A Mariña sen Plástico

Cómo llegar Página web

A Mariña sen Plástico Loitamos contra a contaminación dos nosos océanos.

Pasámonos por aquí despois de moooito tempo para comunicarvos algo ⬇️Como xa moitos sabedes, A Mariña sen Plástico non e...
06/06/2025

Pasámonos por aquí despois de moooito tempo para comunicarvos algo ⬇️

Como xa moitos sabedes, A Mariña sen Plástico non está funcionando xa como asociación. Debido a causas persoais e laborais decidimos aparcar este proxecto para o que agora mesmo nos era imposible sacar tempo. Por iso non estamos participando en ningún proxecto, nin organizando limpezas nin actividades nin compartindo nada nas redes. Agradecemos a todas as entidades que pensaron en nós para formar parte de diversas iniciativas e eventos, sempre nos dá pena ter que dicir que non.

Isto non implica que a nivel individual deixemos de ir ás praias. De feito, cando podemos, seguímolo facendo así que é probable que sigamos subindo de vez en cando cousiñas ás redes, aínda que será menos a miúdo que antes (como xa está ocorrendo).

Realmente dános moita pena que AMASEP desapareza, xa que é un proxecto que nos apaixona e que consideramos moi necesario na nosa contorna, por iso non descartamos poder retomalo nun futuro, cando as nosas circunstancias vitais nolo poñan máis doado.

Queremos agradecervos o voso apoio e participación durante este tempo, xa que cremos que en xeral esta iniciativa gustou moito e dímonos conta de que hai moita xente que ten as mesmas inquedanzas ca nós respecto á natureza e o medio ambiente. Pedímosvos que nos sigades enviando curiosidades que atopedes nas praias, que nos avisedes de calquera cousa que vos pareza pertinente e que sigades poñendo o voso grao de area para cambiar as cousas. Xa sabedes, "actúa local, pensa global". Nós seguiremos por aquí, facendo o que poidamos 🌊

Vémonos nas praias 💪

05/02/2025

Esta fin de semana Limpiarousa, Surfrider España, Proxecto aMARte e ADEGA impulsaron a primeira "recollida simultánea", na que participaron 300 persoas. Aínda que antes se fabricaban de madeira, na actualidade a súa versión plástica supón un problema ambiental, xa que ao desprenderse, acaban ...

Probando a ver que sae nestas tardes de choiva.
30/01/2025

Probando a ver que sae nestas tardes de choiva.

🩷🌊O outro día subimos unha historia ensinando esta semente que atopamos na Marosa. Adoitan chamarlles "Corazón de Mar"e ...
28/11/2024

🩷🌊O outro día subimos unha historia ensinando esta semente que atopamos na Marosa. Adoitan chamarlles "Corazón de Mar"e proveñen de Centroamérica. Dise que se as atopas, dan boa sorte 🍀 (Na miña casa, dende pequena, sempre había algunha gardada).

🌱 Pertence á pranta Entada gigas, chamada vulgarmente "escaleira de mono", e é unha planta trepadora, da mesma familia que os garabanzos e as lentellas.

Estas sementes probablemente caen aos ríos nas selvas tropicais, rematan no mar e son arrastradas pola corrente do Golfo e a das Azores ata chegar ás nosas praias. Máis dun ano e 9000 km de viaxe 🌎

Coñecías estas sementes? Atopache algunha?

Fonte:https://actanaturalisscientia.blogspot.com/2015/11/corazones-de-mar.html?m=1


Jo, canto facía que non atopabamos un soldadiño 🔍🌊
24/11/2024

Jo, canto facía que non atopabamos un soldadiño 🔍🌊

Grazas a tod@s s que vos achegástedes onte á praia da Marosa para colaborar na recollida do fuel 🙌⚫Retirar estas "boliña...
30/07/2024

Grazas a tod@s s que vos achegástedes onte á praia da Marosa para colaborar na recollida do fuel 🙌

⚫Retirar estas "boliñas" de fuel foi un traballo complicado xa que son moi pequenas e están moi mesturadas coa area e coas algas. Empregamos cribas pero, aínda así, non conseguimos separalos de todo.

Fixemos o que puidemos cos recursos que tiñamos pero o máis importante é que lle demos visibilidade a este problema, aínda que agora mencionar calquera problema ambiental parece ser que é facer propaganda política 🤦

Xente, o problema esta aí, só tedes que baixar a praia e logo mirarvos os pés. A quen lle pareza normal que estén as praias cheas de fuel e de plásticos e non vexa máis que oportunismo político neste asunto, por favor, que se vaia mirar.

Mañá o  organiza unha limpeza na praia da Marosa para tratar de retirar as "boliñas" de fuel. Nela participaremos nós e ...
28/07/2024

Mañá o organiza unha limpeza na praia da Marosa para tratar de retirar as "boliñas" de fuel. Nela participaremos nós e tamén os compañeiros de 🏄

Moitos escribístedes comentando que esta situación se repite en moitas das praias da Mariña. Animámosvos a contactar cos vosos concellos para que se poidan organizar máis limpezas e tratar de mellorar esta penosa situación.

Está claro que houbo un vertido que ninguén notificou e do que, coma sempre, ninguén se fai responsable. Non aprendemos 😤

👉 mkMañá o  organiza unha limpeza na praia da Marosa, para tratar de retirar as "boliñas" de fuel. Nela participaremos n...
28/07/2024

👉 mkMañá o organiza unha limpeza na praia da Marosa, para tratar de retirar as "boliñas" de fuel. Nela participaremos nós e tamén os compañeiros de 🏄

Moitos escribístedes comentando que esta situación se repite en moitas das praias da Mariña. Animámosvos a contactar cos vosos concellos para que se poidan organizar máis limpezas e tratar de mellorar esta penosa situación.

Está claro que houbo un vertido que ninguén notificou e do que, coma sempre, ninguén se fai responsable. Non aprendemos 😤

Fai unha semana estabamos de limpeza na praia de Esteiro, un areal moi grande donde parecíamos formiguiñas 🐜🐜🐜🐜Foi unha ...
28/04/2024

Fai unha semana estabamos de limpeza na praia de Esteiro, un areal moi grande donde parecíamos formiguiñas 🐜🐜🐜🐜

Foi unha mañá moi produtiva na que nos xuntamos un bo grupo de xente para deixar a praia mellor do que estaba. 💪

Quixemos centrarnos nos plásticos máis pequenos e por suposto, tamen nos pellets. 🕵️

Chegamos á conclusión de sempre, aínda que unha praia aparentemente esté limpa, se miras ben sempre hai plástico.🥲

Gracias ao Concello de Xove por contar con nós para esta actividade ☺️

Dirección

Burela, Burela (Lugo)
Burela
27880

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando A Mariña sen Plástico publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir