19/06/2026
🎲✨ Hoxe vivimos unha xornada marabillosa no CEIP Plurilingüe Vista Alegre - Burela ✨🎲
Unha tarde chea de risas 😄, aprendizaxes 📚, compañeirismo 🤝 e momentos inesquecibles arredor dos xogos de mesa. Ver aos nosos nenos e nenas compartir, cooperar e divertirse é, sen dúbida, o mellor premio. ❤️
Dende a ANPA queremos dar as grazas de todo corazón 💙 a todas as familias que nos acompañastes nesta actividade. Grazas pola vosa confianza, pola vosa participación e por formar parte desta gran familia que, día a día, fai comunidade. 🏫👨👩👧👦
🌟 Un agradecemento moi especial para Iria Xogando Nas Nubes 🌟
Grazas pola túa entrega, polo teu compromiso, pola túa profesionalidade e polo cariño que poñes en cada actividade. 💕 Grazas por confiar na ANPA para levar adiante esta extraescolar e por facer que cada sesión sexa unha experiencia única para os nosos nenos e nenas. O teu traballo deixa pegada e estamos profundamente agradecidos por telo compartido connosco. 🌈🎲
Queremos agradecer tamén ao director, José Manuel, do centro 👏 por acompañarnos nesta despedida da actividad e e polo seu apoio e presenza nun día tan especial.
E, aínda que hoxe celebramos 🎉, non esquecemos. As obras do centro seguen sendo unha preocupación para as familias e continuaremos traballando para que as nosas demandas sexan escoitadas. 🏗️📢
Porque somos familias que educamos dende o respecto 🤝, o diálogo 🗣️ e a convivencia ❤️, pero tamén dende a razón, a responsabilidade e a firme convicción de defender aquilo que consideramos necesario para os nosos fillos e fillas. 🌱👧👦
Grazas por compartir este camiño con nós. Seguimos construíndo escola, comunidade e futuro. 💙✨