10/06/2025
Queres formar parte dun proxecto educativo único?
En Altair, Movemento Internacional Sociocultural e Educativo nos Tempos Libres, buscamos persoas comprometidas e con ganas de marcar a diferenza na vida de nenas, nenos e mozos/as de entre 8 e 18 anos.
Non precisas experiencia previa, só ilusión, ganas de aprender e compromiso!
Que facemos en Seteportas-Altair?
📅 Actividades semanais con infancia e mocidade os sábados de 11:00 a 14:00
🏕️ Campamentos e saídas á natureza no outono, inverno, primavera e verán
🎓 Formación subvencionada para obter o título oficial de monitor/a ou director/a de tempo libre
🤝 Traballo en equipo, apoiado por persoas con experiencia e formación pedagóxica
Onde?
As nosas actividades teñen lugar en Santiago de Compostela.
Buscamos voluntarios/as que vivan en Santiago ou arredores e que queiran formar parte da Equipa Educativa do agrupamento Seteportas-Altair.
Por que unirte?
🌍 Participarás activamente na túa comunidade
🎯 Fomentarás a aprendizaxe e o ocio saudable
💬 Desenvolverás habilidades en comunicación, liderado e traballo en equipo
🎓 Se es estudante da USC, poderás convalidar ata 6 créditos ECTS (válido en todos os Graos e Másteres)
Perfil que buscamos
👤 Idade preferente: entre 18 e 35 anos (non excluínte)
👧 Predisposición para traballar con nenas/os e mocidade
🌲 Paixón pola natureza e actividades ao aire libre
💡 Actitude positiva, flexible e colaborativa
Que che ofrecemos?
📚 Formación inicial e continua
🙌 Acompañamento e apoio constante
✨ Unha experiencia única nun proxecto educativo e social transformador
Interésache?
Cubre o noso formulario de selección de voluntariado:
👉 https://forms.gle/UnmMDqq75uUCw2wn8
Agardámoste cos brazos abertos! 💛