásticos, ofrecendo á mocidade ferramentas para converterse en axente activo de cambio na súa contorna.

Se tes ganas de aprender, compartir experiencias e contribuír a construír unha sociedade máis xusta e sostible, este é o teu momento!💙♻️

📞 981 734 985 | 650 961 649
📧 [email protected]

 🧩| Que actividade tan chula vivimos no Museo de Corme, no Concello de Ponteceso.Nesta ocasión puxemos a proba a nosa pa...
14/06/2026

🧩| Que actividade tan chula vivimos no Museo de Corme, no Concello de Ponteceso.

Nesta ocasión puxemos a proba a nosa paciencia, a observación e o traballo en equipo coa elaboración dun puzzle dun cadro renacentista. Ao principio pareceunos un reto complicado e o noso traballiño nos deu, pero pouco a pouco, encaixando peza tras peza e axudándonos uns aos outros/as, conseguimos resolvelo.

O resultado non puido ser mellor: un fermoso cadro que nos fixo sentir moi orgullosos/as do esforzo e o labor realizado. 💪🎨

Parabéns a todos/as porque demostrastes que, con constancia e colaboración, non hai puzzle que se resista. 👏😊

 🌊⚓| Bo día desde Corme!!!Esta vila mariñeira da Costa da Morte é un dos moitos exemplos do extraordinario patrimonio na...
14/06/2026

🌊⚓| Bo día desde Corme!!!

Esta vila mariñeira da Costa da Morte é un dos moitos exemplos do extraordinario patrimonio natural que nos rodea. Entre o mar, a tradición e unhas paisaxes que namoran a quen as visita, Corme é deses lugares que convidan a pasear sen présa e a g***r da beleza da nosa terra. Un recuncho con encanto propio, onde cada rúa garda milleiros de historias.

Un lugar para perderse... e ao que sempre apetece volver. Anímaste? 💙✨

🌊📸

 🗣️🚭| Hai uns días participamos nunha interesante charla de prevención do tabaquismo impartida en Íntegro por  .👩‍🏫🚬 Dur...
13/06/2026

🗣️🚭| Hai uns días participamos nunha interesante charla de prevención do tabaquismo impartida en Íntegro por .

👩‍🏫🚬 Durante a sesión, coñecemos os danos e os efectos que o consumo de tabaco provoca na saúde, así como as súas consecuencias a curto e longo prazo. Falouse dos efectos secundarios, da dependencia que pode xerar esta substancia e das diferentes enfermidades asociadas ao seu consumo, facendo fincapé na importancia da prevención e da adquisición de hábitos de vida saudables.

Foi unha actividade moi enriquecedora que nos permitiu reflexionar, resolver dúbidas e tomar conciencia sobre os riscos do tabaquismo e os beneficios de levar unha vida libre de fume. Grazas á asociación Vieiro pola súa visita e por compartir connosco información tan valiosa para o noso benestar e a nosa saúde. 👏

 🧹🧽| Aproveitando esta mañá de sábado para realizar as tarefas domésticas e poñer a casa a punto ⁉️As actividades da vid...
13/06/2026

🧹🧽| Aproveitando esta mañá de sábado para realizar as tarefas domésticas e poñer a casa a punto ⁉️

As actividades da vida diaria forman parte da nosa rutina e contribúen a fomentar a autonomía, a responsabilidade e a organización. Ademais, supoñen unha excelente oportunidade para educar en valores fundamentais como a corresponsabilidade, o compromiso e o respecto polos espazos compartidos. 🏠🤝

Pouco a pouco, e entre todas e todos, conseguimos que cada recuncho quede listo para desfrutar dunha fin de semana perfecta. Así que, imos seguir coa colada e a lavadora, que non se nos dá nada, nada mal.

Dirección

A Pedra Nº 30/Nantón
Cabana

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 17:00
Martes 09:00 - 17:00
Miércoles 09:00 - 17:00
Jueves 09:00 - 17:00
Viernes 09:00 - 17:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asociación ÍNTEGRO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir