Observatorio Mariña Pola Igualdade

Cómo llegar Página web Contactar con la organización

Observatorio Mariña Pola Igualdade Asociación Feminista de ámbito comarcal.

Compartimos con vós algunhas fotos da concentración que tivo lugar onte en Burela pola pintada vandálica e ra***ta na lá...
26/05/2026

Compartimos con vós algunhas fotos da concentración que tivo lugar onte en Burela pola pintada vandálica e ra***ta na lápida de Paulo Lopes.

Moitas grazas a todas as persoas que acudistes a apoiar á familia e a loitar contra o racismo.

Xuntas somos máis fortes, ante o racismo tolerancia cero!

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade condenamos o acto de racismo e vandalismo que tivo lugar esta semana na lá...
23/05/2026

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade condenamos o acto de racismo e vandalismo que tivo lugar esta semana na lápida de Paulo Lopes e queremos mostrar todo o noso apoio á familia de Antonina ante tal agresión.

Esiximos que se esclareza a orixe desta acción vandálica, ra***ta e xenófoba!

Animamos ás veciñas de Burela e da Mariña a acompañarnos neste acto de humanidade e solidariedade que é defender os dereitos humanos.

Ante o racismo tolerancia cero!

📢🏛 Onte, desenvolvimos en Burela "A voz do mar: mulleres traballadoras do sector pequeiro" a través dunha mesa redonda, ...
22/03/2026

📢🏛 Onte, desenvolvimos en Burela "A voz do mar: mulleres traballadoras do sector pequeiro" a través dunha mesa redonda, onde puidemos comprobar e analizar, grazas as nosas ponentes e ás súas propias experiencias no sector, os desequilibros de xénero e a dureza dos traballos que realizan e realizaron.

⛓️‍💥✊️ Foi un momento de escoita, reflexións e postas en común. Destacamos ás mulleres e ás traballadoras "invisibles" que hoxe en día están infravaloradas, tanto a nivel social como laboral: entre elas, as bateeiras, as estibadoras e as percebeiras, etc. Traballos que, son indispensables para o bo funcionamento dos portos e para o sustento de tantas familias.

🧭🚨 Abordamos problemáticas ligadas ao sector, como a economía sumerxida; a existencia de graves agresións nos entornos laborais, tanto se***is como verbais; a inexistencia do coeficiente redutor no caso das Estibadoras; a mortandade do marisco e os intereses alleos e externos a nivel institucional, que fan que Galiza e as traballadoras do sector pesqueiro, carezan de axudas económicas cando a situación require dunha actuación urxente ante a falta de recursos.

⚓️💜 Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade, queremos expresar o noso agradecemento ás mulleres que fixeron posible isto, porque unha vez máis puidemos demostrar e poñer enriba da mesa que as nosas voces sonando xuntas constrúen, implican e transforman a realidade que queremos para todas e todos.
GRAZAS Begoña, Susana e Sandra. E GRAZAS tamén ás persoas que se achegaron a Burela.

🌊📊 Por último, esiximos, a prol da igualdade de xénero, e apoiando a loita das compañeiras de , a creación dun Observatorio de Igualdade no Sector Pesqueiro que poida determinar as causas e erradique as desigualdades de xénero, sobre o que demandan: que sexa independente, formado por científicos e científicas, que recabe, analice e difunda datos, tanto cualitativos como cuantitativos e desagregados por s**o do sector.

🐟🧊 Tamén, que se contemple e aplique o coeficiente redutor para a xubilación, unha condición digna e esencial para as traballadoras estibadoras de Burela ante a dureza física do seu traballo.

SEGUIMOS EN LOITA, COMPAÑEIRAS!

👁 Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade informamos de que:🗓 O sábado, 21 de Marzo🧭ás 19:00h,📍no Salón de Confere...
17/03/2026

👁 Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade informamos de que:
🗓 O sábado, 21 de Marzo
🧭ás 19:00h,
📍no Salón de Conferencias de Burela
terá lugar a intervención "A VOZ DO MAR: Mulleres traballadoras no sector pesqueiro".

💙🌊 Interveñen no evento Sandra Amezaga, Coordinadora Xeral de ; Susana Riveira, ex traballadora do sector da Conserva; Begoña Pernas, Presidenta da Cooperativa de Estibadoras "O Cantiño" e a Presidenta da Asociación de Redeiras de Burela.

🏛⚓️Colabora co OMI o para dar visibilidade á situación laboral das mulleres que traballan no sector pesqueiro e onde, a través das súas voces e das súas experiencias, poderemos "mergullarnos" na realidade que viven a cotío nos seus postos de traballo.

⛓️‍💥✊️ A realidade do mar e das mulleres que o traballan é precaria e invisible en moitas ocasións, por iso é prioritario que sexan elas mesmas as que nos poñan en contexto, tanto sobre as necesidades que demanda o sector, como as problemáticas as que teñen que facer fronte a cotío a nivel laboral.

Vide a escoitar, a aprender e a coñecelas!

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos a MANIFESTACIÓN FEMINISTA neste 8 de marzo, Día Internacional d...
07/03/2026

Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocamos a MANIFESTACIÓN FEMINISTA neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, para reivindicar a dignidade de todalas mulleres que coidan porque SEN COIDADOS NON HAI VIDA!

Centramos o foco, polo tanto, este ano na denuncia da precariedade que acompaña ás coidadoras, tanto en aquelas que coidan sen ter unha relación laboral, como aquelas outras que si a teñen, declarada ou non. Queremos visibilizar e denunciar a situación ligada ao sector dos coidados: salarios moi baixos, infravaloración, e mesmo agresións e acoso.

COMPAÑEIRAS: vémonos en RIBADEO, ás 12h00 no aparcadoiro público de terra que está na rotonda da entrada á vila.

SE TOCAN A UNHA
TOCANNOS A TODAS!

SE TOCAN A UNHA,
RESPOSTAMOS TODAS!

✍️💜 Hoxe poñemos fin a iniciativa "Poemas para o 8M". Foi un inmenso pracer mergullarnos en tantas temáticas diferentes,...
06/03/2026

✍️💜 Hoxe poñemos fin a iniciativa "Poemas para o 8M". Foi un inmenso pracer mergullarnos en tantas temáticas diferentes, coñecer e apreciar ás poetas que fixeron posible este proxecto de visibilización a través da lectura dos seus versos e tamén, poñer enriba da mesa a reivindicación dende un enfoque crítico e feminista.

Hoxe despedimonos con , cun poema da súa obra "Na casa da avoa".

A autora pon en relevancia as experiencias vividas dende o corpo. O noso corpo pode ser visto como ese espazo que nos pertencerá por sempre. É, polo tanto, o espazo das nosas memorias e experiencias.

Históricamente, o sistema patriarcal degradou o corpo feminino a ser considerado obxecto de control social, político e cultural. Esta teoría sostiña que os nosos corpos podían ser usados dende a propiedade, e polo tanto, controlados, limitando a nosa autonomía e o noso dereito a decidir plenamente sobre nós mesmas, dende nós mesmas.

Marta Dacosta expón de maneira marabillosa, unha necesaria reapropiación dos corpos: "tira a roupa", "ergue o brazo", "non ocultes o ventre" e "mostra o corpo" son invitacións a amosar que somos libres ao pertencernos e habitar os nosos corpos da forma máis humana que existe: sendo nós mesmas, coas nosas marcas, cicatrices, pelos, etc.

Ante o sistema patriarcal que nos quere invisibles, ocultas e silenciadas, amosarnos tal e como somos e deixando claro que vencimos, é o acto máis valente e de amor propio que podemos agasallarnos a nós mesmas, e tamén, ao noso entorno.

Unha vez máis, dende o OMI reivindicamos a diversidade corporal e a autopercepción sana e amable, libre de complexos e inseguridades.

👁✨️E vós? Que opinades?

Convidámosvos a participar, a partillalo, a disfrutalo e a comentar as vosas reflexións e impresións en comentarios para continuar con esta iniciativa a través das nosas propias palabras.

GRAZAS por acompañarnos polas redes nesta andaina poética 💜

Lembrade que a MANIFESTACIÓN FEMINISTA está convocada en Ribadeo para este domingo 8 de marzo, día internacional da muller, ás 12h00 do mediodía. A saída será no aparcadoiro público de terra da entrada.

A SORORIDADE É A NOSA REVOLUCIÓN!

✍️🫀 Unha vez máis, a iniciativa "Poemas para o 8M" trae un novo poema ás nosas redes da man da poeta , titulado "Un minu...
05/03/2026

✍️🫀 Unha vez máis, a iniciativa "Poemas para o 8M" trae un novo poema ás nosas redes da man da poeta , titulado "Un minuto silenciadas".

Ademáis da súa poesía, nas publicacións recollemos a información sobre a Manifestación Feminista deste 8M/2026 para que non se lle escape a ninguén a hora, o lugar e a realidade de que de novo, un ano máis, xuntas somos máis fortes 🌪💜

A autora do poema quixo lembrar nos seus versos ás vítimas da violencia machista a través dunha crítica ao silencio institucional e social que existe ante os feminicios: os minutos de silenzo son un recurso reiterado que se emprega en moitas ocasións como parte da repulsa e que non di nada. Máis ben, destaca a presenza do machismo, que nos quere así: sumisas e caladas.

Destacamos esa chamada á acción dende os versos da autora: a violencia non se limita ao acto directo do agresor, senón que tamén se perpetúa a través da indiferencia, a falta de resposta política e a banalización do problema.

Os “minutos de silencio” mencionados no poema convértense así nun símbolo ambivalente: aínda que pretenden ser un xesto de homenaxe ás vítimas, tamén poden representar unha forma de reacción insuficiente que non aborda as causas estruturais da violencia.

Lúa Vila consegue captar a dimensión da sororidade compartida cando expresa "Onte morrín con ela" co obxectivo de sinalar que a violencia machista non é un feito illado, senón unha ameaza colectiva que condiciona a liberdade e a seguridade de todas as mulleres.

👁✨️ e vós? Que opinades? É unha reivindicación directa sobre a necesidade da actuación a nivel social?

Convidámosvos a participar, a partillalo, a disfrutalo e a comentar as vosas reflexións e impresións en comentarios para continuar con esta iniciativa a través das nosas propias palabras.

A SORORIDADE É A NOSA REVOLUCIÓN!

Dende o OMI seguimos avanzando con "Poemas para o 8M", pero non sen antes dar as GRAZAS a todalas mulleres que nos acheg...
04/03/2026

Dende o OMI seguimos avanzando con "Poemas para o 8M", pero non sen antes dar as GRAZAS a todalas mulleres que nos achegan as súas opinións e mensaxes bonitas... é unha auténtica gozada saber que estades tras de cada publicación desfrutando, apoiando e partillando 💜

Desta volta, a poeta falanos, a través da súa poesía, das mulleres caboverdianas: a elas adicalles con tanto agarimo os seus versos, comezando pola afouteza que inspiran a través das súas gorxas, e vencellando a súa memoria coa profundidade do mar.

Artemisa Semedo fala das mulleres como unha parte indivisible da súa vida, pois ben é certo que as mulleres referentes (si, esa muller na que estás a pensar 🫀) son esa parte importantísima e necesaria que nos completan e nos inspiran para construír o futuro que queremos transmitirlle ás nosas fillas.

Como di a autora "as mulleres da miña vida levan a loita abandeirada nas costas" e de seguro, tamén o orgullo, o poderío e a resiliencia tras cada paso. Iso é o que cobra sentido cando nos recoñecemos entre nós e xuntas facemos da memoria impulso para continuar loitando.

👁✨️ e para vós? Quén é a muller referente das vosas vidas?

Convidámosvos a participar, a partillalo, a disfrutalo e a comentar as vosas reflexións e impresións en comentarios para continuar con esta iniciativa a través das nosas propias palabras.

A SORORIDADE É A NOSA REVOLUCIÓN!

Dende o OMI seguimos avanzando con "Poemas para o 8M", pero non sen antes dar as GRAZAS a todalas mulleres que nos acheg...
04/03/2026

Dende o OMI seguimos avanzando con "Poemas para o 8M", pero non sen antes dar as GRAZAS a todalas mulleres que nos achegan as súas opinións e mensaxes bonitas... é unha auténtica gozada saber que estades tras de cada publicación desfrutando, apoiando e partillando 💜

Desta volta, a poeta falanos, a través da súa poesía, das mulleres caboverdianas: a elas adicalles con tanto agarimo os seus versos, comezando pola afouteza que inspiran a través das súas gorxas, e vencellando a súa memoria coa profundidade do mar.

Artemisa Semedo refirese ás mulleres como parte da súa vida, pois ben é certo que as mulleres referentes (si, esa muller na que estás a pensar 🫀) son esa parte importantísima e necesaria nas nosas vidas para construír o futuro que queremos transmitirlle ás nosas fillas.

Como di a autora "as mulleres da miña vida levan a loita abandeirada nas costas" e de seguro, tamén o orgullo, o poderío e a resiliencia tras cada paso. Iso é o que cobra sentido cando nos recoñecemos entre nós e xuntas facemos da memoria impulso para continuar loitando.

✍️🫀 A iniciativa “Poemas para o 8M” continúa, desta volta coa poeta  e cun poema seu da obra Ningún precipicio. A autora...
03/03/2026

✍️🫀 A iniciativa “Poemas para o 8M” continúa, desta volta coa poeta e cun poema seu da obra Ningún precipicio.

A autora comeza o poema dende a segunda persoa e convidándonos a formar parte dese diálogo ou interpelación directa, conseguindo construír unha atmósfera de tensión que nos remite a un conflito, ben interior ou ben con alguén que non acaba de asumir a súa parte de responsabilidade: "que desastre, mira"

A sensación de irresponsabilidade é semellante se a aplicamos sobre a capacidade que ten o sistema patriarcal de naturalizar na sociedade o machismo.

Destacamos os seus versos:
"mira, e gardabas dentro dos caixóns os cristais, para despois pegalos sen que se notase"
cos que metafóricamente podemos referirnos á lóxica da apariencia e da ocultación do conflito, que non é máis que un mecanismo patriarcal para minimizar o impacto do machismo, ao perpetuar eses "comodíns" aos que fai referencia a autora, e que podemos reconvertir no contexto, en "fórmulas baleiras" dun sistema que frea a necesaria reparación ás vítimas e a conseguinte transformación social que suporía a erradicación desta lacra.

💜👁 E vós? Que opinades? Credes que o foco central do poema pode incidir noutros eidos?

Convidámosvos a participar, a partillalo, a disfrutalo e a comentar as vosas reflexións e impresións en comentarios para continuar con esta iniciativa a través das nosas propias palabras.

A SORORIDADE É A NOSA REVOLUCIÓN!

Dirección

Burela De Cabo
27880

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Observatorio Mariña Pola Igualdade publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Organización

Enviar un mensaje a Observatorio Mariña Pola Igualdade:

Atajos

Compartir